Entre as parroquias carballesas de Artes, Rus e Ardaña sitúase o Castro da Forca ou de Antelo (por existir nel un marco de límite parroquial). Agora vimos de atopar no Catastro de Ensenada (de meados do século XVIII) un outro nome do mesmo recinto: Castro de Ourego (v. delimitación da parroquia de Ardaña). Ten un considerable valo dobre que o circunvala, que ó noso xuicio é o que orixina o topónimo Ourego; nome que en principio non tería que ver coa pranta comestible chamada ourego, que adoita botárselle ó tomate da pizza.
Toponimia prerromana, hidronimia paleoeuropea, etnografía, megalitismo e arte rupestre. Se chegaches aquí por Google e non te levou á entrada que procurabas, volta a repetir a búsqueda dende Bing! ou usa o buscador interno do blog. Grazas!
domingo, 18 de diciembre de 2022
Ourego
Trataríase dun derivado do latín auris, que o glosario de Du Cange define como ansa, "asa", e esta, á súa vez, como circulus, "aro". Semella máis apropiado considerar o topónimo Ourego, xunto con Ourela, derivados de auris, non de ora, "borde, límite", pois este novo étimo xustifica o diptongo ou, procedente do grupo latino au.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario