martes, 4 de enero de 2022

A vella igrexa de San Xiao de Ferrol


Na Biblioteca Virtual de Defensa atopamos unha carta da ría de Ferrol do século XVII, ben bonitiña, coas goletas navegando pola ría: "Plano del puerto y ría del Ferrol, con los lugares a ella inmediatos según lo demuestran los números".

Ten moita máis calidade que a que manexara a historiadora local Margarita Sánchez ("La vieja iglesia de San Julián", La Voz de Galicia, 2005). Nela vese perfectamente a ubicación da primitiva igrexa de San Xiao, o patrón da cidade. A igrexa estaba cara ó mar e ó pé da rúa San Francisco, do lado esquerdo segundo se sube, e semella que o acceso á propia rúa San Francisco faríase, como sostén a historiadora, por un arco. A iglesia é románica, có característico ábside na cabeceira, que é interpretado por Sánchez, seguramente pola baixa calidade gráfica da documentación que manexou, coma unha capeliña adosada.

3 comentarios:

Daniel dijo...

Sí o do arco no que arrincaba san francisco xa aparece mencionado por arostegui, xunto cá vella casa consistorial construida en 1617. Por certo, do que si que hay un plano có perfil interior, é da vella igrexa de san francisco. Mágoa que nos cadros realistas de ferrol realizados no XVIII, polas perspectivas, non se vexa ferrol vello. Saúdos

Andregoto Galíndez dijo...

Grazas Daniel! Entón é seguro que é o arquiño de acceso á rúa San Francisco :)

Daniel dijo...

Noval na súa obra de Ferrol escrita en 1820 fala na rúa do Castro, de restos dunha muralla ``informe´´ con arcos, un deles gótico, que soportaba açinda o reloxio público e cunha pequena capela adicada ó ``Santo Cristo del Buenviage´´ (Tomo I, páxina 139)http://bdh.bne.es/bnesearch/detalle/bdh0000032451;jsessionid=38C68A80991B780D725A46D334DD30FB