Negativos da extracción da turba en O Castro (Bermui - As Pontes de García Rodríguez) sobre o letreiro có nome do terreo, As Carboeiras. (C) Visor PBA, capa do Voo Americano de 1956-57.
Sospeitamos que o microtopónimo Punxeiro, como As Punxeiras, non ten que ver coa planta chamada poexo, de escaso ou nulo aproveitamente no noso país, nen sequera para botarlle ó gazpacho, ó que lle dá, por certo, un gusto moi fresquiño. Esta proposta do poexo é a que se atopa en xeral na bibliografía, por exemplo: "o topónimo contén probablemente o resultado galego do latín pulegiaria, derivado de pulegiu ‘poexo, poexos’ (planta herbácea recendente de flores azuis ou
moradas, propia de lugares húmidos). O significado de Punxeira sería ‘lugar onde
abundan os poexos’ (Toponimia de Ames, de López Boullón).
En relación coa actividade extractiva de aproveitamento forestal que tivo lugar nas Carboeiras, a carón do Castro de Bermui, máis ben supomos que Punxeiro e As Punxeiras poderían ser derivados de punxa, "leña do monte" (nos dicionarios de Eladio Rodríguez e Franco Grande). Un Punxeiro ou unha Punxeira sería entón un terreo destinado a coller a leña do monte, porén comunal para uso dos veciños.
No hay comentarios:
Publicar un comentario