"Bó-aire, por que se chama así?
O seu rango de aire venlle das vacas" (Brehon laws).
As linguas celtas, aínda que non é requisito sustancial, adoitan perder o p- inicial da lingua nai indoeuropea. O clásico exemplo: o indoeuropeo patar, "pai, padre" > athir, en irlandés / pater, en latín.
Posiblemente o nome da casta hindú dos parias ten a súa orixe no indoeuropeo *per, base a partir da cal se forma o sánscrito पर para, “que está fóra [da sociedade], outsider" (v. grego para-, "que está ó marxe").
Os parias formaron na antigüidade, e forman agora, unha casta aparte, fóra da estratificada sociedade hindú e relegada ó desempeño das tarefas máis duras ou servís, consideradas así polas castas dirixentes superiores, que non pegan selo, como as nosas. Son excluídos fundamentalmente por teren contacto có gando, ou cós restos procedentes deste (coiro, ósos, sangue, excrementos) - v. os exemplos de Edward Balfour (Cyclopaedia of India, II, 1871, px. 82): existían pastores (Gopala: go = vaca), os que aproveitaban a bosta ou esterco, os que muxían ou leiteiros...
Neste sentido, a clasificación dos parias e o seu vencello có gando é moi semellante á clase dos bó-airí irlandeses, divididos en varios niveis dependendo da cantidade de gando que posuían, e de se tiñan terras propias para crialo nelas. Os bó-airí, en cuxo nome observamos o termo bó, "vaca", eran, pois, na Irlanda medieval, unha casta encargada do gando. Porén é completamente inverosímil que o segundo elemento do termo, aire, estea relacionado có sánscrito arya, "señor, persoa venerable", pois é que a casta dos arios non tocaba o gando; o gando era competencia exclusiva dos parias, termo que tería pasado ás linguas célticas perdendo normativamente o p- inicial, e evoluíndo precisamente a aire (nominativo sg.) / airí (nominativo pl.).
Estamos ante unha segregación cunha mesma orixe prehistórica, indoeuropea, que deu lugar a castas ou clases separadas na India e na Irlanda, aínda que de diferentes formas. Algo parecido ó que ocorreu aquí cós vaqueiros de alzada, tamén en certa maneira considerados intocables, segregados se concorrían có resto dos veciños a actos comúns (na igrexa, por exemplo).
No noso léxico o lugar segregado ocupado polo vaqueiro celta (bó-aire) e a súa manda deixou pegada na toponimia (Goiriz), e nos sustantivos boariza, goiriza e demáis variantes que temos estudado en Goiriz y O Buriz. Compostos cuxo segundo elemento podeiría vir do céltico aire < ie. *per-, "ó marxe de", coa preceptiva perda do p- inicial.
No hay comentarios:
Publicar un comentario