jueves, 22 de diciembre de 2022

Avium inspex = augur

 


Localizamos nun glosario de St. Gallen (Glossaria diversa, Cod. Sang. 292, p. 171) o significado exacto do termo latino augur, que se glosa como "inspector avium garrularum", é dicir, o que examina o canto das aves. Resulta relevante, non para precisar a ben coñecida actividade dos augures, senón para asegurar o valor da expresión "inspector avium" como sinónima de augur.

A expresión aparece nunha inscrición romana de Astorga adicada a Lucio Valerio, "avium inspex". Dita profesión que desempeñaría o Lucio Valerio viña identificándose, pacíficamente e sen discrepancias, coa de augur, ata que fai uns anos Santiago Montero propuxera que o "avium inspex" sería, mellor, un tipo de adiviño de menor rango que o de augur que se limitaría a examinar as entrañas das aves.

Desenvolto en torno a esta idea do menor rango do "avium inspex", ven logo o curioso artigo de Ioan Piso, que chega a dicir que se Asturica Augusta tivese sido un municipio, o liberto Lucio Valerio tería exercido como augur, grao funcionarial de alto rango, mais ó aparecer como simple "avium inspex" denota que Asturica Augusta non era municipio! O que? Como non ía ser municipio a capital dun conventus? (v. "L'avium inspex et le statut d' Asturica Augusta", Anuari de Filologia. Antiqva et Mediaevalia, 2018).

No hay comentarios: