Temos, pois, constancia documental dun dobre itinerario na retirada das tropas británicas dende Lugo cara á Coruña, emprendida o 8 de xaneiro de 1809, a que se coñece como A Retirada da Coruña ou ben A Marcha da Morte, pois o exército británico tivo moitas baixas debido ó cansanzo, á fame e ás inclemencias do tempo. Parte do continxente no tería marchado por Guitiriz, senón por Sobrado, seguindo o camiño descrito por Méndez para logo tomar dende O Mesón do Bento o camiño á Coruña, tamén detallado noutro dos roteiros militares percorrido polo mesmo Méndez (Camino carretero de Betanzos al Mesón del Viento pasando por las Traviesas, xulio de 1812); deixa constancia de que esta última é unha ruta axeitada para a caballería e a infantería (brigadas lixeiras) pero non para a artillería.
Toponimia prerromana, hidronimia paleoeuropea, etnografía, megalitismo e arte rupestre. Se chegaches aquí por Google e non te levou á entrada que procurabas, volta a repetir a búsqueda dende Bing! ou usa o buscador interno do blog. Grazas!
sábado, 4 de mayo de 2024
A retirada dos 5.000: as tropas de Sir John Moore en Sobrado dos Monxes
Nun dos caderniños itinerarios da Biblioteca Virtual de Defensa, redactado polo militar Benito Méndez en 1812, só tres anos despois da Batalla da Coruña, dase conta do paso polo Mosteiro de Sobrado dos Monxes duns 5.000 homes do exército británico de John Moore: "a los 28 [minutos de marcha] dando principio a una calzada con subida suave, se halla el mencionado Monasterio de Sobrado, habitado por 60 religiosos, y la aldea del mismo nombre. Este Monasterio es muy capaz de alojar a tres mil hombres provisionalmente, en el cual estuvieron cerca de cinco mil ingleses cuando fue su retirada de Lugo, dirigiéndose al Camino Real de Santiago por el Mesón del Viento a La Coruña. [...] Se dan los auxilios de bagajes y alojamientos, y en el Monasterio es casi usual los alojamientos de todo oficial, y cuando transitan muchas tropas, hasta para soldados sin mandato de la Justicia" (Camino carretero de Santiago a Lugo pasando por Sobrado, xulio de 1812).
"Retreat to Corunna", por R. Beavis (The Boy's Own Paper, 7/7/1889). Sir John Moore sostendo un mapa pregúntalle pola dirección correcta a un paisano.
Nestes caderniños itinerarios militares do século XIX confírmanse outros datos coñecidos sobre as guerras napoleónicas. Por exemplo, o paso dos ingleses por Guitiriz, na mesma retirada de Lugo cara á Coruña, ven refrendado pola observación do militar José Martín Ortega, que indica que tras pasar San Xoan de Lagostelle (el ía en dirección a Lugo) atopou unha ponte de pedra de dous arcos, un deles destruído polos ingleses (Camiño Real de Betanzos a Lugo, agosto de 1812), daquela a ponte xa fora refeita, mais sen varanda. A medida que avanzaban, as tropas británicas ían voando as pontes para impedir que o enimigo lles dera alcance.
No hay comentarios:
Publicar un comentario