martes, 23 de noviembre de 2021

Estatua de guerreiro de Sa Martín de Trebellu

 

(C) Dolores González de la Peña.

(C) Dolores González de la Peña.

Trátase da única representación de guerreiro galaico aparecida fóra da división romana chamada Gallaecia; un territorio moito maior que a Galicia actual pois abarcaba tamén o norte de Portugal (Conventus Bracarensis) e Asturias e León (Conventus Asturicensis). Á vista dela, e xa que aínda no Val de Xálima manténse a incógnita de que se fala (galego ou portugués?), podemos preguntarnos, e dende cando se fala? Porque vai ser moita casualidade que xusto neste illote lingüístico do galego apareza a única estatua de guerreiro galaico coñecida fóra da Gallaecia Lucense e Bracarense (na Asturicense non hai ningunha).

Forma parte da colección particular dunha coñecida familia de Sa Martín de Trebellu, que a atopara nunha finca do pobo chamada Dehesa de Villalba. A estatua é atípica no senso de que está labrada reaproveitando unha estatua-menhir que ten algo máis de dous metros de altura e vai decorada coa característica xeometría de ondas propia do neolítico. A cabeza lembra no porte á do guerreiro de Bande (Rubiás - Ourense). Carece de torques e armas. O seu encadre no conxunto da estatuaria dos guerreiros galaicos ven dado evidentemente pola enorme semellanza estilística e formal.

Na cartela foi lavrado o ano no que se atopou, 1792. A cabeza foi seccionada na procura dos tesouros que supostamente se escondían no interior da estatua.

Guerreiro galaico do Museu Arqueológico de Lisboa fotografado na exposición Galicia, un relato no mundo, Santiago de Compostela, 2019. (C) Dolores González de la Peña.

No hay comentarios:

Publicar un comentario