Toponimia prerromana, hidronimia paleoeuropea, etnografía, megalitismo e arte rupestre. Se chegaches aquí por Google e non te levou á entrada que procurabas, volta a repetir a búsqueda dende Bing! ou usa o buscador interno do blog. Grazas!
jueves, 27 de noviembre de 2025
As árbores de cruces funerarias en Europa
martes, 18 de noviembre de 2025
Saencia e A Saínza
Pódese relacionar o orónimo Saencia de Navia de Suarna, e mesmo o topónimo A Saínza (Rairiz de Veiga - Ourense) coa raíz hidronímica paleoeuropea *SAL-, "auga", na liña de Xosé Lluis García Arias (Toponimia asturiana, 2005), que propón a devandita base indoeuropea, presente no nome do río Salia > Seya, para explicar varios topónimos de Asturias e León, como Saliencia (Somiedo), La Salencia (unha fonte de Llaviana) ou Salientes (Palacios del Sil). O investigador non descarta, doutra banda, que estes topónimos estean relacionados co verbo salir (saír no caso do galego, con perda do -l- intervocálico).
Julio Concepción, no seu Diccionario etimológico de toponimia asturiana (2007) comparte tamén esta última idea: "en algún caso sería posible una supuesta relación con el verbo salir ('un lugar de salida'), referida lo mismo a una 'salida' de agua que a un terreno, un valle, a la 'salida' respecto a otro con el que comunica".
Pódese partir, pois, da base *SAL-, ou ben, mellor, do verbo saír, cuxo significado pensamos que se adapta perfectamente a estes dous casos: no Monte da Saencia en Navia de Suarna, nace (sae, abrolla) o Río Acevedo, e moi preto da Saínza de Rairiz de Veiga o Río Bidueiro conflúe no Limia, sae ó Limia.
No primeiro sentido Saencia (< Salientia) é sinónimo do hidrónimo Lucenza (punto onde ve a luz un ollo de auga ou manancial - v. Cabeza Quiles, Toponimia de Galicia, 2008). No estudo de Suárez Fernández "Salimeira, Salime, Saliencia y Salanceira: continuadores del llatín salire" (2006) inclúense exemplos moi ilustrativos, así como a proposta de Coromines, que consideraba o aranés Salient como "(aquam) salientem" = salto de auga. Suárez conclúe indicando que Saliencia sería un lugar onde existe un salto de auga (fervenza) ou onde abrolla a fonte ou manancial que forma un río.
No sentido de salto de auga ou fervenza, o termo cenza, "queda de auga", podería proceder da forma Saencia (< Salientia), con monoptongación (*senza) e hipercorrección do que se considerou seseo (cenza).
miércoles, 12 de noviembre de 2025
As fontes do Anllóns
Parece mentira que a estas alturas do século XXI aínda quede no planeta Terra pendente de realizar algunha exploración mítica, semellante á da procura do Paso do Noroeste ou a de atopar as fontes do Nilo. Onde podería suceder iso senón aquí mesmiño, en Galicia?
Cando fixera a entrada do blog adicada ós hidrónimos Lengüelle e Anllóns dinme de conta de que nacían moi xuntos, na Serra de Montemaore (zona das Brañas da Estaca e Porto do Eixo). Por suposto que non estaba a descubrir o nacemento de ningún deles, ou iso pensaba eu; só aproveitei a proximidade das fontes para establecer unha etimoloxía común, e di por sentado que se coñecía con seguridade o lugar de nacemento destes dous ríos.
Cando o amigo Manuel Ruibal atopou un precioso petróglifo no Ghalo, ó que bautizou como "Altariño das Fontes do Anllóns", por representarse nel varias nascentes fluviais que brotan no monte, eu quedara un pouco pasmada porque cría que o Anllóns non nacía no Ghalo, pero se o dicían a cartografía e os xeógrafos... seguramente estaría eu errada.
Pola súa parte, o xéografo Augusto Pérez Alberti describira unha cabeceira triple para o Anllóns: unha fonte no Xalo ó sueste de Mantiñán (Soandres - A Laracha), que ven sendo a que nacería preto da Pedra de Santa Marta, outra en Antemil (Cerceda) e outra no monte Pedrouzos, que baixaría por Currelos de Arriba e formaría o Río Grande (A xeografía: o espacio xeográfico e o home, 1986).
Non nos parece pertinente considerar ó rego que pasa por diante de Currelos de Arriba unha cabeceira, pois se incorpora ó río principal que ven do Porto do Eixo e recibe o nome de Rego das Brañas do Feo ou do Zudre, e ó seu paso por Antemil e Lavandeiras cambia o seu nome polo de Rego das Lavandeiras ou de Cortella, para logo adoptar o de Porto dos Carros e Río Grande, e finalmente, o de Anllóns. Precisamente é co nome de Río Grande como aparece nomeado o Anllóns no deslinde entre A Laracha e Cerceda (1924: IGN): "continúa después la línea de término remontando el referido "Río Grande" dejando en término de Laracha los lugares de Currelos de Arriba y Salgueiras, pasa por unos molinos importantes, propiedad de Ricardo Candal, vecino del lugar de Pedamúa, de la parroquia de Meirama, recibiendo en dichos molinos el nombre de "Río do Porto dos Carros", continúa desde allí remontando el mismo río hasta este 3er mojón [situado preto do "Rego das Lavandeiras" ou de "Cortella]".
domingo, 9 de noviembre de 2025
María Balteira, a nosa cruzada: as soldadeiras como mulleres guerreiras
De prostituta a xograresa
- Soldadeira: "Mujer que en la Edad Media acompañaba a los soldados en campaña y ejercía la prostitución" (Boullón, Monteagudo e García Cancela: Dicionario normativo galego-castelán, 1988). Compróbase que o esquema mental do patriarcado influíu na idea preconcebida que xustificaba o soldo da muller como resultado da súa venda sexual. O molde misóxino cega e impide abrir unha perspectiva de estudo ampla na que se analicen outras posibilidades de que a muller gañe o seu salario.
- Soldadeira: "Muller que bailaba e realizaba exercicios ximnásticos durante as actuación de xograres ou trobadores" (DRAG - definición actual). Como sinalamos, non está comprobado que as mulleres que formaban parte do espectáculo xograresco recibisen o nome de soldadeiras, de feito os termos usuais foron ioculatrices ou saltatrices.
De xograresa a doncela guerreira
viernes, 7 de noviembre de 2025
Abenzá e A Valenzá
Máis doada de identificar é a forma do ditongo que aparece nun documento do ano 1197 (Santiago - Tumbo C: CODOLGA): "tam de abolentia quam de ganantiam in Vaentim et in Aderei".
Interésanos destacar, polo tanto, que os casos con conservación do [l] intervocálico desta familia léxica (Valentinus, Valentia, etc.) son cultismos, sendo a evolución patrimonial a que presenta caída do son lateral [l] e monoptongación do ditongo ae resultante. Así:
- "per Petram Curuam recto itinere ad Uilar Ualenti" = Vilarvente (Lugo). Ano 897 (Lugo - fonte: CODOLGA)
- "in uilla que uocitant Cella Valenti flumen Viuei" = Celavente (Ourense). Ano 912 (Astorga - fonte: CODOLGA).
sábado, 1 de noviembre de 2025
A ría de Ferrol no ataque de Francis Drake de 1589
Parte do mapa realizado polos ingleses para orientar o contraataque de Francis Drake e John Norris dirixido contra os restos da Armada Invencible, que se refuxiara nos portos de Ferrol e A Coruña - 1589. (C) Biblioteca do Congreso dos EEUU.





