domingo, 5 de julio de 2020

Etimoloxía de ferrado

O ferrado é a cuarta parte dunha fanega ou teiga, así pois, podería descartarse a etimoloxía que fai vir o termo do latín ferratum, un derivado do nome do metal ferrum, "ferro", e propor a mesma que ten o ferdella terra que ven no Du Cange: unha ferdella foi tamén a cuarta parte dunha virgata.

A etimoloxía, entón, podería atoparse no ámbito dos numerais, no termo indoeuropeo que orixina o inglés fourth, ou o altoalemán antigo feordo / fiordo, "cuarto". Cecáis a forma *ferd- chegou a Galicia vía os colonos xermáns. Unha análise completa deste ordinal pode verse en Indoeuropean Numerals (Jadranka C. Gvozdanovic, 1992, px. 627).


No hay comentarios: