sábado, 11 de diciembre de 2021

O Fortín (A Casanova - Miraz, Xermade)



Recinto dun só anel, ou cecais un henge, na Chousa do Castro, preto de A Casanova (San Pedro de Miraz, Xermade). Código do inventario de patrimonio GA27021174.

Na microtoponimia das parcelas inmediatas figura o nome de O Fortín, en clara alusión ó anel defensivo do recinto. No Catastro de Ensenada, na delimitación da parroquia de Piñeiro (Vilaba) e Miraz (Xermade) noméase neste punto a modia da Casa Nova, que tamén podería designar esta formación. O termo modia non ven nos diccionarios ó uso (nin no Estraviz nin no Diccionario de diccionarios). Semella ser a mesma palabra indoeuropea que pasou ó etrusco mutina, "tumba", orixe do topónimo Módena. Non podemos descartar a observación de Rivas Quintas (Toponimia de Marín, 1982, px. 74), que aduce unha metátese dende modarella a muradella / morodella, o que podería ter propiciado (segundo a nosa opinión) formas alternantes muria - mudia / modia, dificultando a etimoloxía (se dunha base indoeuropea *MUT / MOT, "túmulo de terra, outeiro, tumba", ou do latín murum, "muralla de pedra").

2 comentarios: