Impresionante testimonio que aclara de una vez por todas la relación entre la procesión de muertos (Santa Compaña) y su representación mediante calaveras confeccionadas con calabazas o melones, sábanas blancas como sudarios, etc. Asimismo, da cuenta de la tradición como propia, por lo que no se trataría de una importación foránea. Fue recogido por Eva Castaño Ermo en Xobre (Pobra do Caramiñal) en 1993, de una informante de 73 años. Puede escucharse la grabación en el Arquivo do Galego Oral, audio 63.
— Antes non había luz eléctrica, alumabámonos con candeas, non? E, así que se vía unha luz dun farol ou do que fose, xa era a Compaña, a Santa Compaña; e había unha luz que se vía moito ás veces aí por baixo da Curota. E todo o mundo: "Ai, a Santa Compaña, ai a luz da Espiñeira!", e, vaia, preguntabamos e andabamos todos asombrados, así coa Santa Compaña, que dicían da Santa Compaña.
E preguntabamos: "E logo esa luz que se ve da Espiñeira que é?" Alí érache un canteiro, que foi picar pedra e morreu alí e agora disque se aparece aí todos os días. E éranche así eses contos que había antes, non sabes?
Andaban así, coa Compaña... Tamén andaba tía Felisa esa da Lomba envolta nunha saba, e andaba asombrando a xente, e todo o mundo dicía que era a Compaña mais unha defunta do outro mundo; era tía Felisa, envolta nunha saba cunha candea. Outros dun melón facían unha cabaza, furábanllle dous furados nos ollos, outro na boca, metíanlle unha candea dentro e era tamén a Santa Compaña.
— E a vostede asustárona algunha vez?
— Ai eu non que eu de noite non andaba que tiña moito medo!
No hay comentarios:
Publicar un comentario