Hai certa discrepancia sobre a ubicación do castro que gobernaba o druida celta Boicentril, personaxe creada por Francisco Tettamancy na súa obra de 1912 titulada Boicentril. O druidismo e o celtismo gallegos. A epopeya irlandesa. Se foi chefe do castro de Cañás ou do castro de Ameás, ambos pertencentes ó concello de Carral e situados moi próximos entre eles.
Dicía o propio autor nos apéndices ó poema que "no promedio das parroquias de San Xoán de Sergude, San Vicente de Vigo e Santaya de Cañás (concello de Carral, provincia da Cruña) aséntase -xa máis adentro da de San Vicente- o Castro nomeado Boicentril. Conta a tradición que o moimento dito chámase d'este xeito porque n-él tivo a súa vecindade a familia arrotreba, cuxo xefe nomeábase Boicentril".
Se seguimos as indicacións de Tettamancy, o castro de Boicentril ha ser o de Ameás, que xa cae dentro da parroquia de San Vicente de Vigo (1). Doutra banda, non atopo estudos sobre o nombre do castro e o nome do druida, polo que deduzco que se considera inventado polo autor? É falsa, entón, a tradición popular que refire Tettamancy, na que se atribúe o nome do castro ó nome do heroe fundador do mesmo?
Na nosa opinión non sería estraño que o autor versionase no seu poema unha breve lenda recollida na contorna, que explicaba o topónimo Boicentril polo nome do fundador epónimo do castro. Son moi frecuentes dentro da etimoloxía popular este tipo de explicacións, que no ámbito irlandés constitúen un xénero literario por se mesmas: o das dindsenchas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario