Notamos que na capa catastral figura moi preto o topónimo Gardemil, polo que sospeitamos que a normalización efectuada, Xerdimil, podería ser unha ultracorrección da pronuncia con gheada, Ghardemil, mal entendida como iota castelá e, en consecuencia, erróneamente restituida polo són equivalente do galego.
O indoeuropeo *gʰerdʰ-, "cerrar, pechar, formar un recinto" é indicativo de que se efectuou o peche dunhas terras en condominio, un muir: "a tract of unenclosed common land held by a town or village" (Scots Words and Place Names, cfr. tambén muirland). Rexeitamos, por ende, a explicación do topónimo Gardemil / Gradamil como procedente do nomen possessoris xermánico *Guardamirus (J. Piel), posto que a topografía e os restos arqueolóxicos cadran mellor coa proposta do bitemático indoeuropeo que vimos de expoñer.
1 comentario:
Fabulosa aclaración, Andregoto; coma sempre
:)´
Publicar un comentario