Toponimia prerromana, hidronimia paleoeuropea, etnografía, megalitismo e arte rupestre. Se chegaches aquí por Google e non te levou á entrada que procurabas, volta a repetir a búsqueda dende Bing! ou usa o buscador interno do blog. Grazas!
martes, 14 de julio de 2026
Pedra Cedeira
jueves, 27 de noviembre de 2025
As árbores de cruces funerarias en Europa
Árbores de cruces funerarias en Galicia
Os cruceiros de Ibias - Asturias
Árbores de cruces funerarias en Irlanda
Cruces funerarias nos cruceiros de Gamaches - Picardía (Francia)
Árbores de cruces funerarias en Letonia e Estonia
Karsikkos de Finlandia e Totenbretter alemáns
Árbores de límite entre o mundo dos vivos e os mortos
Os cruceiros das encrucilladas: árbores de pedra
domingo, 24 de agosto de 2025
O Monte Xalo. Patrimonio cultural e tradición oral dun monte máxico / Lois Vilar
Onte pola tarde presentouse no monte Ghalo / Xalo o novo libro de Lois Vilar, O Monte Xalo. Patrimonio cultural e tradición oral dun monte máxico, no marco do festival "Castelo Conta".
A presentación abriuse cunha charla informativa sobre o proxecto de monte demostrativo que se ten desenvolto no Xalo por parte dos comuneiros de Castelo, parroquia de Folgueira (Culleredo), coa axuda da Asociación Forestal Galega (AFG), que xa conta con outros dous montes demostrativos, no Pico Sacro e en Mouriscados.
No caso concreto do Xalo, cualificado como monte periurbano pola súa proximidade á cidade da Coruña, o proxecto de monte demostrativo tenta compatibilizar o uso social, polo atractivo que o monte ten para a práctica do sendeirismo e outras actividades deportivas, coa rendibilidade sostible que debe ter a explotación do monte para os comuneiros, que agora mesmo son uns 60 membros.
O monte da comunidade de Castelo ten unhas 140 hectáreas, das que o 60% está adicado á silvicultura de piñeiro e madeira de alto valor. Un 15% da superficie está destinado a pastos para unha pequena cabana gandeira (polo momento 13 cabalos) que colaboran mantendo limpo o monte evitando os incendios. Outras técnicas forestais, como a introdución de frondosas caducifolias (2000 castiñeiros, 150 cerdeiras...) para froita e madeira de calidade, que nalgún caso actúan ademais como cortalumes naturais, a formación nas técnicas de silvicultura que reciben os membros da comunidade, mailo mantemento das pistas forestais e o coidado do patrimonio (limpeza das mámoas) garanten a sostenibilidade e a rendibilidade dun proxecto exemplar de autogobernanza e explotación dos montes comunais galegos.
En tódolos proxectos nos que unha comunidade veciñal se implica totalmente adoitan xurdir sinerxías que provocan efectos maiores dos esperados. Así, en relación co uso social do monte, deseñouse unha aplicación multiplataforma "Castelo Conta", descargable no Google Play, que vai guiando os roteiros que se poden facer polo monte mentras se escoitan os vídeos e audios informativos. O patrimonio que se pode desfrutar nos percorridos vai clasificado temáticamente: arquitectura, camiños, auga, flora e fauna.
Resultado desta sinerxía, o libro de Lois Vilar sobre o monte Xalo é unha contribución importantísima ó coñecemento do monte, do seu patrimonio arqueolóxico, cultural e lendario; é froito da recollida oral levada a cabo polo autor durante máis de trinta anos de investigación etnográfica directa, a pé, falando cos paisáns das aldeas dos concellos de Culleredo, Carral ou Cerceda.
O libro ten unha primeira parte adicada á formación xeolóxica da paisaxe granítica do monte, cuxas formas singulares son, sen dúbida, parte esencial do seu atractivo e orixe dalgunhas lendas populares, como a que Lois recolleu sobre as "Pedras Señoritas" (Altos da Hermida - Celas), que pola súa forma vagamente antropomorfa lembran ás personaxes mitolóxicas das mouras (tamén chamadas señoritas, donas ou encantos). A continuación, seguindo a estrutura da obra, repásanse as medoñas, os castros, os castelos, os petróglifos e as pedras habitadas (abrigos, casotas), e recompílanse as lendas relacionadas con estes lugares. Outro capítulo específico adícase ás pedras máxicas con lendas: de mouros, de mouras, de xigantes, ou ás incribles pedras do Alén ("A Porta dos Infernos" - Altos da Hermida - Celas). Finalmente o estudo conclúe cun capítulo adicado ás augas sandadoras e ás lendas relacionadas co culto ás augas.
A obra de Lois Vilar ten unha edición moi coidada, con belísimas fotografías e textos sinxelos e precisos, resultado dunha longa e meticulosa tarefa de investigación. Moita información é inédita, produto de recentes descobertas, como o marabilloso "Altariño das fontes do Anllóns", atopado por Manuel Ruibal: trátase dunha pedra que representa o nacemento do río, gravada con coviñas e sucos, indicativa dun culto pagán ás augas e ós seus nacentes.
miércoles, 19 de marzo de 2025
Antruare e redantruare: a danza dos Salios e o Ludus Troiae
viernes, 7 de marzo de 2025
Os petróglifos podomorfos como marcas da propiedade territorial
"Omnis locus, quem calcaverit pes vester, vester erit" (Deuteronomio 11)
A planta de çapato de Beiro (Carballeda de Avia - Ourense)
O percorrido iniciouse saíndo dentre os dous castros que había entre Beiro e Berán (hoxe só hai un castro inventariado no Visor PBA) cara ó oeste, ata As Cortes, pasando por varios penedos sinalados con cruces de termo; máis adiante menciónanse tamén penedos onde hai gravadas sinais de ferradura, descritas nalgún caso como se delas saísen sulcos semellantes a "actiones de estribos" (acción dun estribo = fita de coiro que une o estribo á montura). No punto denominado Porto dos Asnos, que non logramos identificar, describen dúas sinais nunha pena, unha "a modo de herradura o estribo, con sus cintas a modo de actiones" e outra "a modo de planta de çapato, y esta peña está debajo de la levada que sale de los Campos do Coto hacia el lugar de Beiro" (fol. 359 v.). A visita levou dous días, supoño que pola avanzada idade dalgúns testigos, que tiñan máis de oitenta anos, e ó día seguinte partiron da fonte de Noveledo ou Novelendo, que localizamos ó sur do castro do Coto da Cidá (no límite coa parroquia de Abelenda). Por non prolongar máis o meu resumo, foron pasando por distintos marcos, penas e penedos con varias sinais (a modo de armas, con pías e cruces) ata dar de novo nos dous castros entre Beiro e Berán onde comenzara o acto xurídico de demarcación.
Como vemos, a hipótese da "cojuración" sobre un penedo gravado cun petróglifo podomorfo non se sostén, xa que logo os testigos que participan na delimitación xuran antes de comezala, si, mais xuran sobre unha cruz, como manda a tradición ("en forma" e "como se requiere", di o meiriño), ademais de que o penedo co gravado da planta do zapato ou petróglifo podomorfo non se atopa no punto no que inician o percorrido, tal e como supuñan Bermejo e Romaní, senón na mitade do camiño máis ou menos.
Corpus medieval galego
- Samos (1082): "[...] Garsia Eriz cum multis sapientibus et precesserunt ad illum episcopum et ad Eita Gosendiz et posuerunt pedes ad illam arcam super Montan, et inde ad illam arcam super Zaon que dicitur samanega [...]".
- Coímbra (1087): "[...] cum Pelagio Cartimiriz qui erat judex Colimbrie et cum aliis testibus idoneis ut coram eis poneret domnus Ramirus pedes per illas divisiones et monstraret que petebat et juraret cum IIII.or habitatoribus Vaccaricie [...]".
- Melón (1097): "[...] Sando Cidiz, Teofreo, Osevo Petriz et poserunt suos pedes per terminum de ipsa cumbrada de Vessada, et vay ad illo carbalio et vai ad illa mammona [...]".
- Ribas de Sil (1172): "[...] vocavit sapientes adque idoneos viros et hostendit illi hereditatem. et posuerunt illos homines sapientes pedes suos per terminos sicut sciebant et sicut audierant ab antiquis, huiusmodi. quomodo incipit per cauctum de Ualle Marcellu [...]".
Comparativa con outros antigos rituais de apropiación do territorio pola circumambulación
domingo, 26 de enero de 2025
A domina sancta dos Penedos do Seixo (AKA Pena Furada)
domingo, 22 de septiembre de 2024
Carros nos petróglifos do Bronce Atlántico de Galicia - a teoría de Gustavo Pascual Hermida
Pois que non coñeciamos a "teoría dos carros" de Gustavo Pascual Hermida, identificamos de forma *independente*, e así o comentamos cos amigos no Facebook, unha representación dun carro do Bronce Atlántico Final nun petróglifo galego, o do Castriño de Conxo. As diferenzas que atopáramos entre a representación do carro no petróglifo galego e os carros dos petróglifos suecos son que os cabalos non están figurados no de Conxo e as rodas están representadas en perspectiva cenital non abatida (só se gravaron os semicírculos visibles das llantas), amáis de non estar paralelas entre si debido a que seguen, inxenuamente, a liña da caixa do carro, o que tería provocado unha dirección converxente no caso de ser un modelo real, resultando un vehículo non funcional.
Insistimos na independencia da nosa identificación porque, segundo me informou logo Pablo Sanmartín, do Colectivo A Rula, o arqueólogo Gustavo Pascual Hermida no 2011 propuxera nun detallado estudo que estas figuras triangulares que se atopan representadas non só no petróglifo de Conxo, senón noutras estacións galegas, tiñan que se considerar carros de guerra, como os das estelas extremeñas de guerreiro do Bronce Final e os dos petróglifos suecos de Frännarp; estes últimos foron os que nos serviron a nós para establecer a identidade co motivo gravado no petróglifo de Conxo. Deixo o enlace ó crucial estudo de Pascual Hermida, publicado no seu blog: "Los carros de guerra en los petroglifos del noroeste peninsular" (Más que petroglifos 15/11/2011).
Consideramos que pode ser relevante, para garantir que a identificación de Pascual Hermida é correcta, que outra persoa chegase tamén á mesma conclusión. É de salientar que, a pesar do incuestionable da achega que este investigador expuxera no 2011, aínda as figuras triangulares como a de Conxo continúan a se interpretar, incomprensiblemente, como escutiformes (ou escudos), ídolos ou estandartes. A trascendencia do achádego de Pascual permite desbotar vellas hipóteses, ter un elemento máis de xuízo para completar a integración de Galicia no complexo cultural do Bronce Atlántico, así como datar os conxuntos dos petróglifos na franxa do Bronce Final, cara o 1200 a.C. Nada menos!
Non é ata o 2022 que na bibliografía especializada se comeza a outorgarlle creto á teoría de Pascual Hermida. Falamos por exemplo dun traballo de Xurxo Pereira Martínez no que non se menciona a autoría da idea orixinal, asumendo, polo tanto, a identificación realizada por Pascual e os argumentos deste, como se fosen propios: "Las representaciones de armamento en el noroeste peninsular. (Re)visitando el yacimiento de Agua da laxe (Pontevedra, Galicia)" (conferencia de decembro de 2022 no simposio Romper Fronteiras, Atravessar Territórios). E de feito na obra de 2024 Bronze Age rock art in Iberia and Scandinavia (Ling, Díaz-Guardamino, Koch, Horn, Stos-Gale e Grahn) nin se mencionan os carros dos petróglifos galegos, realizándose a comparativa entre a iconografía guerreira do arte rupestre escandinavo e o da Península Ibérica, respecto dos carros, só tendo en conta os carros das estelas de guerreiro do Bronce Final do suroeste peninsular.
A teoría de Pascual Hermida sobre os carros nos petróglifos galaicos é, amáis de correcta, tan atractiva que incita os plaxiarios desta sociedade, cada vez máis narcisista. E como sobre plaxio e plaxiarios temos algunha experiencia... lembramos que é obriga do investigador, antes de presentar á comunidade científica unha idea que cre orixinal, comprobar se alguén a formulou con anterioridade, e así facelo constar.
miércoles, 17 de julio de 2024
Os petróglifos de Freás da Canda (Piñor - O Carballiño)
A liña de demarcación dos oitos penedos corría, pois, de norte a sur, e o mapa de 1735 habería que xiralo 90 graos á dereita para velo co norte arriba. Chámanos moito a atención que na mesma liña aparezan penedos con soliformes, espirais, espirais e coviñas, como nunha gradación astronómica. Cecais podería ser un indicio, como se ten dito, do seu significado astral, e que servesen como delimitacións territoriais tomadas respecto de referencias celestes. A liña de penedos con gravados de orixe prehistórica suxire unha función de delimitación territorial mantida durante milenios.
sábado, 20 de enero de 2024
O Meco do Antroido: o último antepasado totémico
O segredo mellor gardado sempre está á vista. Se hai un elemento nuclear nas mascaradas da invernía (Antroido) do noroeste peninsular, non son as vistosas máscaras dos peliqueiros, os boteiros, os cigarróns, os irrios... nin as súas danzas rituais. Ese é o Meco, un boneco que noutras partes chaman Antroido, e que polo xeral está feito de palla nun armazón de madeira, e que, neste caso, vai vestido moi engalanado, ou ás veces con roupas vellas. O Meco / Antroido é sacrificado, esnaquizado, queimado, inhumado, afogado... ó final do festival, disque porque representa o mal.
- No xa mítico traballo Los bigotes del peliqueiro (2007) estudabamos por primeira vez a conexión co chamanismo a partires da indumentaria das máscaras do Antroido e dos rituais executados nos festivais de inverno.
- En Partir a Velha - A serração da Velha - O enterro da sardiña (2021) expuñamos a estreita relación entre as mascaradas de inverno e certo tipo de dramatizacións (moxigangas).
- E en O primeiro actor e a primeira representación (2023) voltabamos a incidir na orixe do teatro, na súa totalidade, a partires das escenificacións rituais dos chamáns, desenvolvendo a hipótese de Kirby.
As relixións estatais como depredadoras das antigas crenzas
- Nas rexións do norte de Mongolia e entre os buriatos ríndese culto á Terra / Nai Etügen. As covas son veneradas como úteros ou ventres maternos, sendo un culto vencellado a rituais de fertilidade oficiado exclusivamente polos chamáns (relixión indíxena primitiva). Coa introdución do budismo, os monxes tentaron ou ben destruír eses cultos orixinais, negalos, ou ben incorporar os lugares de culto chamánico á nova relixión masculinista, instaurando novos rituais nos que dacotío impuñan tamén a lingua tibetana (Itsván Keul, Transformations and Transfer of Tantra in Asia and Beyond, 2012).
- As covas útero aínda se atopan nas rexións onde o budismo non chegou ou chegou marxinalmente. No pasado un chamán conducía os rituais no útero da Nai Terra, na cova de Altan Shirguul, pero máis tarde un chamán blanco (un especialista ritual que veneraba os novos deuses budistas e, ó mesmo tempo, os da relixión do pobo) quedou a cargo destes rituais (Isabelle Charleux, Nomads on Pilgrimage: Mongols on Wutaishan (China), 1800-1940, 2015).
.jpg)
.jpg)















