domingo, 17 de diciembre de 2023

Castro Carpinteiro - Albá (Palas de Rei)

 

Castro Carpinteiro en Albá - Palas de Rei. Topónimos adxacentes: Trala Torre e Castro de Dentro.

Temos atopado moitos máis castros chamados do Ferreiro (ex. o Castro de Lubre - Bergondo, que conserva toponimia redundante, como Ferreiro e Fornos), que do Carpinteiro. Este caso é, pois, ben interesante por aludir probablemente á profesión especializada do construtor de carros (carpenta), conservando aínda o significado orixinal, anterior á especialización do sustantivo para designar ó artesán da madeira en xeral.

carpenta era un carro de combate usado polos celtas, que adoitaba formar parte na enumeración que os romanos facían dos bens apresados como botín trala derrota do enimigo. O historiador Tito Livio sempre fornecía o número de carpenta incautadas, así como a cantidade de enimigos mortos ou capturados. Os contextos indican sen dúbida que o carro chamado carpenta fora un carro de combate (Gioall Canestrelli: Celtic Warfare, 2022).

Unha outra posibilidade podería ser que o Castro Carpinteiro ( < Carpentarium) funcionase como mutatio ou posta para carros nunha vía de comunicación, dada a proximidade do recinto á dorsal (vía natural de tránsito) formada polas serras do Careón, do Corno do Boi e da Cova da Serpe, e ó Camiño de Santiago.

No hay comentarios:

Publicar un comentario