sábado, 1 de mayo de 2021

As salinas de Betanzos


Enorme complexo produtor de sal, probablemente de orixe medieval (1), situado na foz da ría de Betanzos, no Pedrido, e pertencente ós concellos de Bergondo e Paderne.
(C) Visor PBA da Xunta de Galicia, capa do Vóo Americán de 1956-57.

Na actualidade, no sector indicado có número 2, ó estar tan tupido xa polos depósitos mariños, fíxose un párking para autocaravás. A microtoponimia que atopamos nas fichas catastrais das parcelas pegadas ós sectores 1 e 4 indica perfectamente a funcionalidade das antigas estruturas: Salinas e Salsas. O sector sinalado có número 1 é o que proxectaba protexer en 2018 o concello de Bergondo, como ben de carácter patrimonial.

"Las salinas de evaporación solar desarrolladas sobre marismas constituyen paisajes de origen antrópico de gran interés geomorfológico, histórico y patrimonial, presentes en muchas costas bajas mareales europeas" ("Evolución histórica y geomorfología de las explotaciones salineras en marismas mareales. Ejemplos de la bahía de Cádiz", Cuaternario y Geomorfología (2017), Gracia, Alonso e Abarca).


Aspecto actual do sector 3 das salinas, bastante tupido pola sedimentación. Os tabiques dos tallos do sal son apenas perceptibles e o conxunto podería confundirse fácilmente coas croas ou baixos de area que asoman nos estuarios das nosas rías. (C) Visor da Xunta de Galicia - PNOA 2004-7.


(1) Artigo de Sara Vázquez en La Opinión, da Coruña: "Bergondo protegerá en el plan general seis bienes arqueológicos no catalogados antes" (22/3/18).

4 comentarios:

  1. O correto é saíñas / sainhas máis supoño que nestes casos tivo moito peso a lexislación do sal, en castelán. O microtopónimo Salinas ven así na ficha catastral.

    ResponderEliminar
  2. O outro día un familiar envioume unhas fotos das "Salinas do Ulló", en Vilaboa, no fondo da Ría de Vigo e lle fixen esa mesma observación. Non tinha a seguridade. Por iso cho preguntei. Moitas grazas.

    ResponderEliminar
  3. Grazas a ti por darme a oportunidade de explicalo, no Arquivo da Galiciana aparecen moitos documentos que falan das salinas e alfolí de Betanzos http://arquivo.galiciana.gal/arpadweb/gl/catalogo_imagenes/grupo.do?registrardownload=0&path=151504&posicion=92&presentacion=pagina

    ResponderEliminar