Mostrando entradas con la etiqueta cidades asolagadas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta cidades asolagadas. Mostrar todas las entradas

sábado, 22 de junio de 2024

Covas do Serrapio entre Lourenzá e Mondoñedo: contexto prehistórico da Furada dos Cans

No libro Índice de documentos do Mosteiro de San Salvador de Lourenzá (dende o fol. 466v ad finem), o que se ve que consultou pero non chegou a rematalo o historiador Villaamil y Castro cando excavou na cova da Furada dos Cas no monte Serrapio (1), dous testigos fornecen os límites da Rilleira de Recimil, Tiagonce, Arroxo e Soutelo, e dan conta da existencia de varias covas no cimbro do Serrapio, aínda que ningunha é nomeada como Furada dos Cas (si se emprega o termo furada).

O primeiro testigo, Álvaro Alonso de Piquín "O Vello", indica que os límites ían pola Cruz da Algara, onde había un foxo de lobo, e polo cimbro do monte ó Espiño das Louseiras e á pena e castro de Pena Caxide, logo a unha cova na Portela e de alí a ámbolos castros, un que dicen da Cibdade, onde morou Gonzalo de Vilamor, e outro cabo del. Este testigo volta falar da existencia de "covas y furadas antiguas" nos límites de Arroxo, unhas na Veiga de Anguieiro, outra baixo o camiño francés que saía de Vilanova de Lourenzá e outra máis na fonte da Azoreira.

O segundo testigo, Diego da Lamela, repasa os límites neste tramo do Serrapio, e engade un dato ben interesante: "polo lombo do Serrapio ó castro de Pena Caxide, e de alí á cova que sae á Portela, entre o castro da Cibdade e o da Pena Caxide" [texto traducido ó galego]. Indica que unha das covas do Serrapio, seguramente A Furada dos Cans, estaba comunicada coa Portela sita entre os dous castros da Cibdade. Este mesmo testigo, como o anterior, volta falar das "cuevas furadas antiguas" cando informa das herdades de Arroxo. Son catro covas, as que nomea así: "dos Carrís del Rego de San Martín", "del rego de Angueiro", "cueva da Vella del Espino de las Louseiras" e "cueva de la Portela".

Estado actual da Cruz da Algara, do foxo do lobo de Algara (situación aproximada), da Furada dos Cas e dos dous castros de A Cibdade (actual monte da Trinidade), todo elo arrasado polas canteiras locais.

Calculamos deste relatorio que no cimbro ou lombo do Serrapio habería unhas seis covas ou furadas antigas, entre elas a da Furada dos Cas que excavara Villaamil y Castro chegando á conclusión, e fornecendo evidencias, de que fora lugar de habitación prehistórica. Unha destas covas comunicaba ou chegaba ata a Portela ou acceso á zona na que logo se construirían os dous castros xemelgos da Cibdade, no actual monte da Trinidade. Nós aquí vemos unha conexión evidente (continuidade) entre os asentamentos na transición do hábital en cova (cando era posible) ó hábitat nun recinto fortificado. Resulta tamén moi curioso na liña da continuidade, ese dato do tardío habitante do castro da Cibdade, Gonzalo de Vilamor, o último castrexo irredento.

A lenda que recolle Antonio Reigosa de que o túnel da cova da Furada dos Cas chegaba ata o Mosteiro de San Salvador de Lourenzá (2) semella que non ía tan desencamiñada, pois chegar chegaba ata a Cibdade (non á cidade de Vilanova de Lourenzá, senón ó vello asentamento da Idade do Ferro). Cecais a Cibdade do monte da Trinidade fose a misteriosa Cidade de Reiriz, que segundo a lenda recollida por Villaamil (1873: px. 74) fora afundida por un máxico.

(1) Na páxina 6 o autor fai mención ó Índice de documentos de Lourenzá: Antigüedades prehistóricas y célticas de Galicia, 1873.

(2) "A Furada dos Cas: a cova osuaria de J. Villaamil", blog Caderno de campo de Antonio Reigosa, 2019.

domingo, 22 de octubre de 2023

As cidades asolagadas de Galilea e Bragunde (Carballo)

 

Nomes dos Baixos de Baldaio segundo Adrián Abella.
(C) Dolores González de la Peña, 2023.

Fronte á praia de Arnedos (topónimo derivado do latín arenam, "area", praia formada polas de Razo e Baldaio, pertencentes ás parroquias de Razo e Lema) vese a inmensidade mariña cara Irlanda, e na liña do horizonte entre auga e ceo, a escuma das ondas que rompen contra as rochas que forman os perigosos baixos somerxidos de Baldaio.

Segundo nos informou Adrián Abella, cando un baixo queda ó descoberto dise que vela; hainos que velan sempre, e outros de cando en vez, dependendo das mareas e do estado do mar.

Os nomes dos baixos de Baldaio foron recollidos por Adrián e xeoposicionados por Vítor Garabana no seu magnífico proxecto Talasonimia da Costa Ártabra. ("Os talasónimos da costa ártabra. Colleitas de nomes mediante entrevistas a xentes do mar", Madrygal, 2014). Podedes ver os nomes consultando o proxecto no enlace: https://www.acorunha.gal/.

Hainos ben interesantes: algúns indican a especie que se pesca xunto deles (A Maragoteira, A Congreira, O Molroeiro), outros semellan estar nomeados así por certa semellanza entre o sector mariño e o terrádego agrícola (A Cortiña, As Lóngaras, A Senreda da Maior), outros polo efecto que produce a auga ó impactar contra eles (O Vapor, O Cachón Falso), etc. Hai diferentes motivacións á hora de se crear un talasónimo, e non sempre son as mesmas que xeran a toponimia terrestre. A talasonimia ten as súas propias reglas.

O irmán de Adrián Abella, Xelucho, ten recollida a existencia de dúas cidades asolagadas na costa de Razo e Lema, unha é a cidade de Galilea e outra a de Bragunde (Xeoantropoloxía mítica da Costa da Morte, 2019). Galilea é nome bíblico, elixido por semellanza acústica co de Galicia.

Segundo nos explicou onte Adrián, a lenda da cidade de Galilea permanace viva no nome dos Baixos de Baldaio chamados A Gran Campana e Seco do Norte da Gran Campana; esa "Campana" non é outra que a campá da igrexa da cidade de Galilea, que aínda se escoita soar cando o seu baixo vela. O feito lendario de dicir que se escoitan as campás baixo a auga é moi común nas lendas de cidades asolagadas.

A lenda da cidade asolagada de Galilea pervive tamén nun dito recollido por Manuel Ruibal do seu avó, o señor Pepe do Curro: "A Coruña será hundida, e Galilea, descuberta" (grabación do 22/10/23). Neste brevísimo conto augúrase o futuro asolagamento da cidade da Coruña, que irá acompañado do fenómeno oposto do emerxer das augas da vella cidade afundida de Galilea, nunha especie de cataclismo do fin do mundo.

Da vella cidade asolagada de Bragunde non temos máis datos que o seu nome. Situámola provisionalmente baixo o castro do Castrillón na baixada cara ó mar, nunhas leiras chamadas Bergonde ou Bragundi  (folla catastral) preto da marisma do Xuncal. Se facemos caso da etimoloxía do microtopónimo Bragunde fornecida por Piel, de Verecundus, vemos que seguramente sexa a ligazón etimolóxica coa verecundia, "vergoña", a razón que levou neste caso a xerar a lenda da cidade asolagada, castigada polo comportamento pouco honesto e cristián dos seus habitantes.

O motivo das xentes ou da cidade idólatra é perceptible na lenda da veciña cidade asolagada do Orzán, contada por vez primeira por Carlos Florencio (El Ideal Gallego, 29/6/1924). Nela nárrase como Xesús e San Pedro chegan ó monte San Pedro (Visma) e atopan unha multitude de xente que procedía dunha chaira entre dito monte e o da Torre de Hércules. Ían adorar unha divindade pagana ante unha ara de pedra. San Pedro para evitalo tocou a ara cunha pedra* que levaba e a ara caeu e fíxose po. Nese momento unha enorme onda ruxidoira e terrible avanzou sepultando por sempre a cidade idólatra; segundo os veciños aínda pódese ver en determinadas épocas do ano no fondo da enseada do Orzán.

*A pedra portada por San Pedro, segundo o relato de Florencio, tiña forma de almofada e servíalle ó santo para facer lume mediante o choque. Pódese imaxinar perfectamente un útil lítico prehistórico, unha pedra do raio ou cousa semellante (pedernal máis eslabón) que identifica as antigas divindades celestes e do raio (cfr. "El martillo del Nubeiro", Arqueotoponimia, 2015).


domingo, 8 de octubre de 2023

A cidade asolagada dos Cabaleiros (Tordoia) e A Pedra Pescada

 


Conta a lenda que na parroquia de Cabaleiros (Tordoia) houbo unha cidade chamada Cidade dos Cabaleiros, que foi asolagada, e no seu sitio formouse unha lagoa. A finais do século XIX e principios do XX aínda se podían atopar tellas e vigas petrificadas no lugar, e daquela unha das vacas do alcalde de Tordoia afundírase nela por ser un lugar especialmente pantanoso.

Xunto da lagoa había un menhir duns nove metros de altura por tres de diámetro. Sospeitamos que a pedrafita tiña por nome A Pedra Pescada, topónimo que aparece na cartografía catastral nomeando unhas parcelas xunto dos microtopónimos Lagoa de Adentro, Poza da Lagoa e Chousas da Lagoa. Ó ser visible, interpretaríase que non afundiu coa cidade porque foi "pescada". Do contrario, o nome de Pedra Pescada, se non fose porque aparentemente podería gardar relación coa lenda da cidade afundida nas augas, sería moi dificil de xustificar.

(1) Gaceta de Galicia, 7 de xullo de 1890; El Ideal Gallego, 30 de maio de 1926.

sábado, 22 de abril de 2023

A cidade asolagada da Capelada (Cedeira)

Contaba Federico Maciñeira no Almanaque de Ferrol (1907) que sobre os altos de Teixido existía unha pena que segundo as supersticións populares enxendraba os malos ventos que danaban os cultivos, polo que se fíxera unha rogativa con procesión das xentes para lle colocar no cumio unha cruz de ferro que aplacase o vento. Preto deste penido dos ventos, continúa don Federico, había varios túmulos dolménicos e alí mesmo os naturais da comarca supuñan a existencia de lexendarios pobos afundidos nas lagoíñas da penichaira.

Túmulos de Pedra Chantada na divisoria de augas e acaroados ó Penido dos Ventos (Cruz do Aceiro) nos altos sobre Santo André de Teixido. O arqueotopónimo Pedras Dreitas sinala o aliñamento de marcos do límite parroquial entre Régoa e Veiga; cecais fose un aliñamento de menhires prehistórico reaproveitado como límite territorial.





O maior dos túmulos funerarios da Pedra Chantada presenta aínda restos da cámara cun curioso muro baixo de pedra seca construído diante do ortostado da cabeceira, e mais unha pedra traballada en forma de dintel, semicircular por un lado e cun borde recto, actualmente ubicada diante da mámoa. A impresión xeral para as xentes do lugar puido ser a dun poboado afundido na braña lamacenta da Capelada, o que explicaría a lenda da cidade asolagada á que alude Maciñeira. 

miércoles, 6 de octubre de 2021

Dugium: e o mito fíxose realidade

Voi ch'entrate, lasciate ogni speranza


O Hío (Cangas) e Duio (Fisterra) quedan aproximadamente á mesma distancia de nove leguas do Castro Lupario (Rúa de Francos), e ámbolos dous topónimos son susceptibles de facerse derivar do étimo Dugium se temos en conta que o primeiro deles adoita aparecer formando parte dun sintagma preposicional que podería non ser tal, "... do Hío", senón unha falsa segmentación dunha forma *Dohío < Dugium.

Esta distancia das nove leguas aparece por exemplo na xenealoxía dos Rivadeneira, curiosa porque acumula case tódolos emprazamentos e mitos ligados ó culto xacobeo nun texto minúsculo; seguramente estes elementos (territorio e mitos) do culto xacobeo integraron os cultos pagáns anteriores fagocitados logo polo cristianismo.

(Libro antiguo de los linajes de Galicia, s. XV)

Rivadeneira "Ten seu pazo e solar no castelo chamado Lupario, dúas leguas de Iria, a donde cai Francos, e nove d Ara Sol da cidad de Duio, donde morava Lobo Lobesio fillo da señora Lupa, e fillo de Lobesio Rivaño, seu marido. Eran romanos, e ela, filla de Caio Augusto César Emperador e de súa segunda muller Cornelia. Esta Lupa quedou en Galiça a primeira vez que César trunfou d España. E tivo un fillo chamado Rivaño, que era señor de moitas [terras?]. [...] E Rivaño se convirtou á fe [...] viu ó apóstol Zebedeo quando facía as bodas en Bouzas de Miño a Caia Valeria, e meteuse o caballo no mar, e cobriuse de cunchas e vieiras. E falou cós discípulos do santo no mar, e logo alí o batizaron, e il batizou ós demáis daquela terra, e súa madre Lupa doou o pazo do Burgo ó apóstol Santiago, donde está sepultado, e illa juntamente con algúns seus fillos, ca tuvo moitos. Rivaño está sepultado no castro Illicino, onde reventou o dragón quando os discípulos foron catar ós bois pra llevar ó apóstol de Iria a o Burgo de Libredón, onde agora jaz". 

A lenda xacobea da cidade asolagada de Dugium (Duio - Xacopedia) atopámola no Hío, en Barra, que foi cuberta de area ou afundida como unha Atlántida: "algún tempo nas areas de Barra estaba a Vila de Troia que despois foi anegada por castigo" (Cuadernos de Estudios Gallegos, 1971).

O politólogo X. L. Barreiro rexeita a posibilidade de que o culto a Santiago se instalase sobre un culto pagán previo porque non hai noticias da "sustitución de dicho culto sin solución de continuidad -como sucedió en Éfeso, en Roma o en el Monte Gargano-, o si hubiese perdurado la memoria de un antiguo culto de importancia general que hacia los comienzos de la Edad Media plantease todavía un problema para la completa cristianización de la zona. Sin embargo, eso no parece ser así, ya que la ausencia de vestigios sólidos, y la falta de referencias literarias concluyentes no permiten pensar más que en un culto de importancia local" (apud Nieves Herrero, "La atracción turística de un espacio mítico: peregrinación al cabo Finisterre", Pasos, V. 7, nº 2, 2009).

Reducir a un ou outro lugar (O Hío ou Duio) ó Dugium da tradición xacobea ten o seu interese, xa que, logo, podería esclarecer por que o apóstolo Santiago cós seus discípulos acabou por vir, se é que veu persoalmente, á Galicia, a este recuncho onde adoita argumentarse que non habería nada importante que xustificase a súa visita pastoral. E logho, non?

Pois no Facho de Donón (O Hío) atopábase o santuario máis importante da Península, lugar de peregrinación galaico-romano no que se acharon máis de 175 aras votivas adicadas ó deus Berobreo: "el dios a quien se dedican las más de 175 aras recibe el apelativo de Lar Berobreo y no se conoce otro lugar en el que exista tan alta concentración de aras dedicadas a un mismo dios indígena. Además, estas aras tienen la particularidad de ser también estelas hincadas, con connotaciones funerarias, levantadas por dedicantes anónimos. Finalmente, en relación con las aras, consta que comenzaron a ser colocadas a finales del siglo II d.C, prolongándose este ritual durante, al menos, cinco o seis generaciones, hasta que a comienzos del siglo V d.C. aparecen indicios de cristianización y desaparecen las evidencias de su uso" (DECRETO 53/2013, de 14 de marzo, por el que se declara bien de interés cultural, con la categoría de zona arqueológica, el Facho de Donón).

Ademáis "la mayoría de los altares estaban caídos en o muy cerca de su posición original. Muchos se rompieron in actu [...]. Otras piezas parecen haber sido destrozadas intencionadamente, posiblemente en un acto ritual y claramente sin un cambio de los paradigmata religiosos tradicionales" (Koch, "El santuario dedicado a Berobreo en el Monte do Facho (Cangas, Galicia)", Acta Paleohispánica 9, 2005). É dicir, o que para Koch supón unha destrución sen motivo, pois non era quen de albiscar o cambio de paradigma relixioso aló polo século V, para nós é unha destrución dos vellos ídolos polo cristianismo primitivo, cecais a mesma que executaron, segundo a tradición, os discípulos de Santiago.


Aras do Facho de Donón (O Hío), algunhas aspadas coas características cruces de Santo André.
(C) Museo Municipal de Vigo.

A inxente cantidade de estelas funerarias converten ó santuario do Facho nun lugar de peregrinación semellante ó de Santo André de Teixido, santuario da morte ó que hai que acudir preferentemente en vida ("vai de morto quen non foi de vivo"). Non é casualidade, pois, que a advocación da parroquia do Hío sexa tambén a de Santo André. O carácter funerario do santuario do Facho convén tamén có motivo lexendario no cal a Raíña Lupa envía ós discípulos a Dugium (O Hío) para darlle sepultura ó apóstolo.

A fundación do Hío, cuxo territorio ten forma de coiro de vaca, segundo se menciona no Catastro de Ensenada ("su figura, la de un cuero de vaca extendido") remite ás delimitacións territoriais arcaicas que temos estudado na entrada "A legua do frade: a demarcación territorial cunha pel de boi" (2020), nas que de novo saen a Raíña Lupa e o apóstolo Santiago como executores das mesmas.

domingo, 14 de marzo de 2021

Menhir mariño en Fornoucos (Coto da Modia - Vilasuso, Narón)


Moi preto do dobre castro de Vilasuso (Narón), composto polos dous recintos da Pedreira de Arriba e a de Abaixo, pero non cara o val, senón na outra vertente que mira ó mar, e no lugar de Fornoucos (Coto da Modia), o meu irmao atopou hoxe este interesante menhir que, pola nosa parte, consideramos que podería ter funcionado como sinal de navegación ou en relación coa pesca, como os kummeli suecos. Xa que, logo, vese dende o mar.

 Menhir de Fornoucos enfiando Punta Campelo. (C) Andregoto Galíndez, 2021.

Presenta forma bifacial, é dicir, está aparentemente labrado como unha ferramenta prehistórica, cecais coa mesma técnica. Pola súa cara posterior ten como unha espalda coa curva da lordose, bulbo característico do proceso de talla para desprendelo do grande bolo ó seu carón. Na cara frontal e na súa parte máis distal aínda poden percibirse as pegadas duns retoques no extremo. Neste senso, aseméllase ós menhires do Bas Léon descritos por Tilley, labrados "in the form of giant axes" (The Materiality of Stone, 2004, px. 47); como eles, ten tamén na súa cara dianteira nódulos doutro mineral máis escuro que lembran machados puídos.

Extremo coas pegadas da talla. (C) Andregoto Galíndez, 2021.

Nódulo máis escuro encastrado no menhir; ten forma de machado puído.
(C) Andregoto Galíndez, 2021.

Está orientado cara ó océano, nunha liña imaxinaria que pasaría polo punto máis occidental da Irlanda e Islandia ata Groenlandia, ó estilo dos Menhires pola Paz coruñeses, só que este non é de antonte. Neste punto, aseméllase de novo ós menhires bretóns (Tilley, no estudo citado), pois algúns forman longos aliñamentos na costa conectando visualmente con promontorios destacados como Cap Sizun e a Península de Crozón. No folklore da Pena Molegha documéntase a lenda (1) de que as pedras transfórmanse nun rei e os seus cabaleiros na mañá de San Xoan, para despregarse pola contorna e protexela. O que coincide coa función tutelar que propón Tilley para os menhires mariños da Bretaña francesa. De que teñen que protexer o territorio?

Contraforte xeolóxico que ampara o Val de Trasancos. Resto dos pregamentos hercínicos que conformaron a orografía galega. É o único caso que está tan preto da costa e orientado paralelamente a ela. (C) Imaxe capturada do Google Earth.

Tilley expón que un dos principais motivos para erixir os menhires nas costas é que poideron ter actuado como medio simbólico de deter os futuros avances do mar nunha época na que as transgresións mariñas foron moi intensas. A lenda que rodea o menhir de Men-Marz en Haute-Léon confirma a súa proposta: din que foi chantado máxicamente pola irmá de San Pol, e dende entón o mar cesou no seu avance devastador das terras da abadía. Na costa ártabra precisamente onde se sitúa o noso menhir temos dúas lendas de cidades asolagadas: a de Valverde en Doniños e a de Marnela en Pantín. Baixo el e xa na beira do mar, o castro de Pena Lopesa, estragado polo avance mariño.

Castro de Pena Lopesa, o Tintagel ártabro (segundo carteis informativos de Vilasuso).
(C) Anxo Martínez-de Alegría, 2021.

Sébillot na súa obra Le Folklore de France (1904, px. 330) anota tamén uns casos que poderían entrar nesta función protectora das pedras contra ó asolagamento da terra. Pedras que se son quitadas de onde están, do burato manaría unha grande cantidade de auga que somerxería o mundo; ou sexa, son pedras que teñen unha función de tapón inverso (válvula antirretorno) entre o medio acuático e o terrestre.

Vista do océano dende o menhir. Unha paisaxe e un ecosistema excepcionais, afortunadamente protexidos dos eólicos pola Rede Natura 2000. (C) Andregoto Galíndez, 2021.

Existen rutas a pé promovidas polo Concello de Narón no entorno natural desta costa: Ruta Pena Molexa - Monte da Lagoa.

(1) Pena Graña, Narón. Un concello con historia de seu, I, 1991.

lunes, 2 de julio de 2018

Una leyenda sobre la formación de las Rías Altas

En Google Earth cualquiera puede ver perfectamente que el origen geológico de las Rías Altas y el de las Baixas es distinto.

Las Rías Altas -sobre todo se perciben mejor las del Golfo Ártabro (Ferrol, Ares, Betanzos y O Burgo)-, siempre estuvieron en contacto con el océano, observándose un páleo-Golfo Ártabro idéntico al actual y sumergido por deslizamiento y ligero estiramiento de la plataforma continental a unos 150 km al norte de la costa, entre los puntos 1 (páleo-Cabo Ortegal) y 2 (páleo-chaflán de A Costa da Morte).

Por su parte, la costa oeste de Galicia, que llegaba hasta el punto 3 (páleo-Cabo Finisterre) a 600 km de la costa actual, sufrió un estiramiento mucho mayor, así como una fractura o rift en forma de depresión longitudinal paralela a la costa actual (punto 4) que cortó abruptamente los ríos del frente atlántico, que en algún caso cayeron en cascada al océano, como el Ézaro o Xallas. Esto explica por qué los ríos que forman las rías de la costa oeste de Galicia son cortos y encajonados; en realidad estamos viendo una pequeña parte de su recorrido, su nacimiento y tramo inicial, pues la desembocadura original hoy está sumergida 600 km al oeste, bajo el punto 3. Concretamente bajo mi número 3 intuyo lo que podría haber sido la desembocadura del páleo-Ulla en la páleo-Ría de Arousa.

Bajo el punto 3, desembocadura del río Ulla, a 700 km de Monterroso; sobre él, el cabo Finisterre cuando era todavía más finis terrae. (C) Google Earth y A. Galíndez.

Evidentemente, toda la parte de Galicia sumergida por estos antiquísimos procesos geológicos nunca tuvo nombres, pues por entonces, en eras geológicas de incierta denominación, no existíamos los seres humanos. Aunque quizá sí quede constancia de eventos posteriores consecuencia de estos procesos, pero ya dentro de una cronología humana, en forma de vestigios toponímicos y leyendas. 

Aunque resulte evidente esta interpretación de la imagen de satélite, a partir de la cual se deduce que las tierras sumergidas en el punto 3 formaron parte de Galicia hasta que se desprendieron de ella, conviene citar la opinión de un experto como Vidal Romaní: en 1996 plantea que la tectónica de placas dio lugar a “dos grandes eventos geodinámicos de la costa gallega [...]. En la costa oeste se producirá un estiramiento y adelgazamiento de la corteza que es la causa del fraccionamiento de la misma en un rosario de bloques que llega desde 600 km al oeste de la costa atlántica hasta la Galicia continental. En la costa norte, y como resultado de la colisión entre la placa euroasiática y la placa de Iberia, tendrá lugar entre el cretácico y el eoceno un breve intervalo de subducción, a consecuencia del cual se producirá el levantamiento del borde costero con la elevación del cabo Ortegal y la emersión de la rasa cantábrica, junto a la formación de la fosa oceánica que delimita la península Ibérica en su parte norte entre los Pirineos y cabo Ortegal” (1).

Son, pues, dos procesos distintos: en la formacion de las Rías Baixas hay estiramiento y ruptura, que crea dos perfiles de costa distintos (actual y sumergido), y en las Altas, elevación, lo que permite la conservación del perfil de costa duplicado en lo que hemos denominado páleo-Golfo Ártabro, con pequeñísimas diferencias que pasamos a evidenciar gracias al folklore de las Rías Altas.

Es muy conocida la leyenda etiológica según la cual Dios (sospechamos que está cristianizada, y que en la versión primitiva fue A Vella) descansó en la costa gallega apoyando su mano en la tierra; la huella de los dedos de Dios son los surcos de las Rías Baixas.

Es mucho menos conocida la leyenda de Abad (Moeche) de la carrera de las tres fuentes hermanas, estudiada por Bouza-Brey 1942, Risco 1962, y en 2016 por Víctor Alonso Troncoso en un artículo publicado en Anuario Brigantino ("El relato eumés de las tres fuentes hermanas: ¿un antiguo mito fluvial?").

La leyenda presenta la peculiaridad de que es única en el folklore gallego (2). En mi opinión se relaciona con la formación de las Rías Altas en época remota.

"Naceron tres fontes moi xuntas, como tres irmás e o mar prometéulles que lles daría unha persoa todolos anos á primeira das fontes que chegase deica il. As tres puxéronse a camiñar, mais coa envexa que se tiñan, algo cansas, botáronse a dormir, mais antes acordaron que a primeira que espertase había chamar polas outras. Espertóu unha, e en lugar de compril-a promesa de espertar ás outras, marchóu ela soia, caladiñamente e procurando que non a viran. Logo espertóu outra, e vendo que non a chamaran, marchóu furiosa, anque tamén caladamente, pra que non o soupese a terceira. Cando ésta acordóu, atopouse soia, e emprincipióu a correr como unha tola, choutando por riba de montes e penedos, e chegóu primeiro que as irmás. É o río das Pontes de García Rodríguez, que todolos anos tén de renda unha persoa que lle dá o mar, e por eso brúa tanto e é tan falso".

En el mito, como se ve, sólo se identifica claramente al río Eume, que aparece mencionado como "río das Pontes de García Rodríguez". Para las otras dos hermanas se han supuesto el río Sor y el Landro o bien el Masma, pues todos nacen próximos (en O Xistral). Pero dado que las hermanas corren juntas, podría defenderse con seguridad que una de ellas haya sido el Xubia, que además pasa por Moeche. En cuanto al Sor, cabe señalar su homonimia con el latín sor, "hermana", y el hecho de que su curso se forma en Ambosores (¿dos hermanas?) donde se juntan dos ríos. Xaverio Ballester tiene un interesante estudio (Deva y otros devaneos arqueoibéricos, 2009) sobre la tendencia paleoeuropea a nombrar los ríos como si se tratara de linajes humanos: el Marne ( < Matrona). En el sistema fluvial de las Three Sisters irlandesas (rios Barrow, Nore y Suir), el Suir lleva un nombre que en irlandes significa hermana (3).

Volviendo a nuestro mito fluvial: la carrera de las tres hermanas es una carrera geológica para formar la paleotopografía de las Rías Altas. Uno de los ríos alcanza el mar antes que los demás, y de ello queda constancia en la leyenda y en el perfil del antiguo Golfo Ártabro sumergido a 150 km de la costa actual, donde se observa un sistema fluvial primigenio ligeramente distinto al moderno, cuya estructura, de haberse mantenido en el tiempo lo suficiente, pudo haber sido observada por el ser humano y plasmada en forma de mito.


Alonso Troncoso encuentra evidencias de esta leyenda en las Islas Británicas, lo que le sirve, junto con el folklore de las ciudades asolagadas, para formar la hipótesis de su introducción en Galicia cuando el establecimiento bretón del siglo V d.C. En mi opinión, tanto el tipo de mito de la carrera de los tres ríos como el de las ciudades asolagadas, a ambos lados del océano Céltico, corresponden a mitos etiológicos de sociedades que presenciaron modificaciones importantes de su entorno natural costero.


Podemos concluir afirmando que las dos leyendas etiológicas sobre la formación de las rías gallegas (los dedos de la mano de Dios y la carrera de las tres fuentes hermanas) representan los dos diferentes procesos geológicos de formación de las Rías Baixas y Altas de Galicia.

(1) De Méndez y Rey, "Perspectiva histórica del conocimiento geológico de las rías gallegas", Journal of Iberian Geology, 2000.
(2) Me indica amablemente el profesor Marcial Tenreiro Bermúdez que la misma leyenda aparece diseminada en Portugal. Efectivamente: fue estudiada por Leite de Vasconcelos en sus Tradições populares de Portugal 1882 ("o somno dos ríos"), y en ella participan, según las versiones, tríadas de ríos diferentes. Guadiana, Tejo y Douro (v. de Mondim da Beira); Tamega, Douro y Tejo (v. de Famalicão); Douro, Tejo y Minho (v. de Porto); Mondego, Zezere y Alva (Serra da Estrela). La distribución de la leyenda en el ámbito galaico-lusitano imposibilita, en mi opinión, justificar su filiación bretona al aparecer en el país vecino, donde no hubo presencia histórica de colonos bretones.
(3) "On the rivers of Ireland, with the derivations of their names", Owen Connellan, 1869.

miércoles, 15 de noviembre de 2017

El lago Ness de Doniños

La laguna de Doniños en Ferrol es uno de los casos mejor conocidos y estudiados dentro del folklore atlántico sobre las ciudades asolagadas. En ella, según la leyenda, se ubicaba la ciudad de Valverde antes de su inundación (J.J. Burgoa, As cidades asolagadas de Galicia, Revista de Investigación "Etnografía", nº 2, 2010 y V. Alonso Troncoso, "A carón do Camiño: as lendas de cidades asolagadas", 1997).

Con el testimonio que presentamos a continuación se convierte también en el primer caso gallego de laguna abisal (sin fondo), poblada por especies monstruosas como en el caso del lago Ness, motivo que pertenece asimismo al folklore celtoatlántico y entra de lleno en el campo de la criptozoología.

En esta línea cabe aducir la lucha del hiberniense San Columbano contra el monstruo del lago Ness, Nessie, y algún otro combate del mismo santo y su discípulo San Gallo contra otro monstruo abisal en Brigantium (quién sabe si en el Brigantium suizo o en el galaico): Charles Forbes, The Monks of the West, 1872, pg. 579.

"[Trasancos] tiene tres lagos de bastante magnitud, el primero y mayor es el de Doniños, en el que se pesca muchísima [por]ción de peces de extraordinario tamaño, como son m[úgiles] de a cincuenta libras, y algunos de más, barbos de diez [...] y anguilas disformes, algunas de peso de treinta libras. Para comerlas es necesario desollarlas, siendo en las [...] u ordinarias de dos y tres libras lo más sabroso el pellejo. Al lago en su centro no se le encuentra fondo. El segundo [es] el que está en la feligresía de su nombre (1), también abunda [de pes]ca aunque no de tanta magnitud como la del anterior y la mayor porción son múgiles. El de Marnela, que está en la feligresía de Pantín es el tercero, que sólo produce junco". Descripción remitida por el párroco de San Esteban de Sedes a Tomás López a finales del s. XVIII (Diccionario geográfico de España: La Coruña y Lugo, BNE, ms. 7297, pg. 499 del visor de documentos).

Leo en la Wikipedia, para hacerme una idea del peso normal del mújol, que algunos ejemplares excepcionales miden 1 metro y pueden llegar a pesar 2 kilos, por lo que los de la laguna de Doniños, de hasta 25 kilos, serían ejemplares realmente espeluznantes; por su parte, el mayor ejemplar descrito de anguila, también según la Wikipedia, tenía 1,33 metros y pesaba 6,6 kilos, frente a las de Doniños, que alcanzaban los 15 kilos y son calificadas por el párroco de Sedes de "disformes", es decir, de proporciones monstruosas. El Barbus Duniensis, en cambio, no es para tanto, pues aunque el peso en libras no se lee completo porque el escaneado de la BNE ha cortado parte del texto, quedaría dentro de los pesos máximos que pueden alcanzar los ejemplares mayores, unos 10 kilos.

La leyenda de la ciudad asolagada del lago de Doniños (Valverde) que recoge Lois Carré-Alvarellos en Contos Populares da Galiza, Porto, 1968, también refiere la existencia de un pozo sin fondo en el centro de la laguna, que se traga a cuanto mariñeiro pase junto a él aunque vaya en una embarcación de las mayores.

Por otra parte, el fragmento también nos informa del antiguo nombre del lago de Marnela en Pantín, con lo que se demuestra la conjetura del profesor Porto Dapena, que apostaba por la hipótesis de Piel sobre el origen de este hidrónimo a partir del celta MARNE, "terreo pantanoso e anagadizo". Indicaba el profesor que "o nome de Marnela non correspondería á zona habitada onde se atopa a ermida de San Martiño, senón á parte anegada, a que hoxe é coñecida en Pantín baixo a denominación de A Fraga ou, raras veces O Pantano" (Diccionario toponímico do concello e ría de Cedeira, 2014).

Lamentablemente, aunque en Marnela también hay ciudad asolagada según el folklore (Lucerna), su laguna sólo produce juncos; carece de monstruos. Por ello nos quedamos de momento únicamente con el caso de Doniños como ejemplo galaico que presenta el motivo de la laguna abisal poblada por especies monstruosas propio del folklore celtoatlántico.

(1) Actual laguna de A Frouxeira, feligresía de Lago.

domingo, 13 de septiembre de 2015

Lugo: la legendaria ciudad asolagada de Lucerna


A Mosqueira, murallas de Lugo. Semanario pintoresco español, 6/10/1850, n.º 40, página 1. (C) BNE.

"Les tors sont hautes, ke resemblent clocier: grans sont les motes et parfont li vivier" = las torres son tan altas que parecen campanarios, los fosos son grandes y profundo el canal. Descripción de Lucerna según el Anseïs de Cartage.

Antón Santamarina en "A lexendaria vila de Lucerna" parece que se propone aclarar la etimología del misterioso topónimo Lucerna; hasta en tres ocasiones su breve artículo anuncia el esclarecimiento del nombre sin resolverse en aportación filológica alguna. Ya casi al final leemos que con el estudio de Bédier "non queda mesmo así aclarado o nome desta lexendaria vila. Compre, xa que logo, recurrirmos á prehistoria e á etnoloxía", pero la última expectativa que se nos abre queda ahí, y el artículo concluye, como el trabajo de Bédier, dejándonos in albis, sin étimo para Lucerna a no ser el topónimo suizo, lo que supone trasladar el enigma onomástico a otro lugar.

La etimología del topónimo y sustantivo lucerna no tiene nada de misteriosa; se trata de un derivado del latín lux, "luz", y tiene por lo tanto significados similares: "lámpara, linterna, luminaria". Lo interesante de su etimología es que en la antigüedad se creía que el sustantivo y topónimo lucus también provenía de lux, lucis, tal vez por antífrasis, precisamente porque en los lucos no entraba la luz ("Lucus, a non lucendo").

Aunque es muy probable que esta etimología de Lugo en relación con lux sea incorrecta, el hecho de que en la antigüedad se creyese en la relación etimológica entre Lucerna y Lugo proporciona apoyo para su consideración como sinónimos intercambiables. Según esta posibilidad, las menciones a la legendaria ciudad de Lucerna, fundamentalmente del Pseudo Turpín y de la épica francesa, serían variantes del topónimo galaico Luco > Lugo.

La prueba real y tangible de que esto fue así se encuentra en la División de Wamba, en concreto en los textos posteriores que la repiten transmutando su verdadero nombre: "Luco teneat de Laguna usque Busam, de Monte Soto usque Quintana" / "Lucerna tenga desde la Laguna fasta en Losa e de Monte de Soto fasta Quintana". Lugo y Lucerna eran un mismo lugar, tanto es así que en ocasiones hasta se habla del "obispado de Lucerna" trasladado a Oviedo, dato histórico que se corresponde con la traslación de la sede de Lugo a Oviedo.

Tras la toma de Lucerna por Carlomagno con la ayuda del apóstol Santiago la ciudad quedó desierta, surgiendo en su interior un extraño estanque donde había grandes peces negros: "gurges atri amnis in medio eius surrexit, in quo magni pisces nigri habentur".



Reconstrucción del mosaico de Batitales (Lugo) con busto de Neptuno entre grandes peces negros (delfines), realizado a partir de animales o partes de animales marinos, camarones en la barba, antenas de langosta, percebes y pinzas de crustáceos como cuernos y orejas, barbos como hombros. (C) Lugotea.com


domingo, 15 de febrero de 2015

Langosteira

Estoy releyendo la nueva e imprescindible obra del profesor Porto Dapena, Diccionario toponímico do concello e ría de Cedeira (Anexos de la Revista de Lexicografía, nº 27, Universidade da Coruña, 2014), muy recomendable por su rigor y amplitud, así como por su magistral introducción a la disciplina toponomástica. Desde aquí quiero agradecerle el detalle que ha tenido regalándome un ejemplar de su libro, lo que me ha proporcionado la oportunidad de conocer personalmente al sabio y entrañable filólogo que tanto admiro. Seguramente que en mis futuras entradas del blog remitiré más de una vez a las de su diccionario.

Llegada a la entrada que dedica a Chao da Langosteira, "nome dunha zona da costa de Pantín, que é de supoñer que alude á abundancia de langostas, ben seguro hoxe inexistentes", recordé el talasónimo de Finisterre, el famoso Areal de Langosteira, que servía de límite a San Martiño de Duio en la Edad Media: "Termini ecclesie Sancti Martini sunt isti: de una parte per illam aquam de illo riuulo de Trunco sicut uadit et intrat in mare de arena de Locustaria" (año 1135).

Aunque resulte evidente la conexión del talasónimo medieval con la raíz latina locusta, "langosta", pudiendo ser ambos lugares caladeros o zonas abundantes en este marisco, en mi opinión no se puede descartar que los integrantes de esta serie toponímica remitan a dos étimos, siendo uno el latín locusta, "langosta", y el otro el latín lacus, "lago, ensenada marina". Locustaria / lacustaria, y sus derivados romances (Langosteira, o el Llagostera gerundense, situado en el interior, donde es imposible que se dé la langosta) podrían designar también zonas de inundación marina o fluvial. En particular, en la playa de Langosteira de Duio se localiza folklóricamente la ciudad asolagada de Dugium, "hoy casi cubierta por el mar , pero de la cual aún se ven algunos indicios cerca del arenal de Lagosteira" (Historia de la Santa Iglesia de Santiago de Compostela, López Ferreiro).

domingo, 30 de noviembre de 2014

Dindshenchas

Celso de Baión (Xosé María Álvarez Blázquez) tiene un curioso opúsculo titulado Os nomes da terra recollidos do pobo, editado en 1976, en el que compila varias etimologías populares que explican el significado de algunos topónimos gallegos. En su "Limiar" el autor expone que la etimología popular de los topónimos es un género literario oral desconocido, "non estudado nin tan siquera considerado ate agora antre nós", y traza un breve esquema de las fórmulas que emplea el pueblo para dar rienda suelta a su fantasía especulativa:

a) interpretación del topónimo por medio del habla vulgar
b) integración del topónimo en un supuesto histórico o legendario que aporta el nombre clave
c) asimilación popular de tradiciones etimológicas semicultas, tomadas de las falsas crónicas

Gracias a Celso de Baión conocemos a Manoel Fresco, uno de los últimos fili o creadores del género: "a iste lugar tan encostado chámanlle Sobilas, polas moitas costas que ten, e do mesmo modo poderían chamarlle Baixalas", "tamén hai quen di que iste noso Baión é o marido de Baiona, que rifaron un día e separáronse", "Bemposta foi fundada por unha raíña do tempo dos mouros, que era moi guapa e gallarda; ben posta, vaia".

El segundo tipo de fórmula propuesta por Álvarez Blázquez, quizá la más importante, se sirve de episodios fabulados (combates, encuentros amorosos, aventuras) que constituyen el folklore de los nombres de lugar, en los que se insertan los topónimos casi siempre como si fuesen los nombres propios de míticos protagonistas (p. ej. "A lenda da fundazón da Cruña").

En Irlanda constituyó por si misma el género literario denominado Dindshenchas, cuya primera recopilación se contiene en el Libro del Leinster (siglo XII).

En Galicia la recopilación del folklore asociado a los nombres de lugar, que explica el origen de los topónimos o la topografía de los lugares, está todavía por hacer, dispersa en obras generales sobre folklore, etnografía, cronicones, etc. lo que no significa que no exista como género innominado, como pone de relieve Álvarez Blázquez. Otra fuente inestimable son los escudos de las villas, en los que a menudo se plasman esculpidas en piedra suposiciones etimológicas (Ferrol, de "farol"), o incluso leyendas fundacionales íntegras (y volvemos al ejemplo de la ciudad de A Coruña, con la calavera de Gerión enterrada bajo la Torre de Hércules).

Para muestra, el impresionante botón del dindschenchas de O Puzo da Xila (río Barbaña, Ourense), recogido por Leandro Carré Alvarellos en sus Lendas tradizonaes galegas, que coincide exactamente en su formulación con la antiquísima versión irlandesa del dindschenchas de Loch Gile (puzo = loch): el baño de la doncella, el encuentro con el enamorado, la vergüenza, el suicidio por ahogamiento, y finalmente la explicación del hidrónimo (1). Guarda cierta relación, también, con la leyenda de las tres fuentes de Santa Mariña de Augas Santas.

"Perto d'un muíño que se erguía â beira do río Barbaña, nos arrabaldos do Ourens de hoxe, moraba un home chamado Sidro, que tiña a acea á seu coido. Era ele vasalo do conde de Castel-Ramiro, ao que tiña unha empencha fonda e rabuxenta por mor de que o conde rausara a sua muller, que era moi garrida, e fora cousa da morte dela.

Sidro tiña unha filla, máis fermoso aínda do que a nai, e Sidro vixiaba e gardaba ista filla coma un tesouro por medo de que o mesmo, ou outro señor calquera, a coñecera e pretendera facer pouco d'ela, imitando a conduta seguida coa nai da rapariga.

Mais Sidro tiña que ire algunhas vegadas â vila, e, unha d'estas, acontecéu que a un fillo do mesmo conde de Castel-Ramiro, rapaz lanzal e forte, cadróulle de pasar a carón do muíño cando Xila, a filla de Sidro estaba lavándose as lindas pernas no rio. O fidalgo ollóu para a rapariga, que era coma un sol, e sentíu debezos de facela sua. A nena cando víu aquel home que a fitaba con degoro, envergoñada e témera, côrada coma unha cereixa, tentóu fuxir; mais ele, ríndose dos seus medos e dos seus mixiricos, corréu após d'ela e abrangueuna cando xa ía entrar no muíño, impedíndolle pechal-a porta.

Xila, que non sabía o que amor era, sentíuse engaiolada para sempre nas verbas e nos aloumiños d'aquel mozo, que fixera acordar no seu corazón sensazóns e cobizas gratas e insospeitadas. Dende aquela, os amantes víanse algunhas veces nas ausencias do pai de Xila, ou cando a nena iba ao monte en procura de leña para o lar.

Mas o pai, sempre vixiante, asmóu decontado o que acontecía e puido comprobar que a súa filla caera tamén nas artes do demo.

O home coidou tolear coa carraxe; mas tivo azos para contar os pulos da sua xenreira, e axexóu con cautela d'alí en diante ata que unha serán puido cañar o xoven fidalgo, cando voltaba afiuzadamente despóis das súas espansións amorosas con Xila, e, botándose súpetamente á ele, chantóulle un coitelo no corazón.

O Conde decatóuse logo que o muiñeiro poidera ter parte na morte do fillo, e envióu seus criados pra que levaran a Sidro â sua presencia. Era tanta a xenreira d'este que axiña se descobríu, e foi enforcado.

Foron moitas as disgracias que caeron xuntas enriba da coitada Xila; e non podía soportalas. O seu xuicio tresvarióu, e nun rauto de tolería, coma unha nova Ofelia, mergullouse no puzo que perto do muíño formaba o río.

Por eso chámanlle dende entón á aquel lugar "O Puzo da Xila".

La película de Bergman, El manantial de la doncella (1960), basada en una leyenda popular sueca que explica el nombre de una fuente por la violación y muerte de una joven, conecta las fórmulas de este antiguo género literario con el Báltico, dificultando su adscripción cultural, que podría ser incluso preindoeuropea (fino-báltica). El nacimiento de la fuente donde reposaba la cabeza de la doncella se sitúa en el minuto 1:23:

Otra coincidencia la tenemos en la explicación, por etimología popular, de los topónimos gallegos Boimorto, Boído y Boimil y la del irlandés Benn Boguine, en virtud de la homonimia que se produce en estas lenguas entre la primera parte de los topónimos y los términos derivados del indoeuropeo *gwou, "buey, ganado" > boi (gallego), bo (gaélico):

"En tempos antergos, cando aquelas terras aínda non tiñan nome, pasóu por alí un rico propietario de moito gando -mil ou máis cabezas, asegúrase-. E como quer que o pasto era bo, parouse alí de asento pra que a facenda pastara nos fartos herbales. As xentes que tal viron asombrábanse de tanta riqueza, e quedóulle ao lugar o nome de Boi-mil.

Nesto acontecéu que un dos bois moscóuse e botóu a fuxir. Andaba o animal un pouco arredado da manada, e aquil sitio chamóuse Boi-ido. Mandóu o amo aos mozos pastores que fosen recadalo; correron en pos del, pero non conseguiron botarlle man porque era moi bravo. Enton determinaron de darlle morte, pra aproveitar polo menos a carne e máis o pelexo. O remate da historia deu orixe ao nome do lugar: Boi-morto. ¡Velaí!" (A. Cotarelo, revista NÓS, nº 48 - tomado de Os nomes da terra recollidos do pobo).

Asimismo, las leyendas de ciudades asolagadas, bien estudiadas en nuestro folklore por Fernando Alonso Romero o Víctor Alonso Troncoso, deben considerarse parte de este subgénero que intenta explicar los nombres de lugar por cualidades relevantes de su topografía: la explicación de Marnela (Pantín) como "a mar nela", o la de Bretal (Barbanza) insertada en la siguiente leyenda "a Virxe estaba no Bretal e os homes brasfemaban, enfadouse e dixo: "Non quero Ver Tal" e o pobo foi asolagado" (Alonso Troncoso, "Á carón do Camiño: as lendas das cidades asolagadas"), no son muy diferentes del dindschenchas sobre Dublín ("The Prose Tales in the Rennes Dindsenchas", nº 26 - "Duiblin", ed. Whitley Stokes, Revue celtique, t. XIV, 1894).

Es imprescindible mencionar, dentro del segundo tipo de Celso de Baión pero con notas del tercero, el dindshenchas doble del Pico Sacro, en el que se inserta nada menos que el traslado del Apóstol Santiago. Tiene en común con algunos de los irlandeses que en la topografía objeto de la leyenda aparece el motivo de la sepultura del héroe o del santo. Veamos una de las versiones: "quondam Ilicinus dictus est, post adventum Sancti Jacobi Mons Sacer est appellatus, quia septem Pontificibus Discipulis B. Jacobi aspersus sacramento salis, & aquae, & ab omni spurcitia diaboli, & afflatu pestiferi draconis purgatus" (Antonio de Yepes, Crónica de San Benito; otra versión en Díaz y Díaz, Escritos jacobeos). Sacro porque fue purificado por los siete discípulos, Ilicino porque en él habitaba el dragón de pestífero aliento. Dice Díaz y Díaz que no se explica muy claramente qué relación puede haber entre el episodio del dragón y el cambio de nombre del monte. Cierto, la relación que habrá de establecerse es entre el dragón y el nombre antiguo del monte, ya que ilicinus, en los glosarios antiguos, es una serpiente que habita en los robles o encinas (ilex), se caracteriza por un olor apestoso y maligno que mata todo lo que tiene que delante (Avicena). Parece claro que la historia del dragón de Pico Sacro habrá de relacionarse con la transmisión al pueblo de esta explicación evidentemente culta del topónimo Ilicino, encerrada en una de las leyendas más importantes que forman nuestro corpus de folklore de los nombres de lugar.

(1) Nota del 8/9/22. Al encontrar posteriormente otra leyenda similar en el diario La Noche (15 de diciembre de 1962) referida a la doncella de la Pedra da Ola (Godos - río Umia) pasamos a clasificar estas dos leyendas, la del Puzo da Xila y la de Loch Gile, junto con las de las rusalki eslavas, espíritus acuáticos femeninos de doncellas que se suicidaron por desamor: 

"Preto a Godos, discurre o río Umia, e n-il —cáseque no mesmo medio— hai unha pedra que sabe Deus dende cando lle chaman a "Pedra d-a Ola". Pois ben, aquí chegou unha moza, a máis belida siguramente d-o logar de Wamba, e tirouse á auga, sumerxeose n-ela e desaparesceu. Pero d-alí a pouco pasou pol-a beira d-a "Pedra d-a Ola", unha parexa de namorados moi xuntos i encariñados, i entón a belida moza aparesceu na cume d-a pedra, con un longo, espeso e onduado cabelo negro com as amoras d-as silveiras, ollos graucos e febrentos, beizos carnosos e corpo esbelto como d-unha haitiana... E gritou: "¡Non lle fagas caso!", ¡Ise é outro Wamba!"... E sin máis volveo a sumerxirse".