domingo, 3 de octubre de 2021

Lougho / Louxo e as augas medicinais da Toxa

"En medio de la ría hay una isla, que los naturales llaman de Loujo, en la que pastan todos ganados, y en [...] de ella, afuera de las aguas naturales de que usan los animales, hay un mineral que ignoramos su virtud por no se haber hecho análisis de él" (Francisco Varela y Carvajal, para o Diccionario de Tomás López, provincia de A Coruña, s. XVIII, ca. 1778).

Parece que se confirma a historia do burro tiñoso curado milagrosamente na illa da Toxa grazas ás súas augas medicinais ou lodos minerais, contada por Emilia Pardo Bazán no 1899 (A Ilustración Artística); ou polo menos faise máis crible. Máis dun século antes, no 1778, Francisco Varela y Carvajal contaba como o gando pacía na illa e facía uso das súas augas, e precisaba que existían nelas algún mineral saúdable, aínda que non podía asegurar cal era ó non ter aínda analíticas. Estas faríaas Antonio Casares moito despois, no ano 1841.

Sospeitamos que o topónimo na escrita Loujo podería reflictir un caso de gheada, Lougho, e que a forma Louxo sería, polo tanto, unha ultracorrección. Neste suposto, a ubicación da illa nunha zona de marismas nunha ría fai verosímil que o topónimo proveña do proto-céltico *lokus, "lago, marisma, pantano", do cal derivaría tamén o nome de Langosteira (Fisterra), documentado como locustaria na Idade Media.

No hay comentarios:

Publicar un comentario