Aínda que non cabe moita dúbida de que o topónimo Seoane ben remite á advocación de San Xoán, que provén de San Ioanne, ou ben provén directamente do antropónimo Ioanne < Iohannis, si que é posible aducir que nalgúns casos, como o de Seoane de Sober, poida ter ocurrido algunha reetimoloxización durante o proceso de cristianización a partires dun derivado de seixo < latín saxum, "rocha, penedo". Vémolo na microtoponimia do lugar, no nome Seixuán, que alterna co de Seoane.
Seixuán, derivado de seixo, soa semellante a Seoane (provinte de San Ioanne); dita paronomasia orixinou a crenza de que o nome de lugar baseábase no do santo.
Así podería ter sucedido tamén, no caso de San Xoán de Seoane ou San Xoán do Seixo (As Pontes de García Rodríguez), caso que amablemente me indica Xosé María Ferro Formoso, no que aínda se conservaría por inercia e tradición, no remate do topónimo, O Seixo do que tería xurdido o derivado *Seixuán / *Seixoán que levou á recreación cristiana do topónimo como San Xoán ou Seoane.
No hay comentarios:
Publicar un comentario