Se existe un conxunto de megálitos asombroso, non tanto pola grande concentración ou pola magnitude (son máis ben dun tamaño discreto), senón pola súa situación, é o conxunto dos dólmenes espallados no entorno do Vao de Alconétar - Cerro Garrote - Río Guadancil, na provincia de Cáceres. Non é só que estean á beira de dúas antigas vías de comunicación, o Cordel de Gandos e a Calzada Romana da Vía da Plata (trazada probablemente sobre unha vía previa de orixe natural), que descorren moi xuntas nas inmediacións do vao do río Teixo; a súa peculiaridade ven dada pola situación dos dólmenes ocupando tamén os cumios de tódolos pequenos outeiros que asoman na paisaxe, sen que quede ningún sen o seu megálito no curuto.
“En la misma vega vió D. Jerónimo además de otros tres dólmenes a que sólo faltaba el techo y algo del terraplén, y restos de otros cinco, y en el cerro de la Horca, y otro en el del Cantador, y en los demás cerros inmediatos le dijeron los labradores y pastores que también los había, pareciendo aquello una población de tan remotas gentes”.
Un dos dólmenes do Cerro Garrote (Garrote II - clasificación dos Leisner). (C) A. Galíndez, 2007.
Pasamos a ofrecer máis datos, inéditos, respecto á existencia de dólmenes nos outeiros (cerros) do entorno do Guadancil - Cerro Garrote. Aparecen na acta de deslinde do IGN entre os termos municipais de Garrovillas de Alconétar e Cañaveral, datada en 1899, é dicir, no mesmo ano en que Vicente Paredes aínda estaba a explorar e informar os seus corresponsais da situación dos túmulos (v. cronoloxía da actividade arqueolóxica na zona do Guadancil na obra citada de Cerrillo Cuenca, 2018, px. 31). É improbable, porén, que os membros da comisión de deslinde, perito topógrafo incluído, soubesen que os mollóns de termo que describían como "montóns de terra e pedras, de forma cónica, dun metro de diámetro na base por medio metro de altura" fosen monumentos megalíticos. Existen máis datos noutros deslindes sobre posibles túmulos nos cerros situados ó longo deste tramo da Vía da Plata, pero non imos incluílos aquí.
Velaí os seguintes dólmenes-mollón no deslinde entre Garrovillas e Cañaveral:
1º No Cerro Cabeza Rubia: "un montón de tierra y piedras de forma cónica de ochenta centímetros de diámetro en su base por cincuenta centímetros de altura. Está colocado en el cerro denominado Cabeza Rubia".
2º Na beira dereita do Guadancil: "un montón de piedras de forma cónica de un metro de diámetro en su base por medio metro de altura. Está colocado en la márgen derecha del arroyo de Guadancil y en la linde de la dehesa Las Minas [...]. El sitio se donomina La Raya".
3º No Cerro da Biga: "un montón de piedras de forma cónica de medio metro de diámetro en su base por cuarenta centímetros de altura. Está colocado en el centro de la Calzada Romana y sitio llamado Cerro de la Biga".
4º Nos Novillos (baixo Cerro Garrote): "un montón de piedras de forma cónica de medio metro de diámetro en su base por medio metro de altura. Está colocado en el centro de la Calzada Romana y sitio llamado Los Novillos".
5º
No Cerro da Biga: "una piedra empotrada en el suelo, de figura irregular cuyas mayores dimensiones son treinta y cinco centímetros de longitud, treinta centímetros de latitud y medio metro de altura. Está colocada en la falda S.L del Cerro de la Biga". Posible estela, ou ortostato illado?
Esquemas de José Mena y Fernández (1899) tomados do correspondente Caderno de Campo do deslinde entre Garrovillas e Cañaveral - IGN.
Respecto da extraña mención de moreas de pedra cónicas no centro da Calzada Romana pensabamos que podería tratarse dunha ubicación aproximada dos fitos por parte do perito, mais nos esquemas de José Mena vese que sitúa algúns mollóns mesmamente no centro da vía. Neste sentido temos visto fai anos unha morea de pedras, que podería ter sido a cámara dun pequeno dolmen, xusto no borde da Calzada Romana ó seu paso tralo Cerro Garrote, o que sería indicio de que na construción desta procurouse respectar ó máximo a integridade dos moimentos funerarios dos antergos.
Amoreamento de pedras no borde da Calzada de Romanos tralo Cerro Garrote. (C) A. Galíndez, 2007.
Chamamos agora a atención sobre un microtopónimo lusitano no Vao do Alconétar, a
Aceña del Congeito, hoxe desaparecido co asolagamento do lugar polo encoro. Segundo a opinión de Leite de Vasconcelos a toponimia deste tipo proviría do latín
coniectus lapidum, "montón de pedras" ("
Etimologias",
Revista Lusitana, 1920); así pois, o nome primeiramente tería designado un destes túmulos funerarios formados amoreando pedras, semellante ó enorme
cairn do dolmen Guadancil I (asolagado polo encoro). O próximo topónimo,
La Raya, lugar mencionado aínda na acta de deslinde como ubicación do mollón 2º, tamén é de tipo lusitano (cfr. o uso de
raia co significado de fronteira); da outra beira do Teixo, o hidrónimo
Ribera de Araya podería ter a mesma etimoloxía. Tanto Congeito como La Raya / Araia suxiren que o límite da antiga Lusitania polo leste podería ter chegado ata aquí.
A
Aceña del Congeito no Vao do Alconétar - planimetrías do IGN.
A situación da raia da Lusitania neste punto vai indicada tamén no mapa de distribución dos megálitos de Cerrillo Cuenca, no que se ve como a dispersión leva o seu límite nordés precisamente ata a grande concentración de megálitos do Vao de Alconétar - río Guadancil.
Dispersión dos megálitos da Lusitania e área de influencia segundo Cerrillo Cuenca (2018). Os do Vao de Alconétar - Guadancil van encerrados nun recadro.
Para que facer un túmulo se a orografía do terreo xa cho dá feito? Semella que a situación de pequenas cámaras megalíticas en tódolos cerros do Vao de Alconétar - río Guadancil (Cabeza Rubia, Cerro da Horca, Cantador, Cerro da Biga e Cerro Garrote) ven imposta pola forma e dimensión destes pequenos outeiros de pouca elevación e contorno redondeado, que gardan parecido cos grandes túmulos artificiais (mámoas) construídos para albergar os dólmenes. Trataríase polo tanto de construcións megalíticas que aproveitarían estes outeiriños como túmulos naturais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario