Entre as pinturas máis enigmáticas de Goya como son as pinturas pretas da Quinta do Xordo, As Parcas ten varios erros de análise da tríada mitolóxica que imos explicar, e que afectan tanto á identidade das mouras como ós elementos cós que se vencellan (roca - Cloto, tecido - Laquesis, tesoiras - Atropos).
Flotando sobre a terra, no centro da composición e nun segundo plano, Cloto (non Laquesis) sostén unha roca portátil de dedo, confundida inexplicablemente cun espello ou cunha lupa pola crítica. Semella que está a mirar o destino a través dela. Á esquerda, Laquesis (non Cloto) sostén un neniño (non é un boneco) e lle amosa o mundo. A minúscula criatura que acaba de chegar tende as súas mans, anhelante, hacia a natureza que se lle presenta. Vai envolto nun lenzo branco tecido pola parca, que se enrosca polo brazo desta, dá un par de voltas polo seu torso e pasa por diante de Cloto ata unirse có corpo do primeiro plano, que está a esperar a súa inevitable morte: é o mesmo neniño xa adulto, que non mira a paisaxe ilusionado, senón a nós, resignado. O lenzo branco é o tecido que conecta os dous momentos da vida, nacemento e morte, infancia e senectud. Á destra, Atropos, dándonos a espalda, espera o momento de cortalo coas tesoiras coas que se representa sempre a esta personaxe mitolóxica.
Así transcorre a existencia, captada nun só instante polo pintor. Sendo cecais o máis notable o cambio que se opera na dirección da mirada e na posición das mans do ser humano nos dous momentos esencias da súa vida: o feito de que ó final a atención da figura humana vaia dirixida a nós con amargura, e de que as súas mans xa non procuran alcanzar o mundo, senón que se ocultan trala espalda dando a impresión de estar anoadas. Trátase dunha valoración xeral da existencia humana chea de pesimismo que seguramente reflicte os sentimentos do propio pintor sobre a vida.
No hay comentarios:
Publicar un comentario