Toponimia prerromana, hidronimia paleoeuropea, etnografía, megalitismo e arte rupestre. Se chegaches aquí por Google e non te levou á entrada que procurabas, volta a repetir a búsqueda dende Bing! ou usa o buscador interno do blog. Grazas!
martes, 12 de septiembre de 2023
O topónimo de Proendos e o seu hórreo romano
lunes, 21 de agosto de 2023
Abrigo neolítico dos Pallotes (Rodís) - Cerceda
martes, 8 de febrero de 2022
Aidas dos mouros
No artigo de Mar Llinares e Miguel Sartal, "O pasado incesante: visión popular da arqueoloxía da Mourela" (Círculo de engaños: excavación del cromlech de A Mourela (As Pontes de García Rodríguez, eds. Fábregas e Bonilla, 2009) infórmasenos de que, segundo varios paisanos, o lugar onde se atopaban as medoñas e os círculos líticos da Mourela era coñecido como As Medoñas ou ben Aídas. Esta segunda forma viña sempre nas escrituras de propiedade das fincas. Nós atopámola tambén na capa catastral do visor PBA da Xunta como Aidas, sen til.
O topónimo semella provir do indoeuropeo *H2eidh- "arder, queimar" > aid-, de onde provén o latín aedes, "templo", ou aedificare (v. Sihler, New Comparative Grammar of Greek and Latin, 1995). O continuum de acepcións vai, polo tanto, dende "queimar" a "lume", "vivenda ou fogar (habitáculo con lume)", "templo (habitáculo onde arde un lume consagrado)", "forno", etc.
Ó final do artigo de Llinares e Sartal póñense en relación os aneis líticos da Mourela cós currais gandeiros da Serra do Leboreiro, os do Suído, os das brañas orientais de Lugo, os da Serra de Queixa, etc. nos que, no interior dos recintos, se atopan as vivendas dos pastores (casoupas dos mouros: feitas con pedras e cubertas con lanchas ou terróns).
Polo que respecta á súa cronoloxía, os autores non van máis aló do século XVII, aínda que citan unha testemuña do ano 941 duns curros no Leboreiro. Recuperámola do CODOLGA: "Leporario, locum predictum in curros que uocitant Messegarios, et sunt ipsi uillares per svos terminos qui diuident per curro de Grisulfo, et inde per strata usque ubi dicent Antas, et inde per curro de Gundilo". Observamos a relación das mámoas e currais de pastores coas vías de tránsito naturais.
Mais cinguíndonos ó termo Aidas que se conservou na Mourela, a cronoloxía pode retroceder moito, xa que o nome tivo que dárselles ós currais cando aínda estaba vivo o antigo sentido indoeuropeo de "estrutura de habitación con lareira" aplicado ós fogares dos pastores instalados no interior dos aneis líticos que delimitaban o perímetro. A cronoloxía para estes aneis líticos é, polo tanto, prerromana e cecais neolítica, se nos aproximamos á data que se fornece para a reconstrucción lingüística do indoeuropeo.
Doutra banda, suxerimos que o nome Airas ou Eiras dos Mouros que reciben estes círculos noutras partes do país estean deturpados pola etimoloxía popular, a partires do indoeuropeo aida, "fogar".
sábado, 21 de agosto de 2021
Pedra Curva e A Pelrada: os cromlechs de Rodís
Fai uns anos, procurando atopar o gran dolmen (túmulo, mámoa ou medorra) que existía en Cerceda segundo a Geografía General del Reino de Galicia de Carreras y Candi, dimos cunha construcción en pedra seca, de forma circular e, ó que parece, cun elemento monolítico pertencente a estrutura deitado no chan, que podería ter formado parte do teito ou ser unha das ucheiras / ortostatos do van de acceso. O nome do lugar é Pedra Curva, e sen dúbida facía alusión a esta construcción circular que podemos vencellar có topónimo bretón crom-lech, que non significa outra cousa que "pierre courbe", ou ben có nome do principal ídolo da Irlanda, o Crom Cruach, arrodeado de pedras.
Estado actual da Pedra Curva. (C) Manuel Ruibal, agosto de 2021.
A Pelrada / Perlada
Na fructífera visita a Rodís da pasada fin de semana tiven a oportunidade de ver outra destas extraordinarias construccións no lugar da Pelrada grazas ó seu descubridor, Manuel Ruibal, veciño da parroquia e activo investigador do seu valioso e esquecido patrimonio. Neste caso o habitáculo consérvase aínda íntegro, coa cuberta monolítica e as ucheiras no van de acceso. A fábrica amosa un perfecto encaixe da pedra. A estrutura é lixeiramente absidada (curva) ó fondo, onde atopamos na traseira un afloramento pétreo ben pegadiño á construcción que lle fai de contraforte na súa parte máis inestable e feble. Este soporte de rocha natural na traseira tambén estaba presente na construcción xemelga da Pedra Curva (hoxe derruída polo descoñecemento do seu valor cultural e patrimonial).
Dende 2016 a técnica de construcción coa pedra en seco está incluída no Censo do Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia como manifestación do patrimonio cultural inmaterial (xa que é unha técnica). Porén, as súas manifestacións, as obras que empregan a técnica en seco, estarán protexidas, sobre todo se, como neste caso, son únicas e excepcionais. Que finalidade tiña a construcción desta estrutura? Chozo, ouriceira, chiviteiro? Eu dende logo nunca vin nada semellante e non sabería pronunciarme, aínda que polo nome da finca (A Pelrada / Perlada < Petra Lata = pedra levada ou trasladada) teño a intuición de que podería tratarse dun megálito atípico ou evoluído, como no caso do destruído na Pedra Curva. Do que se desprende unha posible función funeraria que poderiamos tentar demostrar có recurso ó folklore.
Ós especialistas ós que ten recurrido Ruibal atopan un paralelismo claro coas chamadas casoupas das Estacas (Fornelos de Montes); un conxunto dunhas trinta construccións moi semellantes á de Rodís.
O antropólogo Rafael Quintía ten un interesantísimo estudo sobre os chozos de Fornelos de Montes, "Levar os vellos ao monte: el senicidio en la mitología gallega" (Liburna, 2020) onde amosa o vencello destes lugares chamados A Eira dos Vellos ou Coto da Eira dos Vellos (segundo recolleu a filóloga Dolores Ferro Diz) coas lendas do tipo ATU 890 ("O fillo desagradecido") nas que o pai é levado polo fillo ás casopupas do monte para deixalo morrer. Para o autor estas lendas espalladas polo amplo territorio de Eurasia poderían ter unha orixe paleolítica. O propio Quintía recolleu unha delas proporcionada pola veciña de Ventín, Elisabet Lage Muíños:
"Miña nai decíame que nas Costas do Alén que había unhas casoupiñas pequenas. Seghún ela, que antes, moito na antigüedade, a xente cando os vellos morrían que os levaban a morrer alí. Cando xa estaban nas últimas de todo, que vían que realmente estaban… pois levaban os vellos e deixábanos morrer alí. E que era unha tradición, e que facían iso. Entonces un levou a un pai e, claro, díxolle que había varias casas, e que o pai dixo:
―Déixame quedar aquí, neste sitio.―Pero, por que queres este sitio?
―Porque aquí deixei eu ao meu pai.
―Entón, queres dicir que o meu fillo vaime deixar aquí a min?
―É a nosa tradición da vida. Vaiche deixar aquí, claro.
―Ah, pois iso vaise acabar contigho e conmigho. Vas aghora mismo conmigho pa casa".
Os megálitos da bacía secundaria
da parroquia de San Martiño de Rodís
Un terceiro chozo na Fonte Pedra
(Pazos - San Martiño de Rodís)
jueves, 17 de diciembre de 2020
Fairy Forts ou ring forts (castros de terraplén) e os seus pazos
1. FAIRY FORTS AND GENTRY BUSHES: "They are all circular in shape - having a high green bank with bushes chiefly hawthorn and blackthorn growing in it around the edge. The trees and earth in these forts are regarded as sacred and belonging to the fairies, good people or gentry".
2. RELATIONSHIP BETWEEN FAIRY FORTS AND MANOR HOUSES: "In olden times the gentry used to build big mansions, and about eight hundred yards from the mansions they used to built a big fort in the middle of a field. They use to plant trees around it and they used to have an underground passage going from the mansion to the fort".
(Vellas historias que recollo na base de datos duchas.ie, adicada ó folklore de Irlanda, porque aquí non temos nada comparable).
Non nos sorprende atopar agochado nunha historia irlandesa o soporte que precisamos para refrendar a nosa hipótese, continuación da de Moralejo-Best (pazo < i.e. palatiom, "aprisco e habitación dos pastores neolíticos"), respecto á estreita relación entre os castros e os pazos, o complexo que forman ámbolos dous: é que os xentís gostaban de facer diante dos seus pazos unha construción circular de terraplén, todo elo bordeado dun seto vexetal de espiño e arandeira, que era considerada un espazo sacro, cecais un lucus (gentry bush) precursor da paisaxe de bocage. O pazo e o ring fort estaban comunicados por unha pasaxe subterránea.
Ringfortexos?
miércoles, 25 de noviembre de 2020
Partes de la casa rural / Francisco María de la Iglesia
Antecasa
Quinteiro
Curral e curraleira
Cociña ó nacente
Lareira
Unllar
Borralleira
Gramalleira có seu pau ou burro
Banco de respaldo
Caixón do leite e
Caínzo para curar castañas
Leito en forma de cubículo
Rilleira, cabeceira e teiteira
Selleiro
Alzadeiro
Caneiro das farramentas o tabique del andamio al cual se adosa el selleiro y alzadeiro
Lacena có cravo do candil
O poente
As cortes ou cuadrias coa barrela de caínzos con uchas e algunha cama
Arrimos ou alpendre, alpendrón
Alboyo, bodega, palloza
Hórreo
Cabazo, cabanas
(Francisco María de la Iglesia: ms. s. XIX, Modismos, Biblioteca Galiciana).
domingo, 1 de noviembre de 2020
O ciclo do toxo: un exemplo de sustentabilidade
lunes, 26 de octubre de 2020
Percibindo os nosos ancestros nuha paisaxe sacra. O hórreo como tumba e templo.
Fotografías: Anxo Martínez-de Alegría



















