O libro que vou comentar é un deses libros que só se podería ter publicado nunha cidade como Ferrol, vella vila de provincias carcomida polo medo e o rencor, na que todos somos "Sospeitosos habituais", como na película.
En xeral é un libro de cotilleos onde non queda títere con cabeza e morre ata o apuntador. Os bos e xenerosos convértense en malos por obra e graza da manipulación do autor, e os malos en boísimos (ou nin se fala deles); isto sucede con algunha frecuencia ó longo da obra, e unha xa non sabe que é certo e que non. A modo de exemplo, que credibilidade ten o autor cando di que nunha foto cuxo fondo está tan escuro que non se distingue a ninguén, está sentado, e para máis INRI complemetamente oculto tras un periodista, Fulano de Tal que foi visitar a Fraga a Perbes? Eu non o vexo; e se non o vexo, non o creo.
O máis chamativo do libro é quen non sae nel. Certamente resulta moi interesante ver, por exemplo, que non sae o que fora delegado do Goberno en Galicia, logo director da Guardia Civil; suxeito que a Barrera lle daría para explaiarse moito máis nun dos temas transicionais ferroláns típicos que desenvolve no libro, o do grupo de falanxistas do que tería formado parte, que saían de noite a facer batidas para moer a paos ós "rojos y maricones" armados duns nunchakus (fonte: escoiteno eu mesma en varias ocasións). Cecais Barrera é aquí cauto ó non dispor de testemuñas e probas? Non é tan sinxelo.
O segundo máis relevante é quen sae sempre ben parado no libro: todo o estamento militar do posfranquismo, que resulta que, unha vez morto Franco, abriuse pouco a pouco á sociedade dunha forma modélica e exemplar, dando cursiños de galego nas súas asociacións, admitindo ós fillos de civís nos seus colexios, renunciando ós seus privilexios, etc.
Dándolle á volta ós versos de García Lorca queda claro que Barrera é blando con las espuelas e duro con las espigas. Sométese á vontade dos poderosos dándolles o que queren escoitar, regalándolles os ouvidos, e ocultando o que non queren que se saiba, empregando para elo un falso envoltorio de esquerdas que cae á primeira análise.
Veño de chegar á conclusión de que Barrera, polo seu proceder, é unha toupia infiltrada entre os ideólogos de esquerdas da bisbarra cunha crara misión intoxicadora, ou sexa, manipuladora da realidade (non só tería a labor típica de toupia que se limita a dar o soplo). A súa estratexia de demolición das bases conceptuais da esquerda pode comprobarse lendo a defensa inmoral e torticeira que fai do persoeiro Amancio Ortega (Amancio Ortega y el árbol que no deja ver el bosque, Galicia Ártabra Digital, 18 de maio de 2020).
Para que eu me meta a falar destes libros de pseudohistoria actual ten que pasar algo... E así é: neste caso o Barrera Beitia tocoume unha febra familiar e ideolóxica, pois indicaba no seu libro que un dos meus tíos estivera no 68 en Francia, pagado polo franquismo, estudando na Sorbona e vivindo a todo trapo có obxectivo de infiltrarse entre os estudantes comunistas, localizar a Rafael Pillado e delatalo. Nunha operación que, segundo o autor, foi das más ambiciosas da época. Digna, supoño, de que a novelara John Le Carré. E que probas ten ou presenta o historiador da transición? Nengunha. Conta, se entende, coa declaración que fixo Caladiño (o actor de "Sempre Xonxa") na comisaría, cando foi buscar o pasaporte para reunirse có meu tío en Francia. Caladiño falou, operouse a miragre ante a presión que sufriría, e confesou unha rocambolesca historia que o deixaba ben parado. É comprensible. O que xa non é xustificable é a realidade que constrúe Barrera coa confesión de Caladiño obtida baixo presión. E moito menos, a súa negativa a concedernos o beneficio da dúbida, cando rexeitou falar con miña aboa despois de que saíra o libro.
O meu tío, socialista de carné, logo casado cunha socialista ben célebre, estivera en Francia no 68 sobrevivindo de calquera forma, e ó mellor ata pisou a Sorbona nalgunha ocasión para participar nalgún mitin dos estudantes. Con el estivo o seu amigo o Príncipe Galín, rebelde bohemio da época, comunista de pro e amigo de Rafael Pillado. Como é posible que ámbolos dous quixesen delatar a Pillado ou cousa semellante? Asimesmo, como se entende que eu, a sobriña do suposto infiltrado franquista, colaborase ata a extenuación con Pillado na coordinación dos primeiros movementos cidadáns en contra da ubicación no interior da ría de Ferrol da Planta de Gas de REGANOSA? Daquela organizara varios concertos (Miki Nervio & The Bluesmakers, McKuin), recitais de poesía (Eva Veiga) e xogos populares que animaban o entorno da Praza de Armas mentres Xaime Quessada pintaba o seu mural a prol da vida. Entón case nengún cidadán participaba na plataforma contra a Planta de Gas: tiñan medo de perder o seu posto de traballo polas represalias que se podían tomar, derivadas dos contactos entre Toxeiro (GADISA), a Xunta de Galicia e os estamentos que detentaban o poder na cidade. Eu mesma perdera o meu traballo na Estación Naval da Graña como profesora de Lingua Española, a pesar do aperturismo que caracterizou sempre á casta militar posfranquista, segundo Barrera Beitia.
(C) Dolores González de la Peña, 2021.
Unha mostra da inexistencia dun procedemento investigador e de contraste de fontes na metodoloxía que emprega o historiador Barrera Beitia pode atoparse nun dos exemplares da Revista de Fuco Buxán onde publica unha fotografia das esvásticas das reixas dos xardíns de Capitanía (Ferrol). Segundo el son nazis. Probas que aporta? Nengunha. En realidade as reixas datan de 1898, ano da construción dos xardíns. Calquera que se moleste en investigar poderá atopar fotografías da época coas mesmas reixas e as esvásticas.
Lin o libro fai uns 15 anos ou máis, e claro, ven moitos nomes e apelidos e iso en ferrolterra é demasiado .pasa o que pasa-. No ideolóxico, moito ensalzamento a vía reformista imperante no PCG neses anos.
ResponderEliminarTes razón, grazas Daniel ☺
ResponderEliminar