Mostrando entradas con la etiqueta bretones en Galicia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta bretones en Galicia. Mostrar todas las entradas

jueves, 25 de julio de 2024

Suddene: Galicia e o Rei Horn

O romance cabaleiresco francés de Ponthus, fillo do rei de Galicia, e da bela Sidonia (s. XV) está baseado na historia do King Horn, concretamente no romance anglo-normando de Horn et Rimel (s. XIII). Imos comparar os principais corónimos que se mencionan nestas dúas fontes, que dan conta das relacións que, tamén na ficción, mantiveran entre si os tres reinos atlánticos de Galicia, Bretaña e Irlanda.

Le Royaume de Gallice, na primeira páxina do libro de Ponthus.

Galicia é denominada Reino de Galicia no libro de Ponthus. Ó ser atacada A Coruña (Couloigne) polos mouros (sarracenos), Ponthus, fillo do rei, parte cara Bretaña, onde coñece á Sidonia, filla do rei, e logo trasládase exiliado a Inglaterra e Irlanda por un tempo, antes de voltar á súa patria cunha armada bretoa para derrotar os mouros e restaurar o reino.

La Petite Bretaigne no libro de Ponthus.

No King Horn os corónimos son distintos, aínda que necesariamente teñen que nomear os tres reinos devanditos. Horn, orixinario de Suddene, ante a chegada dos mouros e a morte do seu pai o rei, embárcase cara Westernesse e logo pasa exiliado a Westir antes de voltar a Suddene, onde aniquila os mouros e restablece a cristiandade, "erixindo capelas e igrexas, ordeando que soen as campás e se canten misas".

Ilustración de Arthur Rackham do Hind Horn, balada popular anglo-escocesa baseada na lenda do King Horn. A princesa recoñece a Horn vestido de pordioseiro polo anel que este deposita na copa de viño.

Os investigadores do ámbito anglosaxón tentaron reducir os mouros ós vikingos, e Suddene a varios lugares do Reino Unido ou norte de Europa: a illa de Man, Sussex, Cornwall, South Devon, Roxburgh, o país de Suddene que aparece no Beowulf (R. Herzman, Graham Drake e Eve Salisbury), Dorsetshire (H.L.W. Ward), Surrey e Sussex (F. Michel) ou Escocia (Oliver). Westernesse foi ubicada en Cornwall (Ward), en Devonshire (McKight), na península de Wirral (W. H. Schofield) ou en Escocia (Oliver). E Westir na Irlanda. Mais a evidencia do libro de Ponthus, que fala claramente de Galicia, e mailo feito real da invasión musulmana da Península Ibérica, chegando a devastar parte da Gallaecia, non deixa lugar a dúbidas de que o corónimo Suddene do que partiu Horn / Ponthus designaba o Reino de Galicia, e de que Horn / Ponthus era un rei galego, ficticio, mais baseado en feitos reais.

Diane Speed no seu estudo "The Saracens of King Horn" (Speculum, 1990) indicara que as mencións ós sarracenos non eran alusións ós vikingos ou daneses, como se viña pensando inexplicablemente nos estudos adicados a esta cuestión no mundo anglosaxón, senón unha referencia real ós árabes, xa que a Península Ibérica foi parte do Islam dende o ano 711, e o califato musulmán de Córdoba gobernou na maior parte dela entre os anos 929 e 1031. Segundo Speed, un dos motivos centrais do King Horn, a loita contra os mouros, estaría tomado da épica das chansons de geste como La Chanson de Roland (s. XI), nas que se narraban os enfrentamentos dos reinos cristiáns do oeste de Europa contra os musulmáns.

A etimoloxía de Suddene derivámola, porén, ben do Old English suth ("as terras do sur"), ben do fráncico ou francés souldan ("as terras do sultán"), e sería un exónimo literario aplicado ó reino cristiano de Galicia na Idade Media anglo-normanda.

sábado, 13 de julio de 2024

In arca marmorica? O corónimo Armórica na lenda do sepulcro de Santiago

Xa Isidoro Millán González-Pardo vira unha posible falsa segmentación do texto no que se indicaba o lugar de sepultura do apóstolo Santiago ("Autenticación arqueológico-epigráfica de la tradición apostólica jacobea", en El Camino de Santiago, camino de Europa, conferencias no Escorial, 1991). Resulta evidente que nos códices a lectura dun suposto texto cursivo orixinal "in arcamarmorica" ou ben "in arcemarmorica" (tamén coa variante "in arcamarmarica" / "in arcemarmarica") é susceptible de ser separado polos sucesivos copistas do manuscrito de dúas formas:

  1. in arcam Armórica / in arcem Armórica
  2. in arca<m> marmórica / in arce<m> marmórica

A proposta de Millán González-Pardo é algo máis complexa do que reflictimos, pois supón tamén unha confusión na lectura doutras grafías, o que conduciría a que o lugar do sepulcro do apóstolo fose un castro ou recinto fortificado (arcem) da Amaía (ammaeicam). Cremos que é moi ad hoc e con demasiadas modificacións do material textual para considerala correcta.

Recorte do artigo citado coa explicación de Isidoro Millán.

Ata o de agora, ademáis da proposta de Isidoro Millán, que é a única que separa o -M- ligándoo á palabra anterior, só se formularon hipóteses sobre o segundo termo lido como MARMÁRICA / MARMÓRICA, ben no sentido de consideralo topónimo (Marmárica, parte da costa norte de África) ou calificativo, "de mármore", o que aludiría, segundo os defensores desta posibilidade, ó sepulcro do apóstolo feito de mármore ou á súa colocación baixo arcos de mármore.

A existencia de formas antigas nalgúns dos manuscritos coa escrita continua, como "achamarmarica" (Bern Bürgerbibliothek 224 f. 159), e coa separación "achaia armorica" (Torino Biblioteca Reale Varia 141), serve de apoio á nosa lectura do texto, no que vemos unha referencia ó corónimo Armórica, deturpada polos sucesivos escribas que non estaban familiarizados co nome de orixe celta (are + mori = ante o mar; a costa) que recibía o tractus armoricanus, que ó final do imperio romano de occidente abranguía tamén a costa da Gallaecia (dende a saída dos bretóns do emperador galaico Magno Máximo dende Britannia cara o continente). De feito, un comentarista dun destes textos ve que a forma Armarica cecais estea por Armórica (Aremórica), indicando un lugar xunto ó mar (Adam Miodonski, "De ortu et obitum patruum. Ex codice veronensi", 1893).

Outro corpo santo que chegara flotando sobre as augas en barca de pedra (no seu propio sepulcro) fora o do Conde Santo de Vilanova de Lourenzá. (C) Dolores González de la Peña.

A condución do corpo do Apóstolo por mar en barca de pedra ten visos de pertencer, pola característica embarcación pétrea que transporta un corpo santo, ás lendas célticas bretoas, que nos terían chegado transmitidas polas migracións destes pobos a partires do momento en que o continxente dos bretóns do emperador Magno Máximo estableceu a Sé Britoniense e fundou o Mosteiro de Máximo, na costa norte da Gallaecia.

A lectura que ofrecemos do texto xacobeo "in arcam armorica" / "in arcem armorica", xunto coa efectiva chegada do corpo do apóstolo a Galicia, refrenda o feito de que o antigo nome de Armórica foi un exónimo utilizado exclusivamente polos bretóns insulares e os da Bretaña francesa para referirse en xeral ó territorio que ocuparon os seus colonos, que se espallaron polas costas meridionais do Mar Céltico, e en particular, á costa galega, onde fundaron a súa primeira sé histórica coñecida no mosteiro de Máximo ó final do imperio romano de occidente (cfr. Arqueotoponimia: Bretones en Galicia, 2008, e Un galego na corte do rei Artur: o emperador Magno Máximo, 2024).

jueves, 4 de julio de 2024

Orixe bretoa dos topónimos O Beque (Galicia) e Becque (Normandía)

 

Soldadiños de chumbo movéndose torpemente na paisaxe de bocage normanda durante a Batalla entre as Sebes (II Guerra Mundial). (C) Xogos de Warlord Games.

O xeógrafo francés Abel Bouhier (teño que repetilo outra vez) estivo preto de 17 anos estudando a paisaxe agraria de Galicia para preparar a súa tese de doutoramento (La Galice: Essai géographique d'analyse d'interpretation d'un vieux complexe agraire, 1979). Foi o primeiro investigador en notar que a paisaxe da zona das montañas setentrionais era semellante á paisaxe de bocage armoricana (Bretaña francesa e Normandía) e chegou a prantexar a posibilidade dunha orixe bretoa da nosa: posto que os colonos bretóns chegaron á Armórica galega establecendo en torno ó século V (nós probáramos que fora no IV) a Sede Britonorum, e dita forma de parcelación / ocupación agrogandeira foi coñecida entre eles "sería entón lícito pensar que os bretóns, que traían a fórmula agraria do cerrado, a tiveran difundido no norte de Galicia" (Galicia. Ensaio e interpretación dun vello complexo agrario, trad. Benxamín Casal, 2001, px. 1.229).

Cremos ter atopado no topónimo O Beque, propio da zona de Trasancos (Ferrol, Narón, Valdoviño, San Saturniño, Neda e Fene), Ortegal e Eume unha proba irrefutable de que o bocage ou parcelario de tipo cuadrilongo, pechado frecuentemente con sebes a modo de arte topiaria, é de orixe bretoa.

No estudo de Irene García Losquiño sobre o topónimo O Beque / O Beco, "The North Germanic place-name element bec in England, Normandy and Galicia" (Namn och bygd, 2018), a investigadora plantexara que o elemento bec aparecía na toponimia de Galicia, Normandía e Inglaterra porque era remisible a una migración / colonización ou a contactos continuados cos vikingos, que aportarían o substantivo provinte do Old Norse bekkr, que significa "small stream; rivulet".

O principal problema que lle vemos á súa proposta é que en Galicia Beque non é un hidrónimo, senón que habitualmente o seu referente é un tipo especial de terreo adicado a cultivos ou plantacións. Mais Losquiño xustifica esta obxección do seguinte modo: os nomes de lugar co elemento bec eran primeiramente hidrónimos, e despois o nome transferiuse e pasou a designar os campos adxacentes ós cursos de auga, para, finalmente, reutilizarse por analogía (sen consciencia xa do seu significado - o que chama "proceso de replicación"); isto explicaría a presencia masiva do topónimo Beque na área de Trasancos, Eume e Ortegal.

Outra obxección non menor á súa correctísima investigación, cun amplo traballo de campo e ben documentada, é que non ten en conta, nin sequera para descartala, a posibilidade de que o topónimo se deba ós migrantes bretóns que se instalaron no noso territorio na zona mencionada da costa norte das provincias da Coruña e Lugo dende finais do século IV, dotados dunha sé episcopal propia da que temos documentación histórica durante catro séculos. Esta será a hipótese que imos probar, que nos levará a rexeitar a etimoloxía do topónimo normando Becque e do galego Beque dende o Old Norse bekkr, "small stream".


Distribución do topónimo Beque / Beco en Galicia, que amosa unha altísima concentración na zona de Trasancos, Eume e Ortegal. (C) I. García Losquiño segundo información da base de datos xeoposicionada Toponimia de Galicia.

No Libro de arriendos de Trasancos (século XVIII) das propiedades pertencentes ó mosteiro de San Martiño de Xuvia e San Vicente de Regoela utilízase varias veces beque para designar un tipo especial de terreo labradío. Non son moitos os datos que se poden sacar en claro, pero si é moi notable o uso do termo beque, fai dous séculos, como substantivo ou nome común. Despréndese da casuística que os falantes que informaban ó notario sabían exactamente o que era un beque, polo que non é posible soster que na zona de Trasancos houbo un "proceso de replicación" de beque como topónimo (supostamente xa valeiro de significado), tal e como alega Losquiño.

A paisaxe que se describe neste documento, pola mención ós peches vexetais, é principalmente unha paisaxe de bocage, como xa informamos na entrada anterior do blog ("A paisaxe de bocage de Trasancos no Visor de Valados de Galicia", Arqueotoponimia, 2024), e pois, forma parte da zona das montañas septentrionais que Bouhier calificara como área de bocage.

Tipos de organización agraria de Galicia. (C) Abel Bouhier, en Guía de caracterización e integración paisaxística de valados, Xunta de Galicia, 2017.

Xa que logo, semella un bo punto de partida considerar que o beque é unha forma peculiar de terrádego de uso agrario propio do sistema de bocage. Segundo o documento que manexamos, a finais do século XVIII nos beques de Trasancos cultivábase ou plantábase case de todo, principalmente salgueiros: "en el enunciado Beque, sauces para leña que en el cortan anualmente", "beque de salgueiros", "otro beque de nabos y alcacén"; "beque labradío de sembradura todo el de un ferrado de pan labradío". A expresión máis frecuente é simplemente "beque" ou ben "beque labradío", sen que poida atribuírselle carácter xeral a isto, xa que tamén había "beques montesíos". Nalgún caso atopamos o nacedoiro dunha fonte nun beque, pero ven sendo excepcional, polo que non valida a tese de Losquiño: "beque de salgueiros en que nace la fuente do Vizoso".

Un dato moi importante é que na descrición dos beques non se di nunca que están "circundados", como si se indica continuamente doutras pezas de terra, explícitamente "circundadas" por sebes, muros ou valados. Isto é ben importante para determinar, por exclusión, que eles mesmos eran o circundado de pezas maiores, unha especie de ringleira en forma de cómaro, valado ou trincheira máis ou menos ancha que pechaba as propiedades.

Nuns textos que consideramos bastante aclaratorios indícase que os beques constituían as cabeceiras de pezas de terra, é dicir que eles formaban o circundado: "una pieza de heredad labradía de cinco ferrados de sembradura, incluso el beque de salgueiros de su cabecera"; outra peza de terra "testa al norte en hacienda de Juan de Villar del mismo lugar da Pena y más adelante en Veque de Salgueiros en que nace la fuente que llaman do Vizoso, hasta llegar al Beque y salgueiros del Monasterio".



O beque circundaba, pois, unha peza de terra nalgún dos seus bordes, e a súa forma era a dunha ringleira, como noiro ou cómaro máis ou menos ancho no que se podían plantar ou cultivar determinadas especies vexetais como aproveitamento (usura), conformando unha característica paisaxe de bocage.

Posible beque formado por un cómaro e sebe de salgueiros en San Saturniño.
(C) Dolores González de la Peña.

En galego beque rexístrase únicamente no dicionario de Carré Alvarellos coa acepción de "callejuela sin salida", o que coincide co significado principal do galés gwig / gwic, "street" (A Dictionary of the Welsh Language), que tamén ten outros dous significados máis ou menos relacionados, "aldea" e "bosque". O termo galés provén do latín vicus, "barrio". Vese que na devandita lingua houbo unha estreita relación ou identidade entre a rúa e a aldea que se forma en ringleira nos bordes da vía de comunicación, pero o mesmo sucede en galego coa verba rueiro, "aldea", derivado de rúa, "calexa", e mesmo no inglés row, "ringleira" e "vivendas adosadas". Supomos pois que o sema principal que orixina tódolos significados do galés gwig / gwic é "rúa, cale, ringleira", do que xurden as outras dúas acepcións, aldea (agrupación de vivendas seguindo unha rúa) e bosque (vexetación arbórea seguindo un ordeamento en ringleira, ou seguindo a trincheira ou cale dun río). 

Neste sentido convén repasar as acepcións de becque na Francia e na Normandía, que non se recollen no traballo de García Losquiño. A acepción de trincheira domina nestas linguas, sendo semellante á do galés gwig / gwic, "street":
  • Becque: "a ditch or trench made upon the high way, also as beche (Norm.) = "cuneta xunto dun camiño real, como beche en normando" - Dicionario de Randle Cotgrave.
  • Becque: "Fossé établi le long des terres cultivées pour favoriser l'écoulement de l'eau" = trincheira formada ó longo das terras de cultivo para escorrentar a auga - Dicionario de Hécart.
  • Bec, becques: "la crête d'un fossé" = terraplén dunha trincheira - Dicionario da Academia Francesa.

Conclusións


O latín vicus, "barrio", tería chegado a Britannia coa romanización, onde se especializaría para designar realidades da paisaxe articuladas en torno a un eixe lineal que se concretaba en referentes moi semellantes: estrada / rúa / cale / ringleira. A saída dos colonos britanos cara as Armóricas, francesa e galega, a partir do ano 383, ordenada polo emperador Magno Máximo, levou consigo o préstamo lingüístico gwig / gwic e as formas da paisaxe de bocage atlántica. Na Normandía o termo becque evoluíu semánticamente dende a idea de cale ou ringleira á de "trincheira nos campos de cultivo para recollida das augas", de onde sae, por equivalencia, a acepción que recolle Losquiño de "rivulet". En Galicia, e a falta de máis documentación que permita definir mellor a realidade agraria denominada beque, semella que o termo quedou vencellado estreitamente á toponimia da paisaxe de bocage ó denominar preferentemente as ringleiras de vexetación arbórea (salgueiros), que a modo de pequenos bosquiños, servían para circundar as propiedades dos mosteiros. Doutra banda, a acepción de "callejuela" recollida por Carré Alvarellos, indica que aquí se conservou tamén outra das acepcións galesas do termo gwig / gwic, "rúa".

Ringleira de beques en San Xurxo da Mariña, onde a base de datos Toponimia de Galicia recolle o microtopónimo Os Beques. Seguen a liña do camiño que parte da Vila da Eirexa cara ó norte. (C) Voo Americano de 1956-57.

sábado, 29 de junio de 2024

A migración armoricana dos britóns nas Tríadas Galesas

Un outro texto que menciona a migración masiva dos britóns do emperador Magno Máximo cara á Armórica primitiva, que convén resituar na costa norte de Galicia (que foi a antiga diócese de Britonia), ven nunha tríada do século XIV contida nas Trioedd Ynys Prydein (Liber Triadum). A tríada titúlase "Cando unha armada foi a Lychlyn", e componse, como tódalas tríadas, de tres partes. Nesta alúdese a tres migracións, que non deixan de ser variacións temáticas en torno ó feito histórico da migración das lexións dos britóns do emperador galaico Magno Máximo cara a costa europea occidental, ocorrida a partir do ano 383.

Migracións dos britóns ós fisterres europeos. O descoñecemento que se tiña ata non fai moito en Europa da colonia bretoa asentada no noroeste da Península Ibérica, provocou que calquera mención textual a Armórica ou á Pequena Britania e a Letavia se tomasen sempre como referencias á Bretaña Francesa.

Na primeira parte desta tríada as lexións diríxense ó mar Grego, a dúas illas chamadas Gals e Avena. Na toponimia conservada, e posto que a migración claramente ía dirixida cara a costa atlántica europea, só podemos ver alusións ó extremo noroeste da Península Ibérica. O nome de mar Grego que recibe o tramo marítimo da Gallaecia proviría das afirmacións dos historiadores da antigüidade de que os galaicos tiñamos orixe grega e costumes semellantes ás dos gregos (v. párrafos de Estrabón, San Isidoro ou San Braulio no estudo de J.J. Moralejo: "De griegos en Galicia", 2000, en Callaica Nomina). As dúas illas seguramente sexan unha visón deformada dun mapa no que se vían as dúas columnas de Hércules; o nome de Gals dunha delas semella estar baseado no da Gallaecia, e o nome de Afena / Avena da outra illa reproduce coa fonética celta o nome real de Abena que tiña unha das columnas.

Na segunda parte da tríada, as lexións teríanse dirixido a Lychlyn comandadas por Elen Luydavc e Macsen Wledig (o emperador Magno Máximo), e xamais terían retornado, idea que reproduce a afirmación de Nennio na súa Historia Britonnum (século IX): "Hi sunt Brittones Armorici, et nunquam reversi sunt huc, usque in hodiernum diem" = "Alí están os britóns armoricanos, e nunca voltaron ata hoxe". Nunha versión anterior que se menciona no traballo de Merdrignac (D'une Bretagne à l'autre: Les migrations bretonnes entre histoire et legendes, 2022) indícase que Elen partiu xunto con Conan (Cynan Meriadoc), un dos homes de Magno Máximo.

Na terceira parte da tríada, a expedición vai na procura dos Kessaryeit (os homes do César).

Para a editora da tríada, Rachel Bromwich, o texto ten como tema principal a memoria do mítico emperador Magno Máximo, ó que se lle atribúe nas tradicións galesas medievais ter privado a Britannia dos seus defensores, ó tempo que varias dinastías reais do País de Gales o recoñecen como ancestro (v. Merdrignac, op. cit., px. 78).

A concordancia desta tríada coa lectura do texto de Gildas que fixeramos en Bretones en Galicia (Arqueotoponimia, 2008), no que respecta á migración dos britóns cara unha Armórica situada na costa norte de Galicia nunha data máis recuada que a que se ven propoñendo para o establecemento da Sé Britoniense (século VI), confirma a nosa hipótese de que as lexións ou un continxente de tropas do emperador Magno Máximo se asentou no arvôr galaico cara finais do século IV, sendo porén os célebres migrantes bretóns que, establecidos na Armórica, nunca máis voltaron.

Neste sentido tense pronunciado tamén Ferdinand Lot, que non excluía que un dos puntos xeográficos da extensión desta primeira Armórica, o Cruc Ochidient mencionado por Nennio como límite occidental da mesma, fose unha referencia ó Fisterre galego (v. Merdrignac, op. cit., px. 82).

lunes, 24 de junio de 2024

Mailoc, Britoniensis episcopus, e o seu irmán San Gildas (o do monte Badón)

 

Mailoc, bispo dos bretóns, como reclamo publicitario céltico nunha botella de sidra galega ecolóxica.

O texto do Parroquial Suevo do ano 569 "ad sedem Britonorum ecclesias que sunt intro britones una cum monasterio Maximi & Asturias" ( = na Sede dos Bretóns, as igrexas que hai entre os bretóns, xunto co mosteiro de Máximo e as de Asturias) constitúe según P. David "un testimonio histórico de primeira magnitude sobre a emigración dos bretóns a Galicia nos séculos V e VI; vese que a emigración non se levou só cara á Armórica galo-romana; grupos de refuxiados fuxendo da invasión anglo-saxoa, establecéronse no macizo costeiro que se extende entre Ferrol e o río Eo; algúns pasando ás Asturias" (apud Antonio Tovar: "Un obispo con nombre británico y los orígenes de la diócesis de Mondoñedo", Habis, 1972).

Mais a migración cara a Armórica (o Tractus Armoricanus, a costa continental, non só a da Bretaña francesa, como ben sinalara David) tivo que ser anterior. Sabemos exclusivamente polo monxe Gildas en De Excidio Britanniae (século VI) que "o inicio da migración dos bretóns foi decisión do emperador Magno Máximo [finais do século IV] cando determinou enviar un corpo de tropas a Hispania, onde precisamente se atopan trazas dos bretóns de Máximo en auténticos documentos dos séculos VI e VII, que mencionan en Galicia un mosteiro de Máximo e unha igrexa episcopal sede dos Bretóns" (A. de la Borderie: "Le roi Conan Meriadec et son dernier chevalier", Revue de Bretagne et de Vendée, 1860).

Sobre a necesidade de adiantar o inicio da migración bretoa e o senso amplo de Armórica, xa tiñamos escrito fai tempo o noso "Bretones en Galicia" (Arqueotoponimia, 2008) mais agora retomamos o tema para analizar o feito de que só Gildas fose o único autor ben informado da historia, que profundiza nos detalles e indica que a migración bretoa cara a costa continental foi ordenada e iniciada polo emperador Magno Máximo .

Da vida de Gildas sabemos aproximadamente as datas de nacemento e morte (496-570) e que naceu probablemente na Bretaña insular. Fillo de Caunus, tiña un irmán chamado Mailoc ("Mailocum, qui a patris sacris litteris traditus" = "Mailoc, que foi destinado polo pai ó estudo dos textos sagrados" - Vita Gildae), co mesmo nome que o do bispo da Bretaña menor galega. A formación relixiosa de ámbolos dous Mailocs e as datas coinciden, pois lembremos que o noso Mailoc firma no II Concilio de Braga no ano 572, e probablemente asina no I Concilio de Braga (561) co nome erróneamente transcrito de Maliosus [Maliocus?].

Gildas o Sapiente ou Badónico, chamado así por ter nacido no ano da batalla do monte Badon, era, pois, coétaneo do bispo galego Mailoc, de orixe bretoa. A probabilidade de que o noso Mailoc fose, non só coétaneo, senón tamén o irmán de Gildas, prantexámola á vista da identidade dos nomes, a idéntica formación curricular de ámbolos dous e ós profundos coñecementos que Gildas amosa sobre a migración dos bretóns, que se poderían entender mellor polo interese engadido de ter ó seu irmán como bispo na sede episcopal da Bretaña galega (que sobrevive territorialmente na actual diócese de Mondoñedo-Ferrol).

Sobre o nome do bispo Mailoc o profesor Antonio Tovar (artigo citado) teno vencellado correctamente co nome galés Maglocuno (latinizado) ou Maelgwn, formado por un primeiro elemento maglo, "príncipe, noble", e un segundo elemento cuno, "perro, lobo", que liga á maxia dos nomes de animais, citando a Birkhan, o cal fornece exemplos de como o perro e o lobo son identificados cos xefes (cfr. tamén para unha explicación filolóxica máis detallada, Charles-Edwards, Wales and the Britons, 2013, px. 85). O nome, pois, é un antropónimo propio das elites bretoas, que levaron príncipes como Maelgwn Gwynedd (século VI).

Na Vita Gildae do monxe de Rhuys (Bretaña francesa) vese que Gildas, moi viaxeiro, como todos os relixiosos da céltica insular da súa época, que procuraban a conversión dos pagáns, estivo na Armórica. O seu biógrafo, sendo bretón da Francia, vese obrigado a explicar o termo Armórica moi pormenorizadamente, o que pon de manifesto que dende logo a Armórica que visitou Gildas non era a patria do monxe de Rhuys, a Bretaña francesa, pois nunca se refire a ela como Armórica, senón como Britannia.

Segundo a Vita Gildae, semella que estivo na costa da actual Bélxica, no tempo do rei franco Childerico. Por este detalle vese como o monxe de Rhuys inventa o que non sabe, tenta cadrar Armórica con algunha parte coñecida da costa atlántica e a data da visita co reinado do merovinxio Childerico (437-481), que reinó cando Gildas aínda non nacera. Pensamos que a viaxe é certa, aínda que probablemente Gildas visitara outra colonia bretoa menos coñecida, a da Armórica galega, integrada no reino dos suevos, daquela aínda arrianos. É unha das suxestións de Bernier, que se pregunta se os bretóns non virían a Galicia a reforzar as posicións dos romanos contra dos arrianos (G. Bernier, "As igrexas bretonas en Galicia", Boletín do Museo Provincial de Lugo, 1983).

A existencia desta terceira Britannia, olvidada, nunha parte da Gallaecia (costa da Coruña, Lugo e cecais occidente de Asturias), obriga a reler e desenguedellar a antiga documentación da céltica insular e bretoa da Francia (tanto a histórica como a lendaria), sempre tendo en conta que as mencións a Armórica e á Pequena Britannia poden ser referencias a ela, non só á Bretaña francesa.

Nunha das súas viaxes, de volta á Bretaña francesa, Gildas fundaría un mosteiro nun "castrum in monte Reuvisii in prospectu maris"; alí "construxit monasterium atque in eo claustra coenobitali ritu perfecit". O dato de facer un cenobio nun castro nun monte de Rhuys cadra coa situación do cairn megalítico do Petit Mont de Arzon, na península de Rhuys (Bretaña francesa).

Cairn do Petit Mont de Arzon na península de Rhuys (Bretaña francesa), que posiblemente foi reutilizado por Gildas como eremitorio. (C) Dolores González de la Peña, 2008.

domingo, 23 de junio de 2024

Dúas notas sobre o Rei Charlo de Lourenzá

NOTA 1. O REI CHARLO OU REI SEÑOR

No libro de Apeos de Lourenzá (1527), o mesmo no que María Xosé Rodríguez Galdo atopara o costume da caza do paxariño chamado Rei Charlo por aninovo como requisito para elixir os alcaldes da vila perante o señor abade, existen varias versións relatadas por distintos testigos que van informando sobre este costume e os límites da vila, etc. Todas elas coinciden, salvo a que fornece Alonso Rodríguez de Cabarcos veciño de Vilanova (folios 44-45), que di así na parte que agora interesa:

"que los vecinos e moradores del dicho Concejo el día de año nuevo [...] han de ir a buscar una ave que dicen Rey Señor a la pumarega da fonte e que lo buscan e hallan, todos los vecinos del dicho Concejo son obligados disponer todas diligencias, e que los alcades e juez del año antes postrero pasado son obligados de dar al que lo prendere dos panes de trigo e medio azumbre de vino al que lo hallare e traxere [..] e los vecinos de dicho Concejo que non fueren con los otros de los vecinos a ello, que los tales alcades los prendan e levarles a cada uno [...] que son trece blancas e un dinero [...] e allí lo ponen atado en un palo uno de los alcades, e mandan a dos vecinos de dicho Concejo que mejor les parezcan que lo trayan, e así se vienen con él juntos y le traen a los palacios del señor abad y se lo entregan".

O paxariño coñecido como Rei Charlo era chamado tamén Rei Señor, co que se confirma unha das propostas de Pensado de facer do seu nome un motivo ligado ó rei Carlo Magno ("O Rey Charlo de Vilanova de Lourenzá", Grial, 1981). En galego antigo o Rei chamábase O Señor El-Rei.

Na nosa opinión, a denominación primeira do paxariño sería a de Rei Señor. O reiseñor é o paxaro que tamén se chama carrizo, segundo a glosa do Bacharel Olea comentada por Pensado no artigo citado. A conexión entre o Rei Charlo = reiseñor / carrizo e o folklore europeo do wren, tantas veces aducido nos estudos deste costume, queda plenamente refrendada.

Do nome Rei Señor supoñemos que tería xurdido o alternativo de Rei Charlo por sinécdoque, ó aplicarlle ó paxaro o nome dun dos reis máis famosos da antigüidade (Carlomagno), utilizado aquí para designar ó rei xenéricamente. O costume de Lourenzá amósase, pois, vencellado a primitivos rituais de investidura dos reis, tanto nos nomes que recibía o paxaro, como na finalidade do rito (elección dos alcaldes), ó comprobar agora que o nome de Charlo non lle ven de ningunha ave, como supuña Pensado noutra das súas hipóteses, senón que é equivalante a Rei.

Outra variante interesante da versión do testigo Alonso Rodríguez de Cabarcos é que o premio ós que atopaban e cazaban ó paxariño corría da parte dos alcaldes saíntes e do xuíz. Despois, os que ían ata o pazo do abade levarlle o paxaro eran invitados a comer e beber por este, que é como continúa a narración xa dada a coñecer no estudo de Pensado.

NOTA 2. OS APELIDOS CHARLO E BRETÓN EN LOURENZÁ


Noutro libro do mosteiro de Lourenzá, o Índice de documentos, encontramos Charlo como apelido familiar duns veciños de Canedo (Pacio de Tovar). Trátase do testamento que fixo Juan Charlo, fillo de Pedro Charlo, no ano 1405 (IDL, fol. 149r) e dunha confirmación de foro (IDL, fol. 384r) feita a Pedro López Charlo, tamén do Coto de Canedo, no ano 1620. O apelido Charlo, ó noso parecer, teríase integrado nesta familia como alcume cando un dos seus devanceiros exerceu o cargo de rexedor ou alcalde, cecais nunha época recuada na que o cargo tería certa permanencia máis aló do ano, ou ata carácter hereditario, como ocorría na Bretaña (v. "O topónimo Rilleira como indicador de antigos asentamentos bretóns", Arqueotoponimia, 2024).

Pacio de Tovar no Coto de Canedo (San Tomé de Lourenzá). (C) Mª del Carmen Torres, 2019.

Respecto dos bretóns galegos, cos que se ten vencellado o rito da caza do Rei Charlo de Lourenzá, vemos neste mesmo libro de apeos que figura Bretón como apelido nun documento do ano 1427, integrado no microtopónimo Casal de Bretón, sito na Rilleira de Recemil - Lourenzá (IDL, fol. 183v), o que amosa efectivamente a presencia de bretóns na Mariña lucense, máis aló do que se sabía pola existencia da Sede Britoniense e da análise filolóxica do nome celta do bispo Mailoc. O lugar de Casal de Bretón é mencionado noutra parte (IDL, fol. 473v) a propósito da herdade da Vila do Rei, que lle pertencía. Sobre o termo Rei como topónimo, se ben pode ser un hidrónimo provinte do latín rivi, "río", en caso xenitivo, non descartamos, á vista do sucedido co apelido da familia Charlo, que Vila do Rei puidese ser un microtopónimo motivado por ter sido propiedade dun destes reis tribais das divisións territoriais chamadas rilleiras, tan semellantes ós ploue bretóns.

Casal Bretón ou de Bretón (noutras mencións) e Vila do Rei no documento mencionado.

O topónimo Rilleira como indicador de antigos asentamentos bretóns

Na documentación do mosteiro de Lourenzá vese como o que hoxe consideramos simples aldeas, como a de Recemil (Lourenzá), en realidade eran chamadas rilleiras ou relleiras.

Como topónimo maior, A Rilleira semella que só existe en Cabarcos (Castro da Rilleira) e en Cambás, aínda que como nome de terras (microtopónimo) é algo máis frecuente e ten unha distribución moi marcada na Mariña lucense e na área de influencia de Santiago de Compostela.

Segundo María Cando "rilleira é un topónimo derivado da palabra rella, do lat. REGŬLA ‘regra’ ‘barra de metal ou de madeira’ (DCECH), co significado de “pegada que deixa unha roda” (DRAG), pois cómpre ter en conta que o concello de Barreiros está caracterizado por terras lamentas" (María Cando Cruña, Estudo etimolóxico e semántico da toponimia maior de Barreiros, 2021).

Se ben a etimoloxía fornecida é correcta, nós non estamos de acordo coa acepción xeral que se ofrece, e vemos a necesidade de adaptala ó contexto agrario no que se atopan as rilleiras: apuntamos que ese regula > rella é unha referencia á rella ou ferro do arado. Porén a pegada que deixa a rella do arado na terra será, neste caso, unha relleira ou rilleira. Nada que ver, pois, coas pegadas das rodas do carro na lama ou as chamadas rodeiras (na pedra das calzadas).

Por extensión ou ampliación do significado, rilleira pasou a indicar un terreo de labradío que conformaba unha división territorial específica, alusiva a un tipo de asentamento en granxas dos colonos dos mosteiros, menor que a parroquia e de todo punto comparable ó plou bretón, co que comparte etimoloxía semánticamente; xa viramos que a etimoloxía dos numerosísimos topónimos bretóns do tipo Plou-, como Plougastel, remite a plough / plovum, "arado", non ó latín plebem, "pobo" (Plou y el arado, Arqueotoponimia, 2008), termo do que provén o nome da división territorial específica das comunidades bretoas, os ploue, que se teñen comparado ás parroquias galegas.

Segundo Arthur de la Borderie, o plou bretón non é únicamente unha circunscrición, é unha institución, e aínda que os escribáns medievais traduzan este termo polo latín plebs, non ten que ver coa plebs eclesiástica; o plou é unha institución civil, un grupo de habitantes establecidos por xeracións nun territorio rexido por un xefe, cuxa principal prerrogativa é exercer o poder xudicial, que é nomeado como príncipe do plou, en latín princeps plebis, e tiern en bretón, investido dunha autoridade hereditaria (Le Cartularie de Landevenec, 2022). Sucede o mesmo na nosa zona de estudo, exceptuando o carácter hereditario dos cargos de rexedor ou alcalde, que polo que sabemos eran elixidos anualmente (cfr. a elección de alcaldes e xuíz segundo o costume da caza do Rei Charlo de Lourenzá).

Rilleira da Telleira (Lourenzá).

Así, na páx. 442r do Índice de documentos do Mosteiro de San Salvador de Lourenzá (IDL) un testigo indica que a relleira de Telleira comprendía os lugares de Pumar de Don e Condomiña, polo tanto, sen chegar a abranguer a parroquia de Santa María de Lourenzá na súa totalidade. Outro testigo (IDL px. 447v) indica que no concello de Lourenzá había catro relleiras, con setenta casais distribuídos entre elas, propiedade do mosteiro. Polo tanto dedúcese a articulación do territorio colonial do mosteiro en rilleiras, e estas, en lugares, cos seus casais.

O paralelismo entre as rilleiras e o sistema bretón armoricano de ordenación territorial dos ploue deixa de ser unha mera coincidecia se lembramos a chegada dos bretóns ás costas de Galicia (a pequena Armórica) a partir de finais do século IV (v. "Bretones en Galicia", Arqueotoponimia, 2008). Entendemos que este sistema de colonización agraria e articulación territorial podería ser de orixe bretoa, porque ademais deixou a súa pegada no nome dun dos casais que formaba a rilleira de Recemil (Lourenzá): Casal de Bretón. O noso primeiro topónimo "Bretón"!

O primeiro bretón que deixou a súa pegada na toponimia de Recemil (IDL px. 183v).

Lembremos tamén que o xeógrafo francés Abel Bouhier, nunha das súas máis interesantes hipóteses sobre a orixe da paisaxe agraria galega, e ó respecto das peculiaridades da paisaxe da zona das montañas setentrionais, prantexara a posibilidade dunha orixe bretoa para o sistema do bocage propio dela. Posto que os colonos bretóns chegaron á Armórica galega establecendo en torno ó século V (nós probáramos que fora antes) a Sede Britanorum, e dita forma de parcelación / ocupación agrogandeira foi coñecida entre eles "sería entón lícito pensar que os bretóns, que traían a fórmula agraria do cerrado, a tiveran difundido no norte de Galicia" (Galicia. Ensaio e interpretación dun vello complexo agrario, trad. Benxamín Casal, 2001, px. 1229).

martes, 18 de junio de 2024

Os Culdees britóns da illa Coelleira

Daquela famosa carta que Justo Pico de Coaña publicara na Ilustración Gallega y Asturiana (28/7/1881), quen non lembra o relato dos "templarios" (?) da illa de San Miguel da Coelleira, que navegaban en barcas de coiro para ir dar misa na capeliña que logo foi a igrexa de Santiago de Viveiro?

O motivo das barcas de coiro trasládanos ó ámbito dos coracles galeses (britóns), pois é que a costa galega de Viveiro pertenceu á diócese de Britonia, a primeira igrexa galega, fundada polos britóns que, a partires de finais do século IV da nosa era, migraron (1) cara Armórica (a costa atlántica europea).

Para soster que o mosteiro de San Miguel foi fundación britona, pertencente á diócese britonnorum, baseámonos tamén na súa ubicación nunha illa costeira, propia dos eremitorios dos Culdees. As fundacións monásticas da Igrexa primitiva galesa podían presentarse nesta forma dúplice, cun mosteiro principal situado no interior e un eremitorio nunha illa (Stöber e Austin: "Culdees to Canons: the Augustinian Houses of North Wales", 2013).

O nome latino deste tipo de eremitas é coelicola, e parécenos que pode ser a orixe do topónimo da illa de San Miguel da Coelleira, polo que a forma medieval documentada do topónimo, Quonicularia (dos coellos) non sería máis que unha pseudolatinización. Para elo recorremos a unha evolución híbrida celto-galega na que o diptongo do radical coel- evolúe como en galés, cwyl, ó que se segue a perda do -l- intervocálico máis a redución do grupo c´l > ll, propias do galego. Destes cambios sae a forma *coella, á que se lle engadiría o sufixo derivativo, Coelleira. Deste xeito, coa mediación dos migrantes de falas britónicas, xustifícase a forma Coelleira fronte ó esperable *Celleira. Porén, o nome da illa viría motivado, non polos coellos, senón por ubicarse nela o eremitorio britón dos coelicolas (celícolas ou Culdees), os adoradores do ceo.

_______________________________

(1) Unha versión lendaria desta migración histórica, vía Bretaña francesa, podería ser a que se recolle na lenda dos Templarios da Coelleira, que semella conter versións actualizadas dos feitos e dos seus protagonistas: "Cuando en Francia fueron perseguidos los Templarios por el rey Felipe el Hermoso, vinieran para la Coelleira 38 de ellos de aquella nación" (E. Lence Santar: "La isla Coelleira", Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Lugo, 1943).

lunes, 10 de junio de 2024

Un galego na corte do rei Artur: o emperador Magno Máximo

Entre as fitas de néboa que envolven as lendas sempre se albisca a historia. A suposición de que certamente existiu un dux bellorum britano-romano cuxas xestas, magnificadas aínda máis polo paso do tempo, deron pé á construción da personaxe lendaria do rei Artur ten orixinado varias propostas de identificación. A que ten máis sona é a de que a figura histórica na que se baseou a lendaria foi a persoa do prefecto Lucio Artorio Casto (s. II), que estivo ó mando dun continxente de cabalería sármata (escita) en Britania. Nesta hipótese pouco máis hai que o parecido entre o nome de ambos, Artorio - Artur, pois o mito escita (o mito de Batraz) que se alegou como coincidente co motivo da espada no lago á morte de Artur, é un motivo tardío que non aparece nas primeiras lendas do ciclo artúrico (véxase unha comparativa en Sainero: Arturo: Dux Bellorum, 2018).

Que dicir das xestas militares e heroicas do tal Lucio Artorio Casto? Que foi o que fixo para crear en torno á súa figura semellante lenda descomunal? Nada destacable que se saiba, a escala mítica.

Pola contra, segundo Robert Humphries, nas tradicións galesas só aparecen reiteradamente dúas figuras, sempre inextricablemente vencelladas á soberanía da illa, á soberania de Britannia, e son Macsen Wledig e Gwrtheyrn, é dicir, o emperador galaico-romano Magno Máximo e Vortigerno ("From Superbus Tyranus to Gwrtheyrn Gwrtherneu. The development of the Vortigern tradition in early medieval Wales").

Imos centrarnos, pois, na análise destas dúas figuras históricas para amosar que en realidade Magno Máximo e Vortigerno non foron dúas persoas distintas, senón unha soa, case como Deus. Movémonos cronolóxicamente entre os séculos IV e V, nos séculos escuros, no mundo bárbaro do fin do dominio romano sobre a illa de Britannia (ano 410).

Gallaecia, Betica e Lusitania na Notitia Dignitatum. (C) Fondation Martin Bodmer, Cod. Bodmer 118.

Magno Máximo naceu na Gallaecia ca. 340-345, como o seu primo o futuro emperador Teodosio (M. Craven, Magnus Maximus: The neglected roman emperor and his British legacy, 2023). Segundo Craven, o feito de seren creada por entón Gallaecia como provincia romana das consulares, de maior categoría, deberíase ó emperador Magno Máximo, o que amosaría a sua conexión con Gallaecia. Como xa dixeramos fai anos, outro dato que liga a Magno Máximo coa Gallaecia, concretamente coa Gallaecia máis galega, é o establecemento dos seus britanos na costa armoricana de Galicia e cecais da de Asturias, e a fundación en Bretoña do "monasterio Maximi" (o mosteiro de Máximo) no século IV (Bretones en Galicia, Arqueotoponimia, 2008). Coñecemos o nome do bispo britano que estivo a cargo da sede no século VI, Mahiloc, de orixe galés, Magloco (nominativo de Maglocunos: Charles-Edwards, Wales and the Britons, 2013, px. 85).

Durante a carreira militar de Máximo, pasou a Britannia, e ata estivo establecido na illa. A súa victoria nos conflictos bélicos contra os rebeldes pictos e escotos na zona do muro de Adriano entre os anos 380-381, nunha empresa na que tódolos líderes militares fracasaran previamente, motivou que os seus homes o proclamasen líder supremo (tyrannus), o que á súa vez desencadeou o proceso de usurpación que rematou coa proclamación de Máximo como emperador de occidente, tralo asasinato do emperador Graciano no ano 383. Por este motivo a figura de Máximo (como usurpador) estivo condenada á maior escuridade e desprestixio na historiografía romana, e por este mesmo motivo, paradóxicamente, foi elevada á categoría de mito na primitiva historiografía de Britannia, como o primeiro rei. As datas son aproximadas, e expóñense na Chronica Gallica do ano 452:

  • No ano III de Graciano "Maximus tyrannus / imperator (1) in Britannia a militibus constituitur" = no ano 3º do emperador Graciano, Máximo foi proclamado en Britannia líder supremo polos seus homes.
  • No ano IV de Graciano "incursantes pictos et scottos, Maximus Tyrannus strenue superavit" = no ano 4º de Graciano, Máximo Tirano aplastou as incursións dos escotos e os pictos. Veríficase xa a variante do nome de Magno Máximo como Máximo Tirano.

A trascendencia real da súa persoa amósase no pilar de Eliseg (Denbigshire - Gales), erixido por Concenn sobre o ano 800. Nel aparece como rei de Britannia, e vencellado á liña xenealóxica dos príncipes de Powys (reino de Gales); inequívocamente é Magno Máximo pois alúdese a el como o rei Máximo de Britannia, que matou ó rei dos romanos (ó emperador Graciano). Na inscrición fálase da súa filla Severa, coa que Guarthigirn (Vortigerno) tivo un fillo (2), bendecido por San Xermano. A continuación fornecemos parte do texto do pilar, hoxe ilexible, tomado do estudo de Robert Vermaat ("The text of the pillar of Eliseg" - Vortigern Studies) que reproduce a lectura que o lingüista Edward Llwyd fixera en 1696.

[--] MONARCHIAM
[--] MAXIMUS BRITTANNIAE 
[CONCE]NN PASCEN[T] MAUN ANNAN
[+] BRITU A[U]T[E]M FILIUS GUARTHI
[GIRN] QUE[M] BENED[IXIT] GERMANUS QUE[M]
[QU]E PEPERIT EI SE[V]IRA FILIA MAXIMI R
[E]GIS QUI OCCIDIT REGEM ROMANO
RUM + CONMARCH PINXIT HOC
CHIROGRAFIUM REGE SUO POSCENTE
CONCENN + BENEDICTIO DOMINI IN CON
CENN ET SUOS IN TOTA FAMILIA EIUS
ET IN TOTAM [RE]GIONEM POUOIS.

Pilar de Concenn ou de Eliseg en Valle Crucis Abbey, Denbighshire - Wales. O pilar ía rematado por unha cruz que foi abatida polas tropas de Cromwell no século XVII (Vermaat, "The Pillar of Eliseg" - Vortigern Studies).
(C) Eliseg's Pillar, Northeast Wales, 2024.

A trascendencia mítica de Magno Máximo amósase na personaxe lendaria de Macsem Wledig, Máximo o Príncipe, o Rei, que protagonizou parte do ciclo literario dos Mabinogi na historia de "Breuddwyd Macsen Wledig" (O soño de Macsen Wledig): "Macsen, emperador dos romanos, saiu un día de caza en compañia dos seus homes [...]".

Ata aquí temos, porén, a un galego / galaico como efectivo rei de Britannia, orixe da monarquía da illa, orixe da liñaxe dos príncipes de Gales e protagonista dos Mabinogi. Alguén dá máis? Pódeselle dar outra voltiña? Pódeselle dar, se pasamos a analizar os nomes propios.

GWRTHEIRN / VORTIGERN, VERSIÓN GALESA DO NOME MAXIMO TYRANNO


O nome de Gwrtheirn (Vortigern ou Vortigerno) non é un nome propio, senón un título, composto de dúas palabras galesas. Gwr ou vor significa "grande" e theirn, teyrn ou tigern, "señor" (3). A primeira palabra do composto non ofrece dúbidas, a alternacia nas linguas célticas insulares entre vor / mor é ben coñecida, e probablemente indica que o termo é un préstamo antigo tomado do latín ma(i)ore, "grande". A segunda palabra theirn / teyrn / tigern está intrínsecamente vencellada ó latín tyrannus, "gobernador, señor". De feito tamén semella unha adaptación ó galés do termo latino tyrannus. Vortigerno, porén, é unha glosa de Maximo Tyranno, que era outro dos nomes polos que era coñecido o emperador Magno Máximo, como vimos na Chronica Gallica. O título Gwrtheirn mantívose como tal na onomástica galega ata o século IX nos nomes Gutierre / Gutiérrez, dos condes Hermenegildo Gutiérrez e o seu fillo Gutierre Menéndez.

No Excidio Britanniae do monxe Gildas (século VI), que contén a primeira crónica histórica da illa, non aparece mencionado Vortigerno, senón un Superbus Tyrannus, que ven sendo, á súa vez, outra forma de se referir a Magno Máximo; é a mesma idea da Chrónica Gallica, na que usaban Maximus Tyrannus (maximus = superbus, "soberbio, enorme"). A este Superbus Tyrannus (Magno Máximo), primeiro rei britano, atribúeselle a responsabilidade de introducir na illa os depredadores saxóns como aliados e colonos (foederati) na súa loita contra os pictos e escotos, decisión á que tanto Gildas como o Venerable Beda na súa Historia Ecclesiastica Gentis Anglorum (século VIII) vencellan a perda da soberanía sobre o país. Beda é o primeiro cronista que glosa ó Superbus Tyrannus de Gildas como "suo rege Vurtigerno", creando así, co aparente cambio de nome, o que parece unha outra personaxe, desglosada da figura de Magno Máximo. Neste punto da historia sabemos xa cal foi a estratexia empregada, nun proceso iniciado por Máximo, para vencer os pictos e escotos: a alianza cos foederati xermanos, como adoitaron facer os romanos noutras provincias no declive final do seu imperio en occidente. Na Hispania pasou exactamente o mesmo.

Jude Law no papel de Vortigerno na película King Arthur: Legend of the Sword - Guy Ritchie, 2017.

A estas alturas temos ó galaico Magno Máximo, emperador de occidente, rei de Britannia, fundador da liña xenealóxica dos príncipes de Powys (Gales) e protagonista dunha historia nos Mabinogi, desdobrado xa en Vortigerno, tratado amplamente como personaxe histórica nas crónicas británicas (Beda, Nennius, etc.), e personaxe fundamental coa que se inicia o ciclo artúrico, onde representaba o papel de malvado que usurpa o trono britano ó tío de Artur, Aurelio Ambrosio (que supomos trasunto do emperador Graciano). Pódese ver que o ciclo artúrico iníciase coa idea política subxacente de restaurar o mítico reino de Britannia, perdido trala errónea decisión histórica por parte de Magno Máximo / Vortigerno de entregalo ós foederati saxóns. A personaxe de Arturo nace literariamente, pois, como contrapunto de Magno Máximo, como alter ego, por oposición ó primeiro rei galaico de Britannia. Dicía Rodney Castleden que "Vortigerno é unha figura moi interesante porque dalgunha forma prefigura a Artur" (King Arthur: The Thruth Behind the Legend", 2003).

Dolmen de Carreg Coetan Arthur en Newport (Gales). A. Galíndez, 2013.

MERLÍN, O DRUÍDA DE MAGNO MÁXIMO


San Ambrosio de Milán, chamado Aurelio Ambrosio, foi un poderosísimo bispo na época de Magno Máximo, moi vencellado ó emperador. Xa co emperador anterior, Aurelio Ambrosio fora responsable da excomunión e desterro do bispo Prisciliano da Gallaecia e os seus seguidores, pois informara a Graciano das prácticas máxicas que exercían os priscilianistas, e este decretou o seu desterro. En última instancia, aínda que a Igrexa tentara minimizar a súa responsabilide, a persecución do priscilianismo por parte de Ambrosio de Milán influíu tamén no decreto de Máximo, que impuxo a condena á pena capital de Prisciliano e os seus discípulos.

Como xa vimos que Magno Máximo é a mesma persoa que Vortigerno, convén engadir que o druída de Vortigerno, o famoso mago Merlín, é mencionado nos textos insulares como Ambrosio, o que na nosa opinión supón unha clara alusión a Ambrosio de Milán, o bispo do emperador Magno Máximo. Algunhas das mencións son:
  • "Merlinus vates Vortegirni" (Geoffrey de Monmouth) - onde se define a Merlín como vate (profeta, cecais no senso de druída) de Vortigerno = Magno Máximo.
  • "Merlinus Ambrosius" (Geoffrey de Monmouth) - onde xa aparece o nome de Ambrosio aplicado a Merlín.
  • "Ambrosius [...] sub rege Vortigerno prophetizavit" (Giraldus Cambrensis) - onde se fala das súas profecías no tempo do rei Vortigerno = o emperador Magno Máximo (N. I. Petrovskaia, "The fool and the wise man. The legacy of two Merlins in modern culture", 2017).

Reliquias de San Ambrosio (mago Merlín) na basílica de Milán.

Resulta esclarecedor o vencello entre a figura do vate pagano e do bispo cristiano, polas súas funcións de intermediarios co sagrado. Doutra banda, vemos como na formación da chamada materia de Bretaña, nos seus alicerces, subxacen personaxes reais da época britano-romana, tamizados polos mitos célticos que aínda pervivían no país.


_______________________________

(1) Imperator aparece noutras versións: Mathisen e Shanzer, Society and Culture in Late Antique Gaul, 2017.

(2) Cecais a proba do algodón máis chamativa de que Magno Máximo e Vortigerno eran a mesma persoa é o incesto lendario que se lle atribúe a Vortigerno. Os que lesen o pilar de Eliseg, ou documentos semellantes, lembrando que Maximus e Guarthigirn eran a mesma persoa só poderían chegar á conclusión de que Severa tivo un fillo co seu propio pai, de aí a orixe do dato lendario do incesto. O texto do pilar foi redactado, ó que parece, nun momento no que os dous nomes xa se atribuían a dúas persoas diferentes, non obstante, perduraba a noción de estaren estreitamente emparentadas, polo que Máximo aparece como sogro de Vortigerno.

(3) A tradución é miña, por evidente; non se precisan moitos coñecementos de galés para darse de conta, só bastantes de latín. Outros investigadores aseguran a equivalencia entre Gwrtheyrn e Superbus Tyrannus / Maximus Tyrannus, p. ex. Foster e Daniels, Prehistoric and Early Wales, 2017: "There is a likelihood that Gildas' description of Vortigern as superbus tyrannus is a translation of British *Vortigernos; Guy Halsall, Worlds of Arthur. Facts an Fictions of the Dark Ages, 2013: "Vortigern's name could be read as a translation of the Latin magnus or (better) maximus tyrannus, wich can mean Magnus or Maximus the Tyrant but also great, or greatest, tyrant".

miércoles, 2 de septiembre de 2020

Bretóns nas montañas setentrionais de Galicia

Si, mais desde cando?


Nunha das súas máis interesantes hipóteses sobre a orixe da paisaxe agraria galega, e ó respecto das peculiaridades da paisaxe da zona das montañas setentrionais, o xeográfo francés Abel Bouhier prantexou a posibilidade dunha orixe bretona para o sistema do bocage propio dela. Posto que os colonos bretóns chegaron á Armórica galega establecéndose nela en torno ó século V na Sede Britanorum, e dita forma de parcelación / ocupación agrogandeira foi coñecida entre eles: "sería entón lícito pensar que os bretóns, que traían a fórmula agraria do cerrado, a tiveran difundido no norte de Galicia" (Galicia. Ensaio e interpretación dun vello complexo agrario, trad. Benxamín Casal, 2001, px. 1229). Á súa hipótese o mesmo autor opón o feito de que por acordo xeral adoita fixarse a sede dos bretóns galegos en Bretoña (Pastoriza), aldea que ocupa unha situación nidiamente periférica ós eidos de cerrados do bocage.

O feito de que a capitalidade da Sede Britanorum se sitúe por consenso en Bretoña é un dato totalmente irrelevante, pois o territorio galego ocupado polos bretóns coincide en liñas xerais co do bocage das montañas setentrionais (é básicamente a diócese Mindoniense medieval).


Xa tiñamos falado no blog da hipótese de Winfrid Scut (Penencia y la lengua céltica de los ártabros). En 2017 (1) propuxo que o paleo-río que se situaba entre a Bretaña francesa e as terras que hoxe forman as Illas Británicas separaba un territorio que compartía unha mesma lingua (Celta P) durante o Paleolítico; este territorio quedou escindido completamente coa formación da Canle da Mancha, e a escisión produxo os tres dialectos do Celta P: galés, córnico e bretón. Dentro do Paradigma da Continuidade Paleolítica,o desenvolvemento desta hipótese terá que ter en conta tambén ó fisterre galego como parte dese paleo-territorio armoricano ocupado por falantes de Celta P, que, ademáis da lingua, poderían ter compartido a mesma fórmula agrogandeira do bocage moito antes do século V da nosa era. En resumo: na nosa opinión, as frechiñas da figura de W. Scut van en dirección oposta.

(1) Imaxe e datos en "A Geography of P-Celtic", Maastrich, 2017, Language in European Prehistory: https://youtu.be/Jjq_sywIsXg

domingo, 23 de diciembre de 2018

Penencia y la lengua céltica de los ártabros

Punta Penencia (Ferrol), como Pen-hir (Camaret-sur-Mer, Bretaña), da nombre a un promontorio terrestre que se adentra en el mar, un espolón o pequeño cabo. El topónimo es, por lo tanto, redundante, ya que glosa en una nueva lengua la misma idea que ya se expresaba en la antigua y olvidada lengua de los ártabros (punta = pen).

La etimología de estos dos topónimos es céltica, e importa mucho para establecer la tipología de lenguas célticas que se hablaron en Galicia antes de su romanización, y brevemente tras ella, pues las dos evoluciones que ha sufrido el étimo indoeuropeo *kwen, "cabeza, extremo, punta", han permitido diferenciar a los especialistas dos principales grupos de lenguas célticas, el Celta P y el Celta Q.

En goidélico o Celta Q la evolución del indoeuropeo *kwen, "cabeza, punta", fue hacia CENN, perdiéndose el apéndice labiovelar y manteniendo la oclusiva velar. Pertenecen al Celta Q- el gaélico irlandés, el escocés y el manés. Son lenguas célticas más conservadoras, como se verá.

En britónico o Celta P la evolución de *kwen fue hacia PEN, bilabializándose el grupo kw. Son lenguas de este tipo el galés, el córnico y el bretón. Y también fueron britónicas las lenguas célticas que se hablaron en las costas de Galicia inmediatas al Promontorio Céltico, junto a los ártabros o arrotrebas, a juzgar por este tipo de topónimos que todavía sobreviven (véase también Petón y Cueto / Coto: celta P vs celta KW).

Este hecho resulta importantísimo para establecer la filiación britónica de las lenguas célticas de Galicia, que se creían de tipo goidélico (Celta Q), como el resto de las lenguas célticas hispanas. A mi juicio, la innovación KW > P que se produjo en los tres finisterres atlánticos se explicaría por un estrecho contacto que podría deberse a la pertenencia de todos ellos a una misma cultura marítima o proto-estado (similar al de los Pueblos del Mar), del que no participaría, o lo haría en menor medida, el marginal territorio escoto-irlandés: al no experimentar la misma innovación fonética estaría mostrando indirectamente una menor integración o dependencia con respecto a los otros tres territorios.

Penencia < *Pennentia, podría ser un compuesto equivalente al orónimo galés Pennant, glosado como "caput vallis", formado por un segundo elemento nanto, "valle", también atestiguado en la antigua hidronimia de Galicia: "Sancte Marie in ripa Nantone ubi dicunt Mosoncio" (s. X, documentos de Sobrado). Evidentemente, la consideración de Penencia como caput vallis implica una configuración costera distinta, con un retroceso de la costa que se habría producido durante el último periodo glaciar.

Os Tres Aguillóns en Pen-hir. (C) A. Galíndez, 2008.

(C) Winfrid Scut, 2017.

En las diversas teorías que intentan explicar la dispersión geográfica del Celta P o se olvidan de Galicia, o se recurre a los britones de Mailoc que llegan en el siglo VI. Winfrid Scut en 2017 (1) propuso que el paleo-río que se situaba entre la Bretaña francesa y las tierras que hoy forman las Islas Británicas separaba un territorio que compartía una misma lengua (Celta P) durante el Paleolítico; este territorio quedó escindido completamente con la formación del Canal de la Mancha y la escisión produjo los tres dialectos del Celta P: galés, córnico y bretón. Dentro del paradigma de la Continuidad Paleolítica, la explicación que se ofrezca tendrá que tener en cuenta al finisterre gallego como parte de ese paleo-territorio armoricano ocupado por hablantes de Celta P.

(1) "A Geography of P-Celtic", Maastrich, 2017, Language in European Prehistory: https://youtu.be/Jjq_sywIsXg

Romadonga y Campo de Roma

Martín Sevilla en "Un indicio de cristianismo céltico en Asturias" (Lucus, nº 3, 2002) propuso que el topónimo asturiano Romadonga (Gozón) provendría del gaélico rúam, "monastic settlement, burial place, cemetery", y habría entrado con dicha acepción en la toponimia de Galicia y Asturias cuando se establecieron aquí los bretones de Mailoc en el siglo VI. A su vez, el sustantivo rúam del gaélico, según Vendryes, vendría del nombre de la ciudad de Roma como principal lugar santo de Occidente.

Campo de Roma (Barbadás, Ourense). (C) P. Gallego, 2017.

Respecto al determinativo dominica, "del señor" > -donga, el autor no encuentra una justificación adecuada, y se pregunta si tal vez es una alusión a las "autoridades eclesiásticas, como el obispo" y finaliza con una suposición algo traída por los pelos: "¿acaso nombró *Roma domnica en origen a la sede del obispado de Britonia cuando se trasladó a Asturias con la conquista árabe? Como topónimo Romadonga alude a un lugar inmediato a la iglesia parroquial de Cardo, sobre una colina que domina un amplio territorio. Bien pudo ser tal lugar el asentamiento del obispo de Britonia durante su estancia forzada en el territorio astur".

En Irish Names of Places de P. W. Joyce encontramos que el gaélico domhnach "signifies a church, and also Sunday, is from the latin Dominica, the Lord's day". Por si queremos completar la idea de Martín Sevilla, el topónimo Romadonga, de supuesto origen gaélico, sería un compuesto hagiotoponímico que significaría el cementerio (rúam) de la iglesia (domhnach), o simplemente, un establecimiento eclesiástico.

Fernando Cabeza Quiles sigue en parte la hipótesis de Martín Sevilla, y explica la costumbre "dos monxes e clérigos irlandeses de colleren nas súas visitas de peregrinación a Roma terra daqueles camposantos onde había soterrado o corpo dalgún santo notable, para despois espallala nos cemiterios dos seus mosteiros" (A toponimia celta de Galicia, 2014, pg. 451-4). En este sentido, el Roma de Abadín apoyaría la hipótesis de Martín Sevilla, al situarse próximo a Bretoña, donde "os celtas bretóns cristianizados de Maeloc ou Mailoc puideron ter a súa sé".

En mi opinión no hace falta irse hasta la ciudad de Roma para explicar el gaélico rúam, "burial-ground", pues en la edición de Stokes del Calendario de Oengus se nos remite a los cognados germanos rûma, raum, room, "habitación" ("On the Calendar of Oengus", Transactions of the Royal Irish Academy, 1880, V.I, pg. CCCIX).

Es muy posible que tanto el topónimo itálico Roma (de etimología incierta), como el gaélico rúam, o el inglés room, tengan un origen común indoeuropeo en un término que habría significado asentamiento, habitación, lugar de descanso (de vivos y muertos, de donde la acepción de cementerio entre los celtas insulares*), etc. Así, el topónimo que da nombre al castro de Roma (Ponteceso) tendría el mismo origen paleoeuropeo que el de la Roma itálica, y el Romadonga asturiano, además, compartiría con el grupo lingüístico itálico la misma formación del tipo Alba Longa (antiguo nombre de Roma), si, como supongo, ese -donga no es más que el sonido cacuminal resultante de la palatalización de longa en *Roma Longa (cfr. Covadonga < Cova Longa / Aqua Longa).

*Parecida evolución ha sufrido la palabra cementerio, del griego koimeterion, "dormitorio", que se especializó como "cementerio, lugar de enterramientos".