sábado, 9 de marzo de 2024

A ponte de Montefurado: A Porteliña

En tódolos caderniños itinerarios de Benito Méndez (principios do século XIX) que describen as rutas que pasan polo sureste de Galicia, ten moita relevancia o túnel de Montefurado (Quiroga), concretamente pola súa utilidade como ponte para pasar o Sil.


Por exemplo neste di que ó chegar a San Miguel de Montefurado "como a unas 100 varas pasa el río Sil por dentro de un monte, siendo este de muy poca altura y de ancho tendrá como 50 pasos. El arco por donde se introduce dicho río tiene de altura desde su profundidad 60 varas y de ancho 8. En tiempo de invierno se llena todo el arco, pero en el verano como las dos terceras partes. Por la cima del monte que forma como especie de puente sigue un camino que se dirige a la Puebla [de Trives]".

Unha opinión ambigua ó respecto era a que sostiña o enxeñeiro Guillermo Schultz na súa Descripción geognóstica del Reino de Galicia (1835): "[...] el Montefurado del Sil, que consiste en un socavón de unas cien varas de longitud para dar paso recto al río Sil al través de una lomita, en lugar de las mil varas de vuelta que éste daba naturalmente alrededor de la colina. Esta obra parece haber sido más bien una especulación agrícola que minera, porque la antigua madre del río, que por este medio se puso en seco, ofrece hermosos prados y buena tierra de labor, que en aquel sitio son muy escasos y apreciables; además el Montefurado sirve de puente seguro sobre aquel peligroso río. Sin embargo puede ser también que fuese hecho este socavón con objeto de mudar de cuando en cuando el curso del río para beneficiar en los intervalos las arenas auríferas".

Pola súa parte, Francisco Coello (1864) cuxa representación de Montefurado co castelo que tiña no seu cumio xa presentáramos como novidade en 2014 (v. "Entorcisa", Arqueotoponimia, 13/4/2014), no mesmo mapa da provincia de Lugo inclúe un plano do entorno, que segue o que lle pasara Manuel Vázquez Queipo. Nel a hipótese mineira domina sobre as demáis. Os textos indican: "Sitio en que se explotan las arenas auríferas" (á saída do túnel), "Vestigios del canal para llevar las aguas a los lavaderos" (seguindo en paralelo o curso do Sil polo norte). Mais tamén sinala o camiño que dende O Hermidón atravesaba o Sil polo cumio do monte cara a Anguieiros ("Camino de la Puebla de Tribes").

Francisco Coello: entorno de Montefurado (1864). (C) IGN.

Nesta coxuntura funcional, a existencia dunha ponte romana típica, a da Cigarrosa (A Rúa - Petín), moi próxima á de Montefurado, semella descartar que o obxectivo principal de furar o monte fose facer outra ponte, salvo que... esta se fixese antes da romanización do noroeste peninsular, cando tamén era necesario atravesar o Sil mais non se tiñan coñecementos arquitectónicos suficientes para facer unha ponte desa envergadura.

Dende O Castrillón pásase o cauce seco do río Sil, súbese ó monte da Porteliña (Montefurado) e pásase á outra banda do río, que vai polo túnel.

O feito de existir un asentamento da Idade do Ferro chamado O Castrillón neste punto do paso, indicado polo microtopónimo que vimos de atopar, suxire que a tecnoloxía consistente en facer pontes furando un monte para dar paso a un río deixando en seco o vello cauce, podería ser indíxena, xa que logo os romanos non as facían así. O microtopónimo A Porteliña no paso do cumio indica tamén a funcionalidade de ponte da obra de enxeñería posiblemente galaica; segundo o Padre Sarmiento portela podía ter o significado de "paso dun río".

Ata onde puidemos averiguar, a de Montefurado sería a única ponte do mundo construída deste xeito.

No hay comentarios: