O cullerón da fonte do mosteiro de San Lourenzo (Carballeira de San Lourenzo - Santiago) por don Antonio de la Iglesia:
"[...] as armonías do caer das augas da copiosa fonte, daquela fonte fresquísima que tiña no marco da súa porta, preso por unha cadea, o cullerón de ferro para vervizo do sedento visitante [...]" (A rejuba* de San Lourenzo : costumes folklórecos d'o país, 1888. En Galiciana. Arquivo Dixital de Galicia).
Do que se deduce que os hidrónimos tipo Fonteculler (Culleredo) virían motivados tambén pola existencia en tempos pasados dun destes culleróns comunitarios para beber, tan pouco hixiénicos e que deberon ser bastante correntes nas fontes públicas. Non terían que ver, polo tanto, coa acepción de culher coma "cágado ou cría da rá"; hipótese que se ten barallado ó respecto da motivación destes hidrónimos.
Cabeza Quiles (Toponimia de Galicia) atopa dous casos máis nos que se documenta o cullerón nas fontes:
- Na Gran Enciclopedia Galega, Antón Fraguas (sub "fontes") testemuña o feito de que na romaría de Augasantas (Cotobade) os romeiros servíanse da gran culler de ferro da fonte santa, para beber e se lavar.
- El mesmo chegou a ver na romaría bergantiñá de San Fins de Castro (Cesullas) as dúas culleres de ferro penduradas ó carón do cano da fonte santa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario