tag:blogger.com,1999:blog-1185843437997533188.post8729121546276218139..comments2024-03-27T18:16:40.966+00:00Comments on Arqueotoponimia: Mujeres libidinosas y serpientesAndregoto Galíndezhttp://www.blogger.com/profile/17060446685219592961noreply@blogger.comBlogger2125tag:blogger.com,1999:blog-1185843437997533188.post-48258602689970150052017-11-08T20:37:05.088+00:002017-11-08T20:37:05.088+00:00Pois tes razón Archeoten., non che coñecía o artig...Pois tes razón Archeoten., non che coñecía o artigo. Xa puxen a túa referencia nunha nota. En que ano foi o simposio? (para completar a nota). De todos os xeitos, amáis de pedir disculpas por non contrastar todas as fontes, penso que non se ve intención de plaxio pola miña parte xa que non coñecía o teu artigo e dicimos cousas ben distintas: eu penso todo o contrario ca ti, penso que foi a lenda popular galega na que a muller / vaca disfruta da súa sexualidade (goce que é narrado como serpes que zugan o peito / ubre) a que deu lugar á representación escultórica románica da Luxuria, que logo foi interpretada por parte dos investigadores como a luxuriosa castigada polas serpes.

Doutra parte, é difícil, non tan obvio, chegar a relacionar ambos temas xa que a serpe das lendas galegas proporciona placer e a serpe das esculturas románicas do tema da Luxuria é interpretada por todas as fontes como unha serpe que castiga. Eu penso que a serpe no románico non é unha tortura infernal, senón a mesma serpe das lendas, unha forma de representar o disfrute sensual.

Unha aperta! Andregoto Galíndezhttps://www.blogger.com/profile/17060446685219592961noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-1185843437997533188.post-18336579812533179772017-11-03T23:24:45.647+00:002017-11-03T23:24:45.647+00:00Penso que fui o primeiro –a pesar do obvio que res...Penso que fui o primeiro –a pesar do obvio que resultava- em ver a relação entre essa iconografia românica que reciclava a iconografia clássica da deusa Tellus Mater (a terra mãe) e as lendas de serpes sugadoras de peitos do nosso folclore(https://www.academia.edu/209968/Melusine_Legend_in_Galician_Folklore_Some_notes_about_The_Folk_and_The_High_Culture_galician_text_ ) ainda que me temo que fui tão subtil na expressão e o pus tão escondido no texto –numa nota ao pé- que ainda ninguém se apercebeu delo:

P. 273, Not. 38 Este correlato é, en si mesmo, digno de interese porque ilustra o dialogo establecido entre a tradición iconográfica culta e o imaxinario popular, nunha infrecuente –ou non– captación ou traslatio do sentido exemplar; algo igual pódese dicir sobre o que ocorre coas interferencias entre algunhas esculturas que mostran a unha muller aleitando ofibios ou batracios (a Luxuria). LECLERQ-KADANER, J., «De la Terre-Mère à la Luxure, a propos de la migration des symboles», en Cahiers de Civilisation Médiévale, 8 (1975), pp. 37-39. Con presenza entre nós nos relevos da catedral de Santiago e en San Martín de Mondoñedo (Foz). NODAL FERNÁNDEZ, «De la Tierra Madre a la Lujuria. A proposito de un capitel de la girola de la Catedral de Santiago», en CASTIÑEIRA GONZÁLEZ, M. A. - DÍEZ PLATAS, F. (eds.), Profano y pagano en el Arte Gallego, en Semata 14 (2003), pp. 340-347. e certas tradicións populares –non menos luxuriosas– e ben coñecidas segundo as cales as serpes zugan dos peitos das mulleres (o noutras versións das vacas) que acaban de parir, FOLGAR CRESTAR, A., Historia de Moraña y tradiciones gallegas, Pontevedra, 1975, p. 148; asimismo LLINARES GARCÍA, op. cit., p. 53.

Na presentação que acompanhara a mina intervenção naquele simpósio penso que fui mais claro –a parte de visual- e de passo pude incluir coisas que logo na publicação por limites de espaço se terminaram perdendo (e ainda seguem a dia de hoje se por por escrito :-( ) :
https://www.academia.edu/20176018/The_Melusine_Legend_in_Galician_Folklore_Between_folk_and_Hight_Culture_A_Lenda_Melus%C3%ADnica_no_folklore_galego_Entre_o_culto_e_o_popular

A ideia que queria expressar daquela naquele artigo e que penso que não expressei de forma abundo clara era que possivelmente fui a captação e interpretativo popular da iconografia românica utilizada como recurso visual exemplar durante a predicação da missa, puído dar lugar a uma reelaboração no folclore popular que deu lugar a estas tradições sobre serpes sugadoras. E isto penso que sou também o primeiro a quem se lhe ocorreu planeia-lo, a pesar do obvio que pareceArcheoten.https://www.blogger.com/profile/00279894130282433269noreply@blogger.com