Conta a lenda que na parroquia de Cabaleiros (Tordoia) houbo unha cidade chamada Cidade dos Cabaleiros, que foi asolagada, e no seu sitio formouse unha lagoa. A finais do século XIX e principios do XX aínda se podían atopar tellas e vigas petrificadas no lugar, e daquela unha das vacas do alcalde de Tordoia afundírase nela por ser un lugar especialmente pantanoso.
Xunto da lagoa había un menhir duns nove metros de altura por tres de diámetro. Sospeitamos que a pedrafita tiña por nome A Pedra Pescada, topónimo que aparece na cartografía catastral nomeando unhas parcelas xunto dos microtopónimos Lagoa de Adentro, Poza da Lagoa e Chousas da Lagoa. Ó ser visible, interpretaríase que non afundiu coa cidade porque foi "pescada". Do contrario, o nome de Pedra Pescada, se non fose porque aparentemente podería gardar relación coa lenda da cidade afundida nas augas, sería moi dificil de xustificar.
(1) Gaceta de Galicia, 7 de xullo de 1890; El Ideal Gallego, 30 de maio de 1926.
No hay comentarios:
Publicar un comentario