domingo, 19 de septiembre de 2021

O motivo do outro como espello na literatura galega e nas estelas do suroeste

Don Berso - "¿Donde vai o espello, madre, en que me soio mirar?"
Madre (sogra de Albuela) - "¿Perguntas polo do vidro ou é polo de cristal?"
Don Berso - "Pergunto por miña Albuela, donde me soio mirar".
(Romance de Albuela / La mala suegra)

Ay meu fillo! Ay meu fillo!
Alegría de mi corazón,
et lume de meus ollos,
solaz de miña vellez.
Ay meu espello
en que yo me soía veer,
e con que tomaba
moi gran pracer.
Ay meu herdero mayor!
Cavalleros hu me lo lexastes?
Dádeme meu fillo, condes!
(Pranto do rei Alfonxo VI á morte do seu fillo - Prudencio de Sandoval)

Armistead e Silverman achéganse ó análise do motivo do espello consultando un par de diccionarios: "En el gran Diccionario de Autoridades, s. v. espejo, se puede leer: "Mirarse en uno como en su espejo. Locución expresiva de grande cariño y amor que a otro se tiene". Y en el valioso Diccionario de uso del español compilado por María Moliner se encuentra s. v. espejo "Mirarse en una persona como en un espejo. Tenerle mucho cariño y complacerse en sus gracias y buenas cualidades". No se trata, pues, de una expresión cuyo sentido se ha esfumado tras la pátina de los siglos. No hace falta tener gran erudición filológica para descubrir algún recóndito valor semántico" (v. "Espejo "persona querida", mirífica creación de la musa popular"). E aquí finiquitan a cuestión.

Discrepamos da observación destes investigadores. O significado da expresión esvaíuse có tempo e fai falla ter grande erudición filolóxica para adentrarse na xénese da identificación dun ser querido cun espello; quedarnos coa definición dos diccionarios parécenos pobre, reducionista e impropia dun filólogo.

Para comenzar temos que ter en conta que na súa tese de doutoramento sobre o romance de "La mala suegra", Ignacio Ceballos Viro suliña que o motivo do espello é exclusivo da área noroeste da Península: "en las versiones de toda el área noroeste de la península [...] el marido pide su espejo, la suegra le ofrece algunos (de oro, metal, etc.) pero el marido responde que pregunta por su mujer". A xeolocalización do motivo como propio do noroeste lévanos a incluir o pranto do rei Alfonso VI na casuística, e a adicarlles ós dous unha pequena eséxese, que non por breve deixará de ser sorprendente.

Nunha outra tese de doutoramento (Irina Nanu) adicada ó xénero medieval dos Specula Principum (Espello de príncipes) atopamos formulada a idea do outro como espello no que un se ten que mirar có fin de obter certa información sobre un mesmo: Sócrates interpretou a expresión "Coñécete a ti mesmo" como que a alma, para se coñecer, ten que se mirar como nun espello noutra alma. Máis non en calquera, non todos serven como espello dun. É dicir, só aqueles ós que amas e ámante reflictirán as túas tachas e as túas virtudes. Así pois, a opinión que formamos de nós mesmos provén da imaxe que nos devolve a mirada do outro, a súa expresión ó mirarnos, chea de amor ou admiración, ou reprobatoria en ocasións, constrúenos como persoas e pode axúdarnos a mellorar. 

O espello como ferramenta de autocoñecemento / o outro como espello no que podemos ver reflictido o noso carácter, é pois un arquetipo antigo que atopamos na filosofía platónica e na interpretación que fai dela Sócrates. Cecais sexa neste senso simbólico, que seguramente estivo espallado na antigüidade, que aparece nas chamadas estelas do suroeste como enxoval funerario do guerreiro do Bronce Final, xa que, logo, foi obriga dos príncipes da antigüidade modelarse na perfección moral.

Estela funeraria de Solana de Cabañas - Cáceres (Museo Arqueolóxico Nacional).
Enxoval composto de lanza, espada, escudo, carro e espello.
(C) Andregoto Galíndez, 2015.

No hay comentarios: