Castro completamente agrarizado en Atán, nun cóbado do río Mazaricos, tributario do Xallas.
O castro identifícase pola súa ubicación, topografía e polo microtopónimo Morouzóns (ficha catastral), un aumentativo plural do termo de orixe prerromá morouzo / merouzo / morouço / moroiço, "montículo de pedras", que aludiría ás ruinas do poboado do Ferro. Semella que o desmonte do castro prodúxose primeiro polo uso intensivo agrícola do seu sistema de aterrazamentos, o que propiciou o paulatino achanamento do perfil ata se converter nunha agra.
No hay comentarios:
Publicar un comentario