domingo, 13 de septiembre de 2020

A Grixa - Abelleira (Muros)

 

Castro e mámoa da Grixa (Abelleira - Muros). (C) Visor PBA da Xunta de Galicia, capa do Vóo Americán de 1956-57.

Vencellamos o microtopónimo Grixa ou Crixa (así ouvímolo fai anos pronunciado por unha señora de Abelleira) co feito de atoparse no lugar un pequeno castro, aínda sen documentar, máis cuns aterrazamentos ben visibles polo leste, e unha mámoa catalogada, segundo a información dispoñible no Visor PBA. Cecais o topónimo, evoluído a partir do latín ecclesiam, teña que ver co feito de ter sido os castros conventos, no senso xa especificado na entrada O Convento y la letra C invertida en la epigrafía de Gallaecia, ou máis ben, coa crenza popular de que as mámoas foron templos funerarios, como as igrexas modernas. Neste caso, na próxima igrexa de Santo Estevo o seu carácter funerario ven determinado tambén toponímicamente polo microtopónimo Sartegos.