Neste proxecto realizado có Google Earth (e que só se pode ver có Google Earth, aínda que é prescindible velo) amoso a situación dos marcos de Bezoucos, sempre á veira dos castros, nos cruzamentos das liñas trazadas polos camiños perimetrais que arrodeaban os asentamentos castrexos. É por isto que supoñemos que estes marcos e a súa situación datan da Idade do Ferro; foron os bornes ou términos que sinalaban o contorno dos pomeria castrexos (os límites sagrados, fundacionais, dos espazos de habitación). De aí ven probablemente o seu carácter sacro, que pervive aínda nos cultos litolátricos (cristianizados, ás veces) que se lles profesan, como supersticións pagás de longa duración.
Non se trata, polo tanto, dunha mera utilización dos marcos dos deslindes parroquiais que poderían datar da Idade Media en adiante, xa que, logo, a súa disposición artéllase nos espazos que configuran os pomeria dos castros.
https://earth.google.com/earth/d/1v5s0_uUBitQPJDrmJyc24qMxVmD24IWt?usp=sharing
- Marco do Salto (Cabanas) - Castro do Pico do Castro
- Marco da capela de San Marcos (Magalofes / Sillobre) - Castro do Coto das Modias
- Marco de San Lourenzo (Limodre) - Castro de Prismos
- Marco de Lodairo (Caamouco) - Castro da Toupeira ou de San Xoán de Piñeiro
- Marco da capela de San Vitorio (Franza) - Castro de San Vitorio
No hay comentarios:
Publicar un comentario