sábado, 4 de septiembre de 2021

Castro de Morouzóns - Atán (Mazaricos)

Castro completamente agrarizado en Atán, nun cóbado do río Mazaricos, tributario do Xallas.

O castro identifícase pola súa ubicación, topografía e polo microtopónimo Morouzóns (ficha catastral), un aumentativo plural do termo de orixe prerromá morouzo / merouzo / morouço / moroiço, "montículo de pedras", que aludiría ás ruinas do poboado do Ferro. Semella que o desmonte do castro prodúxose primeiro polo uso intensivo agrícola do seu sistema de aterrazamentos, o que propiciou o paulatino achanamento do perfil ata se converter nunha agra. 

No hay comentarios: