A progresiva agrarización da paisaxe galega comeza co proceso de castrisation de Galicia, segundo a hipótese do xeógrafo francés Abel Bouhier exposta na súa tese de doutoramento, da que temos falado no blog en varias ocasións no último ano. Agora súmase á defensa desta tese o arqueólogo Ángel Concheiro, coa súa conferencia "Castros e agras: intervención e creación dunha paisaxe galega" (xullo do 2020, sede de Portas Ártabras).
Nela, ademáis dun breve percorrido polo avance, ocurrido na segunda Idade do Ferro, da ubicación dos recintos castrexos cara o val dende o alto dos cumios, coa conseguinte mellora no acceso aos recursos agrarios, o arqueólogo céntrase en explicar a súa excavación do Castro das Barreiras de Vimianzo, do cal temos tratado fai pouco ó respecto do seu topónimo (As Barreiras - Vimianzo).
No recinto apareceu un curioso elemento esculpido en pedra, de sección en forma de eneágono, identificado por Concheiro cun betilo. Para nós podería ser o remate da cumieria dun hórreo castrexo, cuxa orixe última viría dos betilos que protexían as entradas das cámaras funerarias no megalitismo galaico; algúns deles incluso teñen figura cruciforme ou antropomorfa (ídolo de Parxubeira), o que viría sendo o outro remate do hórreo, en forma de cruz.
Betilo das Barreiras.
No hay comentarios:
Publicar un comentario