Novo castro no Coto dos Castros, preto do límite municipal entre As Pontes de García Rodríguez, Roupar (Xermade) e O Burgo (Muras). Toponimia relacionada: Castroia. Segundo me indica o filólogo Paulo Martínez Lema o topónimo Castroia podería ser un derivado de Castro, como pensamos nós, ou ben unha evolución dende o substantivo latino custodia, "atalaia, posto de vixiancia", o que habitualmente xerou toponimia como Costoira ou Costoia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario