As estructuras viarias da calzada romana de Quinea, que se cita no Poema do Cid, e da calzada de Guinea (hoxe Vía de la Plata), que formaba a fronteira entre o reino de Galicia e León e o de Castela na Extremadura leonesa, utilizáronse como fronteiras entre reinos. Seguramente o motivo da elección das calzadas como marcas territoriais foi por estar construídas sobre plataformas sobreelevadas na paisaxe, moi visibles por acadaren unha certa altura e anchura. Amais daquela terían perdido prácticamente a súa función de vías de comunicación militar.
Toponimia prerromana, hidronimia paleoeuropea, etnografía, megalitismo e arte rupestre. Se chegaches aquí por Google e non te levou á entrada que procurabas, volta a repetir a búsqueda dende Bing! ou usa o buscador interno do blog. Grazas!
domingo, 15 de febrero de 2026
Calzada de la Guinea / Quinea
miércoles, 21 de mayo de 2025
A Ruta da Prata ó seu paso por Casas de Millán
Segundo Antonio M. Castaño Fernández (Los nombres de Extremadura, 2004) o topónimo Millán viría do nome propio de orixe romano Aemilianus, en caso xenitivo de posesión (Aemiliani > Millán), por ser a vila propiedade dun cidadán romano chamado Emiliano. Os restos romanos do concello das Casas avalan esta etimoloxía: a ara romana encastrada na ermida de Tebas, a excepcional "columna visigótica" que é máis ben tardorromana, como xa temos exposto no blog ("Ara cristiano romana de Casas de Millán", Arqueotoponimia, 2012), e os restos romanos achados na finca da Matilla aproximadamente nos anos 50-60 do pasado século, ou cecais antes, e que hoxe están en paradoiro descoñecido, sen que se poida saber exactamente que pezas se atoparan (información fornecida por meu pai Domingo González García cando eu era ben cativa e case que non prestaba atención a estes detalles).
Ara romana das Casas de Millán (ermida de Tebas).
Moi preto do pobo, é ben coñecido que discorría a calzada romana da Vía da Prata, cuxo firme e amplitude aínda poden contemplarse preto da casa rural "Los Canchales" (Pedroso de Acín). O trazado da calzada aproximadamente ía por onde a estrada nacional 630 no tramo Cañaveral - Puerto de los Castaños. O que resulta moi novidoso é a posibilidade que imos expoñer do desdobramento da calzada en Cañaveral.
Nos "Cuadernos Interiores" do IGN vese que un pouco máis arriba dos Paradores da Estación de Cañaveral saía un outro ramal da calzada cara ó leste, que semella achegarse ó pobo das Casas pola finca da Matilla (actual instalación fotovoltaica de Zelestra), e que logo, polo camiño vello das Casas a Grimaldo, que parte da igrexa, se incorporaría de novo á calzada principal. É dicir, este desvío bordearía a serra de Santa Marina polo sur, e explicaría o enclave de Cáceres Viejo no cumio do monte de Santa Marina como posto romano de control e observación desta variante. Cabe tamén a posibilidade de levar esta variante por Mirabel, ben polo vello camiño das Casas a La Moheda, ben polo Puerto de Mirabel. Na nosa opinión, a ubicación estratéxica neste paso do castelo de Mirabel, que aínda que edificado no século XV, asentábase sobre outra construción previa, asegura a importancia desta vía de tránsito.
domingo, 8 de diciembre de 2024
Necrópole do Vao de Alconétar - dólmenes do Guadancil
Se existe un conxunto de megálitos asombroso, non tanto pola grande concentración ou pola magnitude (son máis ben dun tamaño discreto), senón pola súa situación, é o conxunto dos dólmenes espallados no entorno do Vao de Alconétar - Cerro Garrote - Río Guadancil, na provincia de Cáceres. Non é só que estean á beira de dúas antigas vías de comunicación, o Cordel de Gandos e a Calzada Romana da Vía da Plata (trazada probablemente sobre unha vía previa de orixe natural), que descorren moi xuntas nas inmediacións do vao do río Teixo; a súa peculiaridade ven dada pola situación dos dólmenes ocupando tamén os cumios de tódolos pequenos outeiros que asoman na paisaxe, sen que quede ningún sen o seu megálito no curuto.
5º No Cerro da Biga: "una piedra empotrada en el suelo, de figura irregular cuyas mayores dimensiones son treinta y cinco centímetros de longitud, treinta centímetros de latitud y medio metro de altura. Está colocada en la falda S.L del Cerro de la Biga". Posible estela, ou ortostato illado?
martes, 19 de septiembre de 2023
Eyu, o pronome de primeira persoa do singular de Ferreira de Alcântara
Nunha das conversas gravadas en Ferreira de Alcântara (Cáceres) para o proxecto FRONTESPO, escóitase varias veces ó longo da mesma o uso do pronome persoal de primeira persoa do singular eyu (cognado equivalente do galego-portugués eu, astur-leonés you, castelán yo).
A conversa é ben interesante, ademáis, para notar como se levou a cabo o proceso de imposición lingüística do castelán nos pobos fronteirizos españois que aínda conservaban a lingua portuguesa como lingua materna. Neste proceso de aniquilación fora esencial a labor dos mestres do pasado franquista como don Roberto: Herrera de Alcántara 01. Sesión 4. Juicios sociolingüísticos (1ª p).
Como sinala Xosé Henrique Costas no seu último traballo, o gloticidio xa é un feito irreversible; na maioría das aldeas da fronteira vertical entre España e Portugal estímase que se perderán nuns anos todas as falas portuguesas da mesma, por despoboamento das aldeas, polas políticas de estigmatización cultural que se promoveron no pasado e a inacción actual das institucións. Resulta unha excepción o caso de Olivença, que ó ser unha poboación grande e con políticas activas en prol da lingua portugesa (a lingua estúdase na escola e na Universidade Popular) aínda é posible reverter o proceso de perda da lingua ("As falas portuguesas arraianas en España: crónica dun gloticidio consentido", A Trabe de Ouro, nº 123, 2023).
Á perda da identidade colectiva, da historia, da cultura e da autoestima das poboacións que implican os procesos de colonialismo cultural, hai que engadir a perda de datos lingüísticos importantísimos para reconstruír con exactitude a evolución diacrónica das linguas románicas peninsulares; se ben é unha consecuencia menor en comparación coas primeiras, que afectan directamente ás persoas.
Polo que respecta á orixe do pronome castelán da primeira persoa do singular yo, todo indica que se trata dunha monoptongación de -ou > -o da forma astur-leonesa occidental you, procedente da diptongación en ió do é aberto tónico de éo < latín ego. De se tratar dunha diptongación propia do castelán, onde o é aberto tónico evolúe sempre a ié teríamos *yeo, non documentada, que é a que presupuña Pidal para tirar dela yo. En castelán, porén, yo semella ser un leonesismo, según indica García Arias (Gramática histórica de la lengua asturiana, 2003).
Nas linguas do tronco galego-portugués a evolución dende o latín vulgar éo < ego é moito máis sinxela, ó no experimentar diptongación o é aberto tónico. Podemos simplificala indicando que a vogal final pechouse para, por contraste, manter o timbre aberto da primeira, eu, creándose un diptongo.
Ata aquí non tiñamos constancia de máis formas galego-portuguesas para o pronome da primeira persoa do singular. Mais no ferrereño de Ferreira de Alcántara (Cáceres), caracterizado polo seu arcaismo, documéntase a forma eyu / eyo, que claramente remite ó éo do latín vulgar, cunha solución única en toda a Romania na que se integra unha iode antihiática, como en cea (galego) / ceia (portugués) ou feo (galego) / feio (portugués).
O feito de se saír esta forma eyu / eyo, do paradigma pronominal do galego-portugués lévanos a pensar se o arcaísmo do ferrereño non terá que ver cunha posible orixe mozárabe da lingua. O mozárabe falouse na zona ata ben entrado o século XII, e nela o pronome de primeira persoa do singular era eo, e ben puido adquirir a partir deste século a mal chamada iode antihiática presente en eyu / eyo, co obxectivo de manter a separación entre as vocais. Extinguiuse o mozárabe no século XII? Cecais leve varios séculos moribundo e verdadeiramente estea a se extinguir agora mesmo cos últimos falantes de ferrereño.
Segundo Maria da Conceição Vilhena (1) "o falar de Herrera [...] não apresenta quaisquer particularidades que o aproximem do falar português mais próximo, o de Malpica do Tejo"; amais a investigadora atopara que Ferreira xa aparecía mencionada no ano 1297 no Tratado de Alcañices (2). Logo se non presenta afindades co portugués veciño, e a poboación xa existía ó redor do século XII, a probabilidade de que o ferrereño sexa vestixio dunha lingua mozárabe, afín ó galego-portugués antigo, é moi elevada.
(1) En Juan M. Carrasco González: "Hablas y dialectos portugueses o galaico-portugueses en Extremadura (Parte II y última: Otras hablas fronterizas; Conclusiones)", Anuario de Estudios Filológicos, 1997.
(2) En Juan M. Carrasco González: "Documentación antigua sobre las localidades de habla portuguesa Herrera de Alcántara y Cedillo", Revista de Estudios Extremeños, 2017.
martes, 23 de noviembre de 2021
Estatua de guerreiro de Sa Martín de Trebellu
domingo, 3 de octubre de 2021
Un santuario con arte rupestre en los Barruecos de Malpartida (Cáceres)
miércoles, 12 de agosto de 2020
Aro, Arecho, Araño, Arañuelo
Fernando Cabeza Quiles, na súa obra Toponimia de Galicia (Xerais, 2008, pxs. 40-41), inclúe o galego aramio como voz afín á de aranio > Araño (Rianxo), e faina sinónimo de agra; conclúe afirmando que "estas palabras e o topónimo Araño descenden, en primeira instancia, da raíz celta *ar, 'arar, cultivar'". Nós coidamos que é certo que en primeira instancia é unha raíz celta (ou anterior), máis latina en segunda. A vella disposición dos campos de cultivo ou aruos en aneis ou bancais en aneis ó redor dos castros podería ter sido a orixe da acepción secundaria "terreos ou dominio ó redor dun asentamento". Se ben, o certo é que a orientación circular non é obligatoria na disposición dos aros, como pode observarse na fotografía aérea dos do Mesón de Roade.
As formas con consonantización do wau, aruum > Arbo, atópanse na nosa toponimia nalgún caso amosando que foron totalmente intercambiables cos derivados do latín agrum: así na documentación medieval recollida para o lugar de Agrosagro (Carboentes - Rodeiro, Pontevedra), Arvoresagro, Arbosagro, Arvosagro, por Romaní Martínez e Otero Piñeyro Maseda (CUADERNOS DE ESTUDIOS GALLEGOS, Tomo L, Fascículo 116, 2003, px. 69).
domingo, 10 de noviembre de 2019
Doiras (Cervantes), Os Durás (Soaserra), Doroña
La forma "Extrematura" es mayoritaria en la documentación medieval y ligeramente anterior (se documenta desde 1160) a las formas "Extremis Dorii" o "Extrema Dorii" (año 1193, Melón. CODOLGA). Siempre fuimos partidarias de la hipótesis etimológica que considera el topónimo Extremadura un derivado de extremar, como en gallego estremadoiro, "límite que separa terras que estão juntas e pertencem a donos diferentes" (Dicionário Estraviz), que también tiene una acepción pecuaria: estremar, "apartar, separar, segundo o dono, as ovelhas ou cabras de um rebanho formado por animais de diferente proprietário" (ibid. - v. p. ej. el topónimo gallego O Estremadoiro das Ovellas).
Pero encontramos una construcción semejante, "uilla nostra propria uocitata Auelgas, in extrema porturia" (año 920, Catedral de León. CODOLGA), que parece un calco o versión redundante en la cual se intercambian doriis y porturia, lo que sugiere identidad de referentes y confirmaría la existencia del término céltico *dorium, "puerta", vivo en el noroeste peninsular en la Edad Media.
El glosario Léxico Hispano Primitivo indica: porturia, "línea de los puertos, en las montañas de Asturias y León". Y menciona como ejemplo un texto leonés del año 919: "busto qui est in montibus que uocitantur Arbolio in confinis regni nostri, extrema porturia". Confines = puertas más lejanas o extremas.
martes, 30 de julio de 2019
De bodega y boutig
En relacion con lo anterior, sugiero extrapolar la etimología de boutig a las formas ibéricas bodega y bo(d)iga (1) pues en el galaico-lusitano de San Martín de Trevejo (Cáceres) todavía se mantiene la acepción de "establo" para boiga. Así: "Bóiga d'adentru, adega do vinho, bóiga d'afora, loja dos animais" (Leite de Vasconcelos, "Portugues dialectal da região de Xalma (Hespanha)", Revista Lusitana, 1933, V. 31, nº 1-4, pg. 164-275); "Boiga (bodega) non é só almacén onde se garda o viño, é todo cuarto situado na planta baixa, tanto onde se garda o viño coma onde se gardan os animais, así temos boiga dos cochinus ou cortella, boiga das ovellas ou cortellu, boiga dos animais (vacas e cabalos) ou corte e boiga, sen máis, que é a do viño por antonomasia" (Costas González: "Valverdeiro, lagarteiro e mañego: o "galego" do Val do Río Ellas (Cáceres)", 1999). También en Vasconia la cuadra era "denominada establo y bodega" (Barandarián, Ganadería y pastoreo en Vasconia, 2000, pg. 216 - cfr. también el euskera beitegi, "establo"). El gallego bodega no conservaría más que una acepción residual, que recoge Estraviz: "Dependência acessória à casa, sem pisos nem janelas, onde se guarda palha, aparelhos de lavrança e outras cousas".
Un examen detallado de los topónimos Bodega (por ej. A Bodeguiña y Botica, en el entorno del Castro de Xestal en San Clodio - Ortigueira) y Botella (O Pazo de Irixoa, del diminutivo *boticula) tal vez pueda arrojar alguna luz más sobre este nuevo compuesto posiblemente emparentado con Busto, "boustom (ide. *gwou-stH2-o- ‘lugar para vacuno’)": JJ Moralejo en Callaica Nomina, 2007, pg. 42. Busto y bodega tendrían así la misma estructura morfológica con modificador antepuesto (2). La etimología común de boudig y bodega refrendaría la existencia de una base *teg / tig en galaico-lusitano, cuyo origen pasamos a revisar en relación con attegia.
(C) Andregoto Galíndez, 2018.
En consonancia con los nuevos datos genéticos que apuntan a un posible sustrato paleolítico de origen norteafricano en Galicia (3), es preciso volver a analizar la primera parte de la propuesta de Álvarez Delgado ("Etimología de "attegia" y sus relacionadas", Boletim de Filologia, tomo X, 1949, pg. 64-76). El autor suponía un origen líbico-bereber para el latín ateggia a partir de los hallazgos de Tovar, que documentó en cheljia tegin = "casa" y en bereber del Sus tigem = "choza":
Parece razonable, por lo tanto, retornar a la idea original de Álvarez Delgado de la existencia en céltico de un sustrato lingüístico no indoeuropeo, de origen norteafricano (probablemente de cronología antigua, paleolítica), al que remitirían las formas tech del irlandés antiguo, tig del galés antiguo, el euskera tegi, el segundo elemento de los compuestos boutig del bretón antiguo y del galés antiguo, así como los de nuestros bodega y adega (este último con la misma estructura morfológica que el latín attegia, a su vez, préstamo del bereber). Por otra parte, el nombre propio femenino lusitano y britano Boudica sería también susceptible de esta interpretación (Hispania Epigraphica, reg. nº 21474: "Boudica Flacci f(ilia)", Sabugal, Guarda), en el sentido de "cobijo, refugio del ganado vacuno" o algo similar: en sánscrito duhitar (inglés daughter, "hija") es literalmente "la que guarda y ordeña el ganado" (el nombre del rol laboral que desempeña la hija dentro de la estructura familiar acaba por usarse como nombre del vínculo de parentesco, o como frecuente nombre personal de las hijas, en el caso de Boudica).
(2) En el caso de la pareja busto / stabulum la estructura morfológica es inversa: *bou-sto / *sta-bou.
(3) O bien, reducir el antiguo bretón boutig al latín apotheca, "almacén", del griego apotheke, etimología que se viene aplicando como segura a nuestros bodega y boiga, y al boutique francés. Aunque para Zeuss boutig, glosado como stabulum en las Glossae Cambricae Oxonienses sea sin duda un compuesto con tig, "domus", más bou, bó, "vaccam", que pervive en beudy, "domus vaccarum", y en bawdy, "domus stercorum".
martes, 5 de febrero de 2019
La filiación lingüística de las falas de Xálima a la luz de la genética de poblaciones
domingo, 27 de enero de 2019
Fatela, Gregorina: dos topónimos camineros
En Galicia, Gregoriño (Aranga) y O Gregorio (Riós, Ortigueira, As Somozas, A Teixeira) probablemente son también topónimos derivados del latín gregem. En esta línea de investigación, Du Cange ofrece los sustantivos gregaria = "prædii rustici species, ubi grex ovium, ut Vaccaria, ubi vaccæ, nutriuntur" (predio rústico donde pacen los rebaños de ovejas, como en las Vaccaria las vacas") y gregarius = "pastor, custos gregis" (pastor, el que vigila y cuida los rebaños), que, aunque con diferentes derivativos, son testimonio más que suficiente de su uso.
miércoles, 16 de enero de 2019
El niño inacabado: una versión lagarteira
se non, vouche polas tellas:
teño o fillo comenzado,
voulle facer as orellas
2. En el Miño portugués (Xaquín Lorenxo, Cantigueiro popular da Limia Baixa, Galaxia, 1973):
Menina, abre-me a porta,
se não, entro pelas telhas,
o menino ja está feito,
só lhe faltan as orelhas
Maruxiña, ábre-mi a porta,
si nõ, entro pur as telhas;
traig'u rapazinho feitu,
solo le faltã as urelhas
Encontramos vestigios de esta antigua creencia en un largo proceso de concepción, que exige varios encuentros sexuales o uno prolongadísimo, por ejemplo en la del héroe irlandés Cu-chulainn, que requiere de tres tiempos, o en la de Hércules, que se concibió en una noche tres veces más larga que las noches ordinarias (Dumézil, El destino del guerrero, Siglo XXI Editores, 1971, pg. 30, n. 20).
Parece relevante, por otra parte, para ir esclareciendo la filiación lingüística de las Falas de Xálima, tener en cuenta no sólo evidencias lingüísticas, sino también el folklore (tradiciones populares, leyendas, etc.) comunes. Con estas tres muestras se va configurando la unidad de un territorio culturalmente más gallego-portugés, que parece separarse del astur-leonés al incorporar éste al personaje del cura.
jueves, 6 de diciembre de 2018
Cuacos de Yuste
Caccabos habría experimentado en su evolución a Cuacos primero la lenición de la -b- (*kakawos), luego reducción del triptongo (*kakwos) y finalmente metátesis o cambio de posición silábica del grupo k+w (*kwakos).
viernes, 26 de octubre de 2018
Límites de la encomienda de Trevejo
"doy y concedo... el castillo mio de Trevejo, el cual está entre Monsanto y Alcántara y Coria, con todas las derechuras y pertenencias por sus términos: por la Cabeza de Jálama, por la Cabeza del Castañar, así como el agua cae en Helga, corre arriba [abajo] y vuelve arriba por Balbellido a la Cabeza de Tinallas y de ahí por la sierra a la Cabeza de Bombarón y va a Garganta Vieja y va en derecho arriba a la Cabeza de Jálama arriba nombrada, y de ahí por todos sus términos grandes y pequeños, nuevos y antiguos".
La peculiaridad de estos dos topónimos radica en su carácter gallego-portugués, siendo posiblemente los testimonios más antiguos de topónimos gallego-portugueses en el territorio de la encomienda de Trevejo.














