miércoles, 2 de septiembre de 2020

Bretóns nas montañas setentrionais de Galicia

Si, mais desde cando?


Nunha das súas máis interesantes hipóteses sobre a orixe da paisaxe agraria galega, e ó respecto das peculiaridades da paisaxe da zona das montañas setentrionais, o xeográfo francés Abel Bouhier prantexou a posibilidade dun orixe bretón para o sistema do bocage propio dela, posto que os colonos bretóns chegaron á Armórica galega establecéndose nela en torno ó século V na Sede Britanorum, e dita forma de parcelación / ocupación agrogandeira foi coñecida entre eles: "sería entón lícito pensar que os bretóns, que traían a fórmula agraria do cerrado, a tiveran difundido no norte de Galicia" (Galicia. Ensaio e interpretación dun vello complexo agrario, trad. Benxamín Casal, 2001, px. 1229). Á súa hipótese o mesmo autor opón o feito de que por acordo xeral adoita fixarse a sede dos bretóns galegos en Bretoña (Pastoriza), aldea que ocupa unha situación nidiamente periférica ós eidos de cerrados do bocage.

O feito de que a capitalidade da Sede Britanorum se sitúe por consenso en Bretoña é un dato totalmente irrelevante, pois o territorio galego ocupado polos bretóns coincide en liñas xerais co do bocage das montañas setentrionais (é básicamente a diócese Mindoniense medieval).


Xa tiñamos falado no blog da hipótese de Winfrid Scut (Penencia y la lengua céltica de los ártabros). En 2017 (1) propuxo que o paleo-río que se situaba entre a Bretaña francesa e as terras que hoxe forman as Illas Británicas separaba un territorio que compartía unha mesma lingua (Celta P) durante o Paleolítico; este territorio quedou escindido completamente coa formación da Canle da Mancha, e a escisión produxo os tres dialectos do Celta P: galés, córnico e bretón. Dentro do Paradigma da Continuidade Paleolítica,o desenvolvemento desta hipótese terá que ter en conta tambén ó fisterre galego como parte dese paleo-territorio armoricano ocupado por falantes de Celta P, que, ademáis da lingua, poderían ter compartido a mesma fórmula agrogandeira do bocage moito antes do século V da nosa era. En resumo: na nosa opinión, as frechiñas da figura de W. Scut van en dirección oposta.

(1) Imaxe e datos en "A Geography of P-Celtic", Maastrich, 2017, Language in European Prehistory: https://youtu.be/Jjq_sywIsXg

No hay comentarios: