miércoles, 6 de octubre de 2021

Dugium: e o mito fíxose realidade

Voi ch'entrate, lasciate ogni speranza


O Hío (Cangas) e Duio (Fisterra) quedan aproximadamente á mesma distancia de nove leguas do Castro Lupario (Rúa de Francos), e ámbolos dous topónimos son susceptibles de facerse derivar do étimo Dugium se temos en conta que o primeiro deles adoita aparecer formando parte dun sintagma preposicional que podería non ser tal, "... do Hío", senón unha falsa segmentación dunha forma *Dohío < Dugium.

Esta distancia das nove leguas aparece por exemplo na xenealoxía dos Rivadeneira, curiosa porque acumula case tódolos emprazamentos e mitos ligados ó culto xacobeo nun texto minúsculo; seguramente estes elementos (territorio e mitos) do culto xacobeo integraron os cultos pagáns anteriores fagocitados logo polo cristianismo.

(Libro antiguo de los linajes de Galicia, s. XV)

Rivadeneira "Ten seu pazo e solar no castelo chamado Lupario, dúas leguas de Iria, a donde cai Francos, e nove d Ara Sol da cidad de Duio, donde morava Lobo Lobesio fillo da señora Lupa, e fillo de Lobesio Rivaño, seu marido. Eran romanos, e ela, filla de Caio Augusto César Emperador e de súa segunda muller Cornelia. Esta Lupa quedou en Galiça a primeira vez que César trunfou d España. E tivo un fillo chamado Rivaño, que era señor de moitas [terras?]. [...] E Rivaño se convirtou á fe [...] viu ó apóstol Zebedeo quando facía as bodas en Bouzas de Miño a Caia Valeria, e meteuse o caballo no mar, e cobriuse de cunchas e vieiras. E falou cós discípulos do santo no mar, e logo alí o batizaron, e il batizou ós demáis daquela terra, e súa madre Lupa doou o pazo do Burgo ó apóstol Santiago, donde está sepultado, e illa juntamente con algúns seus fillos, ca tuvo moitos. Rivaño está sepultado no castro Illicino, onde reventou o dragón quando os discípulos foron catar ós bois pra llevar ó apóstol de Iria a o Burgo de Libredón, onde agora jaz". 

A lenda xacobea da cidade asolagada de Dugium (Duio - Xacopedia) atopámola no Hío, en Barra, que foi cuberta de area ou afundida como unha Atlántida: "algún tempo nas areas de Barra estaba a Vila de Troia que despois foi anegada por castigo" (Cuadernos de Estudios Gallegos, 1971).

O politólogo X. L. Barreiro rexeita a posibilidade de que o culto a Santiago se instalase sobre un culto pagán previo porque non hai noticias da "sustitución de dicho culto sin solución de continuidad -como sucedió en Éfeso, en Roma o en el Monte Gargano-, o si hubiese perdurado la memoria de un antiguo culto de importancia general que hacia los comienzos de la Edad Media plantease todavía un problema para la completa cristianización de la zona. Sin embargo, eso no parece ser así, ya que la ausencia de vestigios sólidos, y la falta de referencias literarias concluyentes no permiten pensar más que en un culto de importancia local" (apud Nieves Herrero, "La atracción turística de un espacio mítico: peregrinación al cabo Finisterre", Pasos, V. 7, nº 2, 2009).

Reducir a un ou outro lugar (O Hío ou Duio) ó Dugium da tradición xacobea ten o seu interese, xa que, logo, podería esclarecer por que o apóstolo Santiago cós seus discípulos acabou por vir, se é que veu persoalmente, á Galicia, a este recuncho onde adoita argumentarse que non habería nada importante que xustificase a súa visita pastoral. E logho, non?

Pois no Facho de Donón (O Hío) atopábase o santuario máis importante da Península, lugar de peregrinación galaico-romano no que se acharon máis de 175 aras votivas adicadas ó deus Berobreo: "el dios a quien se dedican las más de 175 aras recibe el apelativo de Lar Berobreo y no se conoce otro lugar en el que exista tan alta concentración de aras dedicadas a un mismo dios indígena. Además, estas aras tienen la particularidad de ser también estelas hincadas, con connotaciones funerarias, levantadas por dedicantes anónimos. Finalmente, en relación con las aras, consta que comenzaron a ser colocadas a finales del siglo II d.C, prolongándose este ritual durante, al menos, cinco o seis generaciones, hasta que a comienzos del siglo V d.C. aparecen indicios de cristianización y desaparecen las evidencias de su uso" (DECRETO 53/2013, de 14 de marzo, por el que se declara bien de interés cultural, con la categoría de zona arqueológica, el Facho de Donón).

Ademáis "la mayoría de los altares estaban caídos en o muy cerca de su posición original. Muchos se rompieron in actu [...]. Otras piezas parecen haber sido destrozadas intencionadamente, posiblemente en un acto ritual y claramente sin un cambio de los paradigmata religiosos tradicionales" (Koch, "El santuario dedicado a Berobreo en el Monte do Facho (Cangas, Galicia)", Acta Paleohispánica 9, 2005). É dicir, o que para Koch supón unha destrución sen motivo, pois non era quen de albiscar o cambio de paradigma relixioso aló polo século V, para nós é unha destrución dos vellos ídolos polo cristianismo primitivo, cecais a mesma que executaron, segundo a tradición, os discípulos de Santiago.


Aras do Facho de Donón (O Hío), algunhas aspadas coas características cruces de Santo André.
(C) Museo Municipal de Vigo.

A inxente cantidade de estelas funerarias converten ó santuario do Facho nun lugar de peregrinación semellante ó de Santo André de Teixido, santuario da morte ó que hai que acudir preferentemente en vida ("vai de morto quen non foi de vivo"). Non é casualidade, pois, que a advocación da parroquia do Hío sexa tambén a de Santo André. O carácter funerario do santuario do Facho convén tamén có motivo lexendario no cal a Raíña Lupa envía ós discípulos a Dugium (O Hío) para darlle sepultura ó apóstolo.

A fundación do Hío, cuxo territorio ten forma de coiro de vaca, segundo se menciona no Catastro de Ensenada ("su figura, la de un cuero de vaca extendido") remite ás delimitacións territoriais arcaicas que temos estudado na entrada "A legua do frade: a demarcación territorial cunha pel de boi" (2020), nas que de novo saen a Raíña Lupa e o apóstolo Santiago como executores das mesmas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario