Toponimia prerromana, hidronimia paleoeuropea, etnografía, megalitismo e arte rupestre. Se chegaches aquí por Google e non te levou á entrada que procurabas, volta a repetir a búsqueda dende Bing! ou usa o buscador interno do blog. Grazas!
domingo, 20 de septiembre de 2020
Henges, rodas e seles
sábado, 19 de septiembre de 2020
A propiedade sobre o territorio na Idade do Ferro: O Piñeiro
Unha outra característica dos bens tidos en prenda é que non se poden vender nin prestar nin doar. Voltando ó dereito consuetudinario prehistórico a venda, por enriba falsa, do Pazo de Meirás ós Franco é nula de pleno dereito.
domingo, 13 de septiembre de 2020
A Grixa - Abelleira (Muros)
Deberes do comezo do curso: Castro Vicente
1. Atopar o Castro Vicente que orixina o nome do monte. O microtopónimo aparece agochado nos datos do parcelario (fichas ás que se accede premendo sobre os números das parcelas cando se ten activada a capa catastral).
2. Atopar os étimos que orixinan ámbolos dous topónimos, Vicente e Biqueira.
3. Conclusións que se poden artellar sobre a formación da paisaxe castrexa a partir da proposta etimolóxica.
A traballar rapazada!
domingo, 6 de septiembre de 2020
A orixe das agras na paisaxe galega. O betilo das Barreiras (Vimianzo)
As Conchadas
sábado, 5 de septiembre de 2020
Ritualidade e simbolismo do hórreo: o caso dos kapsiki de Camerún
Fitas, figas e figueiras
No Catastro de Ensenada (parroquia de Sésamo - Culleredo) fálase dunha pedrafita de límite no monte de Figueiras.
miércoles, 2 de septiembre de 2020
Bretóns nas montañas setentrionais de Galicia
Si, mais desde cando?
Nunha das súas máis interesantes hipóteses sobre a orixe da paisaxe agraria galega, e ó respecto das peculiaridades da paisaxe da zona das montañas setentrionais, o xeográfo francés Abel Bouhier prantexou a posibilidade dunha orixe bretona para o sistema do bocage propio dela. Posto que os colonos bretóns chegaron á Armórica galega establecéndose nela en torno ó século V na Sede Britanorum, e dita forma de parcelación / ocupación agrogandeira foi coñecida entre eles: "sería entón lícito pensar que os bretóns, que traían a fórmula agraria do cerrado, a tiveran difundido no norte de Galicia" (Galicia. Ensaio e interpretación dun vello complexo agrario, trad. Benxamín Casal, 2001, px. 1229). Á súa hipótese o mesmo autor opón o feito de que por acordo xeral adoita fixarse a sede dos bretóns galegos en Bretoña (Pastoriza), aldea que ocupa unha situación nidiamente periférica ós eidos de cerrados do bocage.
Xa tiñamos falado no blog da hipótese de Winfrid Scut (Penencia y la lengua céltica de los ártabros). En 2017 (1) propuxo que o paleo-río que se situaba entre a Bretaña francesa e as terras que hoxe forman as Illas Británicas separaba un territorio que compartía unha mesma lingua (Celta P) durante o Paleolítico; este territorio quedou escindido completamente coa formación da Canle da Mancha, e a escisión produxo os tres dialectos do Celta P: galés, córnico e bretón. Dentro do Paradigma da Continuidade Paleolítica,o desenvolvemento desta hipótese terá que ter en conta tambén ó fisterre galego como parte dese paleo-territorio armoricano ocupado por falantes de Celta P, que, ademáis da lingua, poderían ter compartido a mesma fórmula agrogandeira do bocage moito antes do século V da nosa era. En resumo: na nosa opinión, as frechiñas da figura de W. Scut van en dirección oposta.