Vista dos catro aterrazamentos do Castro de Elviña: O Pouporón. (C) Andregoto Galíndez, 2020.
Parécenos un derivado do latín populum, "poboado", con sufixo derivativo -ar, como por exemplo Vilar, máis sufixo aumentativo -ón.
Neste caso precisamos facer unha metátese p-l > l-p, trala caída da vogal postónica: póp(u)lo > polpo > *Polparón > Pouporón, con armonización vocálica o-a-o > o-o-o. Deste xeito, o vello nome do castro, conservado aínda ó comezo dos seus bancais agrícolas e no nome dun camiño que de Mesoiro ía cara Elviña (Camiño do Pouporón), viría motivado por ser un enorme asentamento de poboación que destacaría na contorna; unha especie de macrocidade castrexa.
No caso do topónimo contrario, A Poupariña (As Pontes), vemos que o sufixo -ar se conserva sen mutación vogálica, mentras que se lle engade o sufixo diminutivo -iña. Pode asemellarse morfolóxicamente ó menos corrente Vilariña (Fruíme - Lousame).
Mola! Castro Pouporón.
ResponderEliminar(E eu que pensaba que viña de Manolo Escobar, o Pouporón pon pero, peró, pouporón pon pero, peró...)
Non coñecía o topónimo. Moi a ter en conta.
Jajaja! Me troncho 😀
ResponderEliminarCoñeces mais topónimos relacionados?
ResponderEliminarSíntoo, non lembro máis.
ResponderEliminarDa mesma familia, aínda que da forma populationem e con outros fenómenos evolutivos > Polación (Asturias)
ResponderEliminar