Fotografía do Voo Americán de 1956-57.
Parcelario disposto en forma de espiña; feito que motiva o nome do lugar de Espiñeira (Sistallo - Cospeito). Neste caso non se trataría, pois, dun fitotopónimo.
O mesmo sector no Voo Americán de 1945-46.
Nota do 27/2/22:
Nos comentarios á entrada un lector anónimo apunta que no Voo Americán de 1945-46 o parcelario non ten ese aspecto, como ben pode observarse na segunda imaxe, capturada da fonte indicada. Dita forma en espiña de peixe foi, polo tanto, resultado da concentración parcelaria do franquismo (iniciada na Terra Chá en 1950) tal e como sinalan dous lectores. O topónimo Espiñeira, entón, semella ter valor fitotoponímico, ou cecais aludir á certa vertebración das parcelas entre sí, que na fotografía de 1945-46 van percorridas por un camiño central en zig-zag que podería actuar como dorsal.
8 comentarios:
Extraño no? A que se puede deber esta particularidad?
Saludos
Martín
Este parcelario es posterior al topónimo como bien puede verse en la primera edición del mapa 1:50000 del IGN que me imagino será de los años 50 aproximadamente.
A foto é dos anos 50, vou poñelo ben. Grazas!
5 € á Concentración Parcelaria.
Entón descartamos que sexan pistas de Nazca para aterraxe de naves espaciais 😉
Se puede ver el vuelo americano del 45-46 en https://fototeca.cnig.es/fototeca/ y se puede comprobar que la imagen de los años 50 no se parece en nada con la de 10 años antes. Todo apunta a concentración parcelaria: http://www.mancomunidadeterracha.org/colonizacion/
Grazas! Confío na túa apreciación aínda que non sou capaz de abrir ese voo do 45-46, non sei se é polo meu navegador ou é que non sei onde se visualiza (tampouco no botonciño das capas). Eu o que estaba a presentar como posibilidade é que o nome do parcelario poidese estar relacionado coa estrutura das parcelas, pola forma ou disposición que adoptan entre elas. Espiñeira, ademáis, podería estar motivado pola orografía do terreo se está nunha dorsal (similitude coa columna vertebral do corpo dos animais), ademáis do valor como fitotopónimo.
Arranxado! Conseguín entrar no voo de 1945-46, e xa modifiquei a entrada. Grazas de novo!
Publicar un comentario