martes, 9 de noviembre de 2021

A Baiona e os castella tutoria de Gallaecia


Agochadiño no parapeto do castro de Bermui (As Pontes de García Rodríguez) atopamos un deses microtopónimos que explicitan o rol dos castros da Idade do Ferro como bastións defensivos e lugares dende onde se exercía o control económico e político do territorio circundante (v. tamén o caso de Alcaiás).

A Baiona, posto que fai referencia ó parapeto ou ó propio castro, parécenos que podería provir do latín bajula - bajulona, "tutela, protección" (v. tamén bajulare, "rexer, gobernar"), coa preceptiva perda da consoante -l- intervocálica, caída que podería ter sucedido tamén no caso da Bayonne vasca. Neste suposto etimolóxico, que semella o máis verosímil, o castro tería sido un daqueles castella tutoria ós que voltou a poboación galaica buscando refuxio no século V durante a invasión sueva.

O antendito é aplicable igualmente á Baiona de Pontevedra, posto que en 1201 o rei Alfonso IX ó otorgarlle foro á vila de Erízana, e darlle novo nome (Baiona), puido telo escollido dentre os topónimos da contorna: "et impono eidem villae de novo nomen Bajonam". Deste xeito a hipótese de Ferreira Priegue non estaría acertada. A investigadora sostén que este nome de Baiona fora tomado da Baiona vasca, xa que "es un nombre propagandístico y augurativo, típico de la repoblación urbana que rebautizaba las Valencias y Florencias de nueva planta, en un deseo de emular el prestigio de las originales" (Galicia en el comercio marítimo medieval, Fundación Pedro Barrié de la Maza, 1988); a devandita hipótese vense abaixo ó non ser de aplicación ó castro da Baiona de Bermui (As Pontes de García Rodríguez).

No hay comentarios: