Burato do Couso no Castro de Hermunde.
(C) Visor PBA da Xunta de Galicia, capa do Vóo Americán de 1956-57.
(C) Visor PBA da Xunta de Galicia, capa do Vóo Americán de 1956-57.
A ver se desta damos atopado a etimoloxía deste topónimo dunha vez, tras ensaiar e revisar varias posibilidades nalgunhas entradas do blog. Agora paréceme que a base semántica dos buratos que asoman en todos os cousos, tanto cando se aplica a camiños moi encaixados no terreo, trampas de caza ou foxos de límite, como cando nomea ó embigo (couselo), podería ter xurdido do participio do verbo latino cavo, "excavar", tras confluir na súa conxugación coa de caveo, "protexer, gardar", que tivo un participio bárbaro causum > couso, ademáis de cautum > couto.
"Diuiserunt etiam Canedum de Outariz et de Sancta Columba per Cautum Ueterem qui est prope domos de Outariz, deinde per marchos et cruces fixas in lapidibus ascendendo, deinde per iuxta pennam Lubusomeam de Voytores, deinde per cruces de sub casali de Conchaada et inde in directum per alias cruces usque ad marchum de Aqua Derribada et ex alia parte riuulj de Aqua Derribada per crucem que est fixa uersus Azzageedo iuxta Coussum Uetus" (documento de Santa Comba de Naves, ano 1230. Fonte: CODOLGA). Neste documento estaríase a falar dun foxo de demarcación, verbo cavo, no momento no que se produce a confusión coa conxugación de caveo. Desto se deduce que o microtopónimo do Castro de Hermunde, Burato do Couso, é redundante, pois couso tambén significa burato.
No hay comentarios:
Publicar un comentario