domingo, 2 de mayo de 2021

A Chonia (Trazo)

 

Castriño sen inventariar, completamente arrasado, en Trazo (Oa - A Chonia). (C) Visor PBA da Xunta de Galicia - Capa do Vóo Americán de 1956-57).

A pesares de estaren o castriño completamente arrasado, o recurso a microtoponimia é suficiente para a súa identificación nos tres nomes de Bico do Castro, Trascastro e Currelo, que nomean o que fora a croa, un aterrazamento ou antecastro e un posible curral para gando anexo ó conxunto. No punto onde se xuntan os camiños perimetrais do castro que bordean os seus aterrazamentos, e que formaría parte do pomerium do recinto, unha capeliña que cristianiza a área sacra das protocidades do Ferro. A conversión en agra de todo o espazo castrexo é, polo tanto, moi posterior (Portela da Agra), cecáis resultado da colonización tardorromana ou altomedieval. Neste sentido, o topónimo A Chonia parece sinalar na súa etimoloxía (proposta polo profesor Moralejo) unha colonización do territorio: coloniam > Chonia. Aínda que o mestre atopaba certas dificultades en xustificar a terminación -onia en vez de -oña, nós pensamos que podería tratarse dun semicultismo.

2 comentarios:

Carlos dijo...

E Clunia > Chonia?

Andregoto Galíndez dijo...

Pois... moito mellor, do étimo céltico, non? como os que trae Prósper "KolounioKu / klounio (cf. el topónimo Clunia o airl. clúain < * klouni- « valle »)".