"Doscientos cincuenta ferrados al sitio de Castros, de 3ª calidad: lindan al L. con montes comunes de la feligresía de Mondego, P. con montes comunes das Fragas y con los del Venerable Cabildo de Santiago, N. con los de la de Veigue y Pedreira da Mescara, S. con los Castros de esta y Agra das Cacheiras, y su figura es la del margen" (Relación do Mordomo de San Martiño de Meirás, px. 12, 1752).
Notamos como se conservan os topónimos case trescentos anos despois, e o seu valor histórico, por exemplo á hora de determiñar as antigas posesións do Cabildo de Santiago (microtopónimo Cabildos). É tambén relevante a relación entre o termo castro e a agrarización da paisaxe, que ven reflictida no field name Agra das Cacheiras, ambos dunha raíz indoeuropea k̂es-, "cortar [o territorio], parcelar". E sorpréndenos o rarísimo orónimo Mescara, que aínda se mantén no rexistro catastral. O seu referente é unha elevación do terreo, emporiso non albiscamos máis solución etimolóxica que vencellalo coa familia dos orónimos pirenaicos non indoeuropeos biscar / bizkar, "dorso ou espalda dunha montaña", mediante troco de sons bilabiais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario