Toponimia prerromana, hidronimia paleoeuropea, etnografía, megalitismo y arte rupestre.
sábado, 20 de febrero de 2021
Etimoloxía de druida e dervixe
viernes, 12 de febrero de 2021
Anse-aux-Meadows (Terranova): pequena historia dunha fraude histórica
O explorador francés Joliet, a finais do século XVII, tras tomar as coordenadas có astrolabio dende o seu navío en Belle Islle (un tanto raras para as nosas referencias actuais: 52º 9' latitude norte e 330º 30' de lonxitude con respeto a Québec, que está a 314º de lonxitude e 46º de latitude) desembarca nunha pequena ensenada entre tres montañas e atopa unha vivenda de esquimais. A enseada ten que ser Anse-aux-Meadows, pola proximidade a Belle Isle e a coincidencia entre os achádegos do xacemento e a descrición do lugar feita por Joliet.
A vivenda esquimal segundo a descrición de Joliet
"Nós atopámola como os indios nos dixeran. Ten unha cámara e unha antecámara. [A estrutura do teito] está formada por varias pezas de madeira redondas de 8 a 12 pés de longo, apoiadas sobre unha viga suxeita por postes. Estes madeiros están xuntos uns contra outros e por debaixo teñen a turba, e un pé de terra por cobertura. Unha porta na antecámara, ó medio, e dúas grandes fiestras mirando ó ceo, que lles sirven de cheminea no bo tempo, e aparentemente de porta, ademáis da pequena porta de tres pés de alto por onde se entra dende a antecámara. Segundo parece, unha familia de máis de vinte persoas e moitos cans terían pasado aquí moitos invernos: anacos de graxa de lobos mariños [...], ósos e cabezas de raposos, lebres, martas, osos, caribús, gaivotas e corvos por todas partes do aloxamento, e na enseada, grandes e pequenos escoplos de carpinteiro. Restos das bordas das embarcacións bizcaínas [...], vimos preto da casa varios anacos de madeira, tellas e carbóns de forxa, con catro ou cinco toneis onde había aceite para queimar. Tamén atopamos un anaco de tecido cosido con agulla [...]. Todas estas cousas fan crer que eles teñen comerciado con algúns europeos" ("Lettre de Joliet sur les Esquimaux", BNF, manuscrito coa signatura NAF 9284, follas 135r-136r).
Como se ve no detalle de Joliet, o que describe como vivenda esquimal semi-subterránea, formada sobre un plinto de bloques de turba e con cuberta de madeira e capa de terra sobreposta, claraboias, etc. cadra totalmente có tipo das vivendas da Anse-aux-Meadows que se veñen considerando vikingas, así como coas vivendas islandesas da mesma tipoloxía. Polo que acabo de atopar e traducir para vós, non serían vivendas vikingas, senón esquimais.
Nas narracións de Joliet repítese a mesma información: ó saír de Mecatina os indios dinlle "que varios esquimais invernaran naquel lugar e fixeran tres casas de madeira cubertas de terra, unha das cales estaba aínda enteira. Eles non fan lume no interior; teñen un lugar a propósito para isto fóra. Eles fan provisións no outono, de lobo mariño e caza para o inverno [...]. Os nosos indios de Mingan atoparan catro casas a primaveira pasada e desfixéronas" (folla 131v-131r).
Tanto nos datos que lle aportan os indios, ós cales diferencia moi ben dos esquimais, como nos seus encontros cos esquimais, volve unha e outra vez sobre estas vivendas de inverno: "os seus leitos están elevados un pé sobre o chan de terra, garnecidos con peles de caribú, lobo mariño, oso e outras, para se cubrir á noite; as súas cabanas [...] están feitas en redondo, no verán, e cubertas de lobo mariño [...]; máis no inverno eles fan casas como as que xa teño descrito antes. O embarcadoiro non é menos agradable: teñen tres embarcacións bizcaíñas e unha [...]; as catro ben aparelladas con mastil, velas [...] e un cofre sobre unha [...] que ten escrito en grandes caracteres IHS.Maria.Joseph [= Xesús, María e Xosé]" ("Carte du Canada en sept feuilles par Joliet (1693)", BNF, manuscrito coa signatura NA 9275, folla 195v).
Poboado esquimal ("Esquimaux") na costa norte de Terra Nova, frente a Belle Isle, segundo un dos mapas de Joliet (1693); ocupa aproximadamente a mesma situación que o suposto poboado vikingo de Anse-aux-Meadows.
Medusas e pistolas vs. bacallaos e pilotos
martes, 9 de febrero de 2021
Eskimo-basque, unha lingua creoula desaparecida, e as baleas boreais extinctas en Terranova
Segundo a memoria redactada por Monsieur de Planthion no ano 1700, seguindo os datos aportados polos seus informantes (os comerciantes de Saint Jean de Luz e Ciboure), os mariñeiros vasco-franceses de Saint Jean de Luz chegaron a Terranova antes que ninguén o fixera, na procura das baleas que xa ían sendo escasas nas costas do Golfo de Vizcaia. A narración é interesantísima, e foi editada aquí e acolá, deixando sen revelar algúns datos importantes que rescatamos do manuscrito conservado na BNF (Collection Margry, vol. adicado ós Voyages de découvertes).
En Terranova os vascos fixeron amizade cunha nación "appelée squimaux, qui a toujours eté, et qui est encore, intrátable pour toutes les autres nations; et comme leurs langages étaient absolument différents, ils formérent une espêce de langue franque composée de la Basque et des autres différentes langues des ces sauvages, par le moyen de la quelle ils s'entendaient fort bien tous".
Tamén atoparon, ademáis do tipo de balea que predominaba na costa oriental de Terranova, e denominaban sardaco baleac (pola súa tendenza a formar grupos, como as sardiñas), outra especie de cetáceo na bahía de San Lourenzo, que nomearon granbayaco baleac, posto que o nome que lle daban á bahía era Gran Baya. No Mar Glacial volven atopar esta segunda especie, que ven caracterizada na memoria por ser o dobre de grande que a sardaco baleac, con barbas longas proporcionadas ó seu tamaño. A graxa desta gran balea é líquida e crara, mentres que a graxa da balea sardiña é turbia. Dedúcese da descrición que era unha balea boreal, cuxo hábitat ía entón dende o golfo de San Lourenzo ata Groenlandia. Neste sentido caben destacar os traballos de William W. Fitzhugh no campamento baleeiro de Petit Mécatina onde só se atoparon restos da balea de Groenlandia.
domingo, 7 de febrero de 2021
O caso do furto duns pelexos de viño en Rao (Navia de Suarna) polos de Candín (Valle de Ancares)
Ferrol en Terranova
sábado, 6 de febrero de 2021
Videmus nunc per speculum
martes, 2 de febrero de 2021
Unha cantiga de amigo nunha moxiganga do século XVII
A moxiganga titúlase Mojiganga del Folión, e foi escrita polo portugués Matos Fragoso. Nela Graciosa sufre da folía dos ciumes, está tola de amor por ter sido remprazada por outra: "¿Dónde me llevas tirano deseo?".
Neste vello contexto romántico e paixoal, a canción que pecha a peza teatral, a cuxo son danzan os personaxes formando unha cobra (o que podería ser formalmente relevante), podemos entendela como unha cantiga de amigo con aire de jarcha mozárabe. Aínda que certamente deturpada, todavía poden notarse a voz feminina doente de amor, as clásicas rimas en -igo (que viñan esixidas polo amado = amigo), a nai interlocutora, a natureza como marco das paixóns, as preguntas reiteradas polo amado, a amiga que escoita e responde, e unha sorte de leixaprén. Transcribimos a cantiga do manuscrito autógrafo que se conserva na BNE.
Gracioso: Con el uno y otro son / a uso de Portugal / el baile puede acabar.
Graciosa: Portugal, va un folión: / toma tú aquestas sonajas / yo estotras tomarme quiero / toca el tambor, yo el pandero / y hagámonos todos rajas.
[Cantando]
Graciosa: Si vos miña mai / pelejais conmigo / y queréis botarme fora / que donde irai / miniña a tal hora / sin tener ningún abrigo?
1ª: Que yo la hay / ollar qui vus digo / miño ben donde estarai?
Graciosa: Que yera de noite / chove, face escuiro ay! / miniña donde irai?
1ª: Que ye te levai por lo Doro arriba / ye te levai
Todos: ay! / Jesús cuando volverai?
Graciosa: Que ye te le e
Todos: A miña alma y a mio bee
Graciosa: Que finca embora
Todos: Que me chama miña señora
[Aquí empieza la culebra]
Si vos miña nai / pelejais conmigo...