Alto do Ceán ou do Xián en San Cremenzo de Pazos (Zas). (C) Visor PBA da Xunta de Galicia - capa do Vóo Americán de 1956-57.
A chave da etimoloxía que imos propoñer baséase na orografía do terreo; adaptámola á elevación que recibe o nome. Descartamos entón que os topónimos Ceao / Ceán / Xián / Xiao sexan derivados do latín planum, "chao", en alusión as penichairas de montaña, con variadas solucións da africada palatal provinte do grupo pl- inicial. Segundo pensamos, serían derivados patrimoniais dun termo indoeuropeo *SIL-, "colina, túmulo", do que sae o inglés hill, con aspiración do s- inicial. Deducímolo do nome Selbarrowe Hill (século XVI, actual Silbury Hill), que podería conter de forma tautolóxica as dúas formas da base proposta, sen e con aspiración do s- inicial respectivamente: Sel / Sil - Hill.
Silbury Hill - Montaña do Túmulo Montaña.
No noso territorio cabe nesta proposta a pseusolatinización como Iulianus > Xián e a reinterpretación como chan < latín planum. Así a medoña de Xan Rei no Alto do Xestoso cecáis sexa unha "montaña do rei".
Non satisface o étimo *SIL-? Aínda temos algún máis: a toponimia deste tipo podería ter derivado, mediante sufixación, do céltico *OKELO, "altura, elevación".
No hay comentarios:
Publicar un comentario