sábado, 19 de noviembre de 2022

Dindshenchas. Da etimoloxía toponímica á mitoloxía da paisaxe

Convídovos a ler unha colaboración que veñen de me publicar no último número da revista SAGA. Revista dixital de investigación, nº4, 2022, da Sociedade Antropolóxica Galega.

"DINDSHENCHAS. Lendas etiolóxicas toponímicas ou A1617 (“Origin of Place Name”): Da etimoloxía toponímica á mitoloxía da paisaxe", px. 33-41.


Neste traballo destacamos a labor pioneira de Celso de Baión, Xosé María Álvarez Blázquez (1915-1985), que puxo por primeira vez orde no caos das lendas etiolóxicas galegas formando a primeira compilación das de asunto toponímico, notando que constituían un xénero propio da literatura oral. O obxectivo principal deste estudo é definir este xénero, que se encadra no tipo A1617 (“Origin of Place Name”) establecido por Thompson (1955), cun expoñente claro no xénero literario medieval irlandés das dindshenchas. Trátase dun xénero que non se pode adscribir ós “relatos de fundação” (De Barros Dias 2017), pois é que no corpus obxecto do noso estudo o relato cosmogónico ou de fundación xurde da exexese toponímica, non é que simplemente se inclúa unha etimoloxía nun mito fundacional. Tampouco caben no xénero da “toponomástica legendaria” (Martos Núñez 2007), que se limita a agrupar nomes de lugar que aluden a mitos previos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario