domingo, 5 de julio de 2020

Carruceira

Carruceira (Farlá - Grixalba, Sobrado).

Derivado do céltico carrucam, "arado / carro de dos ruedas". Neste caso parece máis probable que se aplicase á leira por estar xunto á vía para carros marcada en rosa, que ven sendo o Camiño de Santiago. Logo é tambén factible a confluencia cos derivados de carrizo, isto é, que nalgúns casos os Carriceira tiveran sido Carruceiras, camiños de carro.

O máis aproximado que atopo na bibliografía para sustentar esta hipótese é o dato que aporta Navaza (Fitotoponimia Galega, punto 61: carozo / carrozo, px. 145-6): "na toponimia aínda é posible a confusión de derivados de car(r)ozo con outras voces non fitonímicas emparentadas con [...] derivados de CARRU-, que polo regular designan camiños (carroucho, DEGC, III, 480)".  Aínda que os Carruceira / Carroceira non serían, según nós, un derivado de carrum, senón de carrucam, o carro lixeiro celta.

No hay comentarios:

Publicar un comentario