domingo, 26 de mayo de 2024

Castelo da Singadella - Lamas de Moreira (A Fonsagrada)

Preto de Coto de Xunqueira, xunto á Tumbiadoira, no límite entre A Fonsagrada e Navia de Suarna, localizamos o Castelo da Singadella, cuxo nome menciónase nun itinerario do exército (De Mondoñedo a Meyra, de Meyra a Pequín y Fuensagrada, de Fuensagrada a la Puebla de Navia pasando por la cruz de Restelo..., 1811-1820, px. 69): "desde dicha aldea Junqueyra a la Cruz de Tumbiadoyra se tarda 12 minutos. En esta cruz se dividen los concejos de Burón y de Navia. Está dominada por una altura que descubre uno y otro lado del camino y se llama la altura de Singadella".


O microtopónimo sen dúbida é da familia dos que proceden do diminutivo romano de civitatem, "cidade", e ás veces aplicábase ós campamentos romanos estacionais, como o de Ciadella en Sobrado dos Monxes. Aínda que o nome xa non o localizamos na folla catastral, si aparecen nun outeiro fortificado con aterrazamentos, inmediato á Cruz da Tumbiadoira, os microtopónimos Castelo e Tras Castro, polo que semella axustado considerar que foi este Castelo o que recibía aínda no século XIX o nome de Singadella.

A súa ubicación estratéxica (dende el vense os dous lados do camiño) é acorde cun posto de vixiancia romano no limes con Asturias; máis se temos en conta que na mesma liña defensiva, algo máis arriba, na Fonfría, tiñamos localizado un outro asentamento chamado Cendadella, provinte do mesmo étimo latino, civitatem.

Castelo de Singadella cos aterrazamentos, no Voo Americano de 1956-57; sinálase tamén o microtopónimo Tras Castro.

No hay comentarios: